Persoa: María Luisa Sobrino Manzanares

Persoa: María Luisa Sobrino Manzanares [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1978-03-06
Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1978
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa]

Transcripción da Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1978 en 06/03/1978

Vigo 6-marzo 1978
Sr. D. Luís Seoane
Buenos Aires

Meu querido amigo:
Acabo de recibir as tuas liñas do día 28 do pasado mes. Alégranos moito que a gripe que te colléu no viaxe se resolvese ben e axina. O importante é que, coma sempre, sigas a traballar co mesmo entusasmo.
De Prada hai unha chea de tempo que non sei nada. Tamén é certo que eu me volvín moi preguizoso pra escribir cartas, e estóu en deuda con el. Sería moi interesante que atendese as suxerencias que lle fixeche sobre os dibuxos de Castelao e de Federico Ribas, pois compre ir recuperando pra Galicia todo o que se poda do que anda esparexido por ahí fora.
Isaac non me falóu nada en concreto sobre a idea de reconstruir o Seminario de Estudos Galegos, inda que se trata dunha idea que sempre acariñou. O que sí me dixo foi que, coincidindo coa inauguración da nova galería de Sargadelos en Santiago, vai adicarlle un homenaxe de recordo a aquela institución. Proxecta editar un volume con traballos dos membros do Seminario que sobreviven. A min pediume colaboración.
O problema da Xunta sigue o mesmo que cando tí te fuches. Planteouse o problema da presidencia, e os parlamentarios da UCD propuxeron a Pío. Pero este nome suscitou unha gran oposición, incluso entre os seus correlixonarios galegos. O caso é que o decreto de preautonomía está aínda por promulgar. Fálase de que nestes días haberá visitas a alto nivel pra presionar a súa posta en marcha. Veremos o que ocurre, pois parece que, unha vez resolto o de Cataluña e Vasconia, o demáis non lles corre presa.
Hoxe mesmo mándoche certificado por avión un exemplar do nº 56 de Grial que me pides, e outro do nº 59 –que mandéi preparar para tí, pois non sairá do prelo até fins de semana– porque nel figura un traballo de Mª Luisa Manzanares sobre o teu arte.
E nada máis che teño que contar polo momento. Garimosos saúdos a Maruxa, de Evelina pra os dous, e pra ti a cordial aperta de sempre de
Paco


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Agra Romero, María Xosé;  Cabanas, Constantino;  Díaz Pardo, Isaac;  Fernández Albor, Gerardo;  Barreiro Rivas, Xosé Luís;  Castelao, ;  Fraga Iribarne, Manuel;  García-Sabell, Domingo;  Blanco Campaña, Xose Luís;  Cañas, Pilar;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Perón, Juan Domingo;  Scheimberg, Simón;  Paz-Andrade, Valentín;  Rosón, Antonio;  Dieste, Rafael;  Velo Mosquera, Xosé;  Vázquez Vázquez, Francisco;  Piñeiro López, Ramón;  Murguía, Manuel;  Sofovich, Bernardo;  Fernández Lores, Miguel Anxo;  Picasso, Pablo;  Falcini, Luís;  Pita, Luis;  González Laxe, Fernando;  Montero Díaz, Santiago;  Dónega, Marino;  Peña, Marina de la;  Fernández del Riego, Francisco;  Rajoy, Mariano;  Laxeiro, ;  Cabeza de León, Salvador;  Arias “Mimina”, Carmen;  Quiroga Suárez, José;  Gerstein, Marika;  Alberti, Rafael;  Tobío Fernández, Lois;  Lifschitz, Rafael;  Cuiña, Xose;  Shand, William;  Lanusse, Alejandro Agustín;  Rama, Carlos M.;  Beiras, Xosé Manuel;  González Mariñas, Pablo;  Díaz Dorado, Diego;  Gómez Román, Manuel;  Faraldo, Antolín;  Temáticas: Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  entrevista;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes;  xustiza;  ensino;  feminismo;  filosofía;  Mulleres;  Mulleres no Álbum de Galicia;  Álbum de Galicia;  literatura;  artes visuais;  nacionalismo;  Fondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na Transición;  historia;  acción política;  espazos artísticos;  asuntos particulares;  prensa escrita;  autores/as;  migracións;  economía;  emigración;  organizacións;  medios de comunicación;  Parlamento de Galicia;  Procesos electorais;  Estatuto de Autonomía de Galicia. 1981;  nacionalismo galego;  educación;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  galeguismo;  industria;  eleccións;  exilio;  A nova Sargadelos;  ensaio;  peronismo;  arquitectura;  Colección: Carlos M. Rama – Lois Tobío;  cultura;  sindicalismo;  Transición;  Eleccións ao Parlamento de Galicia. 1981;  socioloxía;  “cartografías” do Álbum de mulleres;  cine;  reconversión naval;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1973; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0