Persoa: Elena Tormo

Persoa: Elena Tormo [5]

Data Material Ver
Data Material Ver
1956-06-07
Carta de García Sabell a Seoane. 1956
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e membrete:]

Transcripción da Carta de García Sabell a Seoane. 1956 en 07/06/1956

DR. DOMINGO GARCÍA-SABELL/GELMÍREZ, 15/TELÉFONO 1330/SANTIAGO


7-VI-1956
Sr. D.
Luis Seoane
BUENOS AIRES

Querido Luis:

Aprovecho esta ocasión para escribirte con comodidad. Y pedirte un favor. El último número de GALICIA EMIGRANTE no llegó a mi poder. A Piñeiro le acontece lo mismo. Ahora nos hemos enterado de que nuestros ejemplares están confiscados. Por tanto, si pudiéses enviarnos por vía segura esos números, te lo agradecería infinito. Quiero tener la colección completa.
Ahora, una advertencia. Creo que os estáis desviando de la línea eficaz. Ese número último, que yo he visto en casa de un suscritor, viene muy candente y agresivo. La gente, creo que ya te lo advierte Paco, se queja. Estamos en unos momentos muy delicados. Cualquier descuido puede traer funestas, fíjate bien, funestas consecuencias. Y lo que sería más triste, sin pena ni gloria, con esterilidad absoluta.
Vivimos un infierno penosísimo. No deseo asustarte, ni yo hacerme el héroe desconocido. Pero tén la seguridad que todo esto se aproxima mucho, en terror y ferocidad, a épocas no lejanas. Podría contarte y no acabar. Prefiero no hacerlo. Hay cosas que dán grima siempre. En fin, vosotros veréis. Yo te expongo la situación real. Ya sabes que siempre te hablé con claridad, con concreción y con exactitud. Fríamente. Así lo hago hoy.
Tu Na brétema, Santiago (sic) es espléndido. Su texto renovó en mí hondas lembranzas comunes. Es todo como un sueño lírico y varonil acontecido en tiempos de mocedad y también de madurez, o sea, tiempos de rebeldía con tiempos de indignación. Los grabados una maravilla. Realmente, has llegado a la suma perfección. Sigue trabajando. Tu arte es lo más delicado, lo más entrañable y lo más decisivo que se ha hecho jamás en Galicia. Tú quedarás.
Supongo recibirías el libro de Fole Terra Brava. Díme qué te parece. Aquí, contra viento y marea, en medio de mil dificultades, vamos logrando que nos permitan sacar alguna cosa. Y, además, con enorme penuria económica.
Tengo grandes deseos de verte, de volver a Buenos Aires. Tengo morriña de Buenos Aires. Y, como siempre, invariablemente, de tu hogar. Esto es notable. Pienso en Buenos Aires e, inmediatamente, surge tu casa. Tu cordial, tu deliciosa casa. Tu casa de hermano en la que uno se siente cómodo, rodeado de familiares, con el agarimo de los seres a los que uno lleva en el corazón. Vale la pena ir a Buenos Aires para pasar una tarde en tu casa. Y no sigo.
Abrazos de Elena y míos para Maruja. Para tí, el más fuerte y más cordial de

Domingo


1959-08-01
Carta de García Sabell a Seoane. 1959
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e membrete:] DR. DOMINGO GARCÍA-SABELL/DR. TEIJEIRO, 15/TELÉFONO 1330/SANTIAGO

Transcripción da Carta de García Sabell a Seoane. 1959 en 01/08/1959

1-VIII-1959
Sr. D. Luis Seoane
BUENOS AIRES

Querido Luis:

Hoxe, por correo aéreo, envieiche o número de ÍNSULA adicado ás letras galegas. Coido que non saiú mal. Tén, naturalmente, os seus fallos, pro todo o que se podía conseguir está alí. Houbo innúmeras dificultades. Dá ideia delas o feito de que iste número estivo ¡cinco anos! atascado na censura.

Suprimiron unha das tuas ilustraciós, mais esto formou parte da poda xeral que eisixía o axuste dos traballos. Elimináronse moitas fotos e ainda algúns traballos –por exempro o meu– van cercenados.

Teño entre mans moitos proieitos que hei de darte a conocer noutra carta máis longa. O meu discurso de ingreso na Academia Galega causou moita sensación. O aito tivo gran fervenza galega. Paréz que estou denunciado, pro non me importa. Son cousas dos tempos e hai que saber aturalas.

Prohibiuse en toda Galicia a representación do Don Hamlet, por inmoral. Retiraron os exemprares que había nas librerías. E velahí.

Xa me entregaron a película dos teus Murales. Penso proieitala a moita xente e quero facer unha sesión adicada exclusivamente ós rapaces universitarios pra que eisí coñezan máis a fondo a túa espléndida obra.

Moitos cariños de Elena e meus pra Maruxa. Pra tí, unha forte aperta de

Domingo

[Escrito a man]

Moito agradecería, que me enviases as tapas para encoadernar Galicia Emigrante. Quero conservar a coleición.
Faláronme dun derradeiro libro de Alberti. Non teño idea. ¿Podería recibilo adicado?


1978-02-07
Carta de Seoane a García Sabell. 1978
Ver [Carta mecanografada]

Transcripción da Carta de Seoane a García Sabell. 1978 en 07/02/1978


Buenos Aires, 7 de Febreiro de 1978

Sr. D. Domingo García Sabell
Santiago

Querido Domingo:

Fai máis dun mes que chegamos a Buenos Aires, logo de un viaxe coa tensión moi outa, 24, e 39 de temperatura, producto, penso dunha gripe collida en Madride e que me tivo eibado uns dez dias en Buenos Aires. Foron pasando as semáns, e por preguiza, non escribín a ninguén, e agora tenciono poñerme ao dia. Con un dos primeiros, contigo, a quen teño moito que agradecer todo o que fixeches por mín, non soio con motivo da doenza de logo da operación, senón por a tua espléndida monografía que con moito door non poiden editar e que tiña matinado fose, na impresión, reproduciós, etc., a mais importante na sua presentación feita en Galicia. Serao no próximo viaxe noso. De todolos xeitos comencei a traballar rematando e completando algúns cadros feitos no 76, e facendo dous ou tres novos. Agora teño que comenzar unha serie de cen grabados adicados a Galicia pra un libro que se chamará así, Galicia, ou Galicia en grabados, ou non sei ben aínda que tídoo poñerlle, e que é un encárrego dunha editorial de eiquí. Tamén unha carpeta adicada ao fundador de Buenos Aires, D. Juan de Garay, con motivo do centenario, e que é outro encárrego. Mais este serán dez ou doce grabados. Esto aparte das miñas mostras de pintura. Cando cheguei tiña sobor da miña mesa unha invitación do Museo de Arte Moderno da Fondazione Pagani, de Milán, pra facer unha esposición en dito Museo. Non a contestei, eu estaba na Coruña. Respóndolle estos dias agradecéndolle a invitación, mais non aceptando. Síntome canso, e teño decidido traballar e espoñer soio eiquí e nesa. Pérdese moito tempo nesas mostras. Estas son as miñas noticias.
Supoño que continuarás traballando por Galicia no Senado. Eu non teño mais noticias de ahí que uns recortes de prensa que me remitíu Piñeiro. A prensa de eiquí soio fala dos rexímenes preautonómicos de Catalunya e Basconia. A Axencia Efe, tan chea de periodistas galegos, non transmite noticias de Galicia, ou moi contadas e referidas a custións pouco importantes e alleas aos problemas políticos. A uns amigos nosos, López de Gomara e a sua dona, dímoslles unha carta para ti. Aténdeos na medida que poidas, ou preséntalles algún compañeiro voso. Gostaríame trouxesen unha boa impresión de Santiago
Recibide Elena e tí unha grande aperta de Maruja e miña:


1978-02-23
Carta de García Sabell a Seoane. 1978
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e membrete:] DR. DOMINGO GARCÍA-SABELL/DR. TEIJEIRO, 11/TELÉFONO 592116/SANTIAGO

Transcripción da Carta de García Sabell a Seoane. 1978 en 23/02/1978



23-II-1978
Sr. D.
Luis Seoane
BOS AIRES

Querido Luis:

Recibín a tua carta. Sinto o da gripe, pero é cousa que hoxe resulta inevitabel. Coidate sempre. Tí eres forte –xa o teñes demostrado– e non me preocupan isas pequenas doenzas, sin maior transcendencia.
Vexo que sigues a traballar dun xeito sistemático, contínuo e fecundo. Non te esquezas de remesarme, cando saian, os teus novos libros de grabados. Interésanme moito.
Sinto que non espoñas en Milán, aínda que comprendo o teu cansacio. A mín, no meu eido, acontéceme o mesmo. Son escesivas as obrigas que cangan sobor de ún. En fin, non nos laiemos.
Eu ando metido nunha actividade cáseque frenética. O Senado, as Comisións que me visitan e piden a miña intervención, –hoxe mesmo viñeron uns paisáns das Encrobas a pedir que eu os apoie, pois o resto dos parlamentarios non fan ren, e axiña lles dixen que estaba disposto a loitar polos seus dereitos onde fora e cómo fora–. Imos preparar, xa que logo, unha estratexia axeitada a ver si acadamos que non rouben o que é deles. Xa che terei ao tanto diste choio.
As conferencias –niste mes levo dadas sete, cinco en Galicia e duas en Madrid–. E, derradeiramente, o oficio de curador, que pide moito. En suma, un trafego contínuo. Agora estou tan esgotado que marcho á Coruña a descansar tres días seguidos. A leer e a escoitar música.
Os López de Gomara –apelido de conquistador español– aínda non apareceron por eiquí. Cando veñan, atendereinos con todo agarimo.
Por correo aparte envieiche a reseña periodística dunha intervención parlamentaria da Totora. Verás por ela que a miña calificación de conducta circense estaba plenamente xustificada. ¡Cánto dano fai ista muller ao bó nome de Galicia!
Xa saberás que ardeu gran parte do Pazo de Meirás. O incendio foi provocado. Por fortuna, salvóuse a biblioteca da Pardo Bazán. O resto, polo que nos contan, era morralla, bisutería, mala pintura e obxetos de valor arqueolóxico froito da rapiña disa curuxa que é a viuda do dictador. ¡Coarenta anos roubando, amasando millóns, e nin tan siquera un cadro de firma importante! Un mal gusto de militar español.
Pasado mañán ingresará na Academia Galega Mariñas del Valle. Denantes xa o fixeron Eduardo Moreiras e Valentín. Nún mes, tres numerarios novos. Coido que a cousa non vai mal. Tamén salvei un atranco económico. E o domingo celebraremos a primeira sesión ordinaria na nova casa. Polo de agora soio é unha ocupación provisional. A inauguración oficial terá lugar cando rematemos algúns detalles de instalación para os que precisamos cartos que eu ando a pedir por todas partes.
Unha apreta ecumenica de Elena e miña para Maruxa e para tí. Sempre voso,

Domingo


1978-05-05
Carta de Seoane a García Sabell. 1978
Ver [Carta mecanografada]

Transcripción da Carta de Seoane a García Sabell. 1978 en 05/05/1978




Buenos Aires, 5 de Abril de 1978

Sr. D. Domingo García Sabell
Santiago

Querido Domingo:

Recibín a tua carta do 23/II que che agradecín moito. Tes a virtude, tan pouco frecuente, de infundir optimismo. Chegóume nun intre de decaimento. Non sei que facer. Quedar eiquí definitivamente ou voltar a Galicia xa pra sempre. Si marcho, renuncio a unha carreira feita, a unha obra que seguramente non voltarei a ver máis. Enténdese que si renuncio a esto é somente pra voltar a Galicia. En Madrid, ou Barcelona, síntome moito mais alleo que en Buenos Aires. Ben, todo esto temos que resolvelo Maruja i eu. Sabémolo. Mais dígocho a ti soio, cecáis porque decíndoo matino que alivio o meu decaimento e a preguiza que sinto.
Os meus álbumes non sairán denantes de fin de ano. Mais, tan pronto os teña impresos remitireichos. Lamento o ocurrido coa presidencia da Xunta de Galicia. Co comportamento da maioría parlamentaria. O presidente deberían de ser tí ou Piñeiro, ninguén mais. Eu non sei ben quen é Rosón, nin o grado de galeguista que é. Algúns de Lugo deiquí non falan moi ben dél. Eu non tomo partido. Un senso primario galeguista téñeno todos os galegos. Alégrome moito de que tomes partido pola xente das Encrobas. A min paréceme unha causa xusta, e nós, alleos ao comercio e á industria, necesarios, mais que todo o emporcan, temos a obriga de defender os mais débiles. Así polo menos pensei eu e sei que tamén tí. Pertenecemos á mesma escola da F.U.E. e a uns anos que nos marcaron pra sempre. Os que viñeron tras nós, somente catro ou cinco anos despois, xa non teñen a nosa formación, nin tiveron a mesma adhesión a uns principios morales que a nos asináronos pra sempre, aínda estando eles con nos. O oportunismo que seguíu inmediatamente despois da rotundidade deses principios fixéronos diferentes aínda estando, ou parecendo estar, dun mesmo lado. Os anos que nós vivimos denantes da guerra civil, constituíron un límite de duas épocas en que se dividíu o mundo. A min sorprendeume, en Galicia, dende o meu primeiro viaxe do ano 60, a coincidencia de criterios os que nos formamos a fin da década do vinte con aqueles que o fixeron pouco mais tarde. Foron os precursores, creo, do confusionismo de moito[s] dos mozos de hoxe. Supoño que esto estará estudado.
Agradecinche o envío da reseña da intervención parlamentaria de Totora, e tamén a noticia da entrada na Academia de Valentín, Moreiras e Mariñas. Trátase de personas de valor que penso poden traballar nela. Gostaríame moito que si se imprimen os discursos me gardásedes un exemplar. Tamén das conferencias pronunciadas por ti si se publican.
Recibide Elena e tí unha forte aperta de Maruxa e miña:


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, LuísSeoane, MaruxaAgra Romero, María XoséCabanas, ConstantinoDíaz Pardo, IsaacFernández Albor, GerardoBarreiro Rivas, Xosé LuísCastelao, García-Sabell, DomingoBlanco Campaña, Xose LuísFraga, ManuelCañas, PilarVarela Vázquez, LorenzoPerón, Juan DomingoScheimberg, SimónPaz-Andrade, ValentínRosón, AntonioDieste, RafaelVelo Mosquera, XoséVázquez Vázquez, FranciscoPiñeiro López, RamónMurguía, ManuelFernández Lores, Miguel AnxoSofovich, BernardoPicasso, PabloFalcini, LuísPita, LuisGonzález Laxe, FernandoMontero Díaz, SantiagoDónega, MarinoFernández del Riego, FranciscoPeña, Marina de laLaxeiro, Rajoy, MarianoCabeza de León, SalvadorArias “Mimina”, CarmenQuiroga Suárez, JoséGerstein, MarikaAlberti, RafaelLifschitz, RafaelCuiña, XoseShand, WilliamLanusse, Alejandro AgustínBeiras, Xosé ManuelGonzález Mariñas, PabloDíaz Dorado, DiegoGómez Román, ManuelFaraldo, AntolínMarfany, EnriqueSuárez, Adolfo Temáticas: Fondos de Radio Nacional de España en Galiciaentrevista Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. artesxustizaensinofeminismofilosofíaMulleresMulleres no Álbum de GaliciaÁlbum de Galicialiteraturaartes visuaisnacionalismoFondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na Transiciónhistoriaacción políticaespazos artísticosasuntos particularesprensa escritaautores/asmigraciónseconomíaemigraciónorganizaciónsmedios de comunicaciónParlamento de GaliciaProcesos electoraisEstatuto de Autonomía de Galicia. 1981nacionalismo galegoeducaciónColección: Isaac Díaz Pardo e Luís SeoanegaleguismoindustriaelecciónsA nova SargadelosexilioensaioperonismoarquitecturaculturasindicalismoTransiciónEleccións ao Parlamento de Galicia. 1981socioloxía“cartografías” do Álbum de mullerescinereconversión navalExposición de Luís Seoane. Madrid. 1973sociedade

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0