Persoa: Evelina Hervella

Persoa: Evelina Hervella [5]

Data Material Ver
Data Material Ver
1958-05-15
Carta de Seoane a Fernández del Riego. 1958
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa]

Transcripción da Carta de Seoane a Fernández del Riego. 1958 en 15/05/1958

Buenos Aires, 15 de mayo de 1958
Sr. D.
Francisco F. Del Riego
Vigo

Querido Del Riego:
Te debo carta como ocurre casi siempre, pero esta vez estoy pasando por uno de los períodos de trabajo más intenso y desorganizado que tuve desde hace años, mezclados con él una serie de compromisos referidos tambien a mi trabajo que no puedo eludir. Tengo varios murales que estoy ejecutando y tres exposiciones que debo realizar la presente temporada y la participación en varios concursos internacionales, Cincinatti, México, Bruselas por ahora. Te digo todo esto un poco a modo de disculpa por no haberte escrito antes.
Uno de estos días llegará a esa mi amigo el Dr. Simón Scheimberg y su esposa, a quienes conocísteis en ésta. Lleva una carta para Evelina y para tí. Me gustaría que los atendiéseis, pues son muy amigos de todos nosotros. Te adjunto una carta para Maiztegui que quisiera se la entregases a ellos pues a última hora, cuando ellos se iban, no pude llevársela al barco.
Recibí todas tus colaboraciones para la revista que te agradezco mucho y que quisiera continuases mandándome todo lo que puedas en ese sentido. Me hacen falta buenas fotografías. En estos días corrijo tus pruebas de la monografía que va a publicar Citania que irá muy ilustrada. La Revista de economía, de Galaxia, cayó muy bien en general aunque desagradó bastante el que apareciesen en el Consejo de colaboración o de dirección algunos con cargos que no pueden inspirar confianza. Tambien desagradan las designaciones “provincia” y “región”, región cuando se refiere a Galicia, no a región económica de la península o Europa. Te digo esto por si es posible subsanar algo de ello. Confidencialmente te confieso que por mi parte estoy muy desanimado con respecto a todo eso. Todo me está pareciendo inútil. Con Piñeiro acabamos de cruzarnos cartas agrias, –aquí viene lo confidencial que deposito en tu amistad– iniciadas por él con el pretexto de mi pieza de teatro y con motivo de la revista. Hace diagnósticos con una ligereza poco digna de su prestigio de hombre estudioso y reposado, cuando no queda mudo tomando una actitud desdeñosa que no le corresponde. Con referencia a mí confirma mi desconfianza de que no fuese tratado igual que lo fué Baltar si llegase a ir a esa. Piñeiro supone filiaciones que aquí no compartimos y con respecto a mí se olvida de toda una historia de 20 años de servicio a una causa y a la amistad. Olvida además de cuanto hice por él mismo en muchos casos en que fuí consultado o en que tuve que proponer gentes de esa. Lo olvida y me pasa la cuenta de lo que él hizo, según dice, porque conociesen mi obra en Galicia. Es todo muy bajo y repugnante. Desde luego ayuda a sacarme las ganas de pensar siquiera en la posibilidad de regresar nunca, ¿para qué?. Si la gente joven está hecha en cuanto a carácter a su imágen lo lamento hondamente por esa generación gallega y me hace más orgulloso de la nuestra, más inquieta, menos resabia, menos prudente y más fecunda a pesar de todas las dificultades porque pasó. Esas cartas son de su parte un verdadero autorretrato. Siento mucho escribirte esto, pero tengo que decírselo a alguien porque me duele.
Hablemos de otra cosa. Necesitaría que me enviases obras, dibujos y grabados preferentemente, para el Centro Lucense. Estos días se inaugura una exposición conjunta de jóvenes coruñeses: Cremaes, María Antonia Dans, Gloria del Llano y Rey Latorre. Luego vienen tres exposiciones: Maside, Labra y Tenreiro. Quisiéramos otras tres al menos de Johan Ledo, Prego de Oliver y Suárez del Llano, que creemos que tu puedes conseguir. A Suárez del Llano va a escribirle Laxeiro. Todo esto es muy importante. Johan Ledo puede hacer una exposición muy buena con sus grabados y dibujos, por favor anímalo. Hacen falta unas veinte obras. Vamos tambien a escribirle a Maria Antonia Dans para que se encargue en Madrid. A final de año haremos un tomo de las exposiciones hechas.
Escríbeme, te lo ruego, y contéstame. Recibid Evelina y tú el saludo de Maruja y mío y tu el fuerte abrazo de tu amigo:
Seoane


1974-04-17
Carta de Seoane a Fernández del Riego. 1974
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa]

Transcripción da Carta de Seoane a Fernández del Riego. 1974 en 17/04/1974

Buenos Aires, 17 de abril de 1974
Sr. D. Francisco Fernández Del Riego
Vigo

Meu querido amigo:
Recibín fai xa uns vinte días a tua carta. Agradézoche a reseña que ides facer dos meus álbumes derradeiros; e, no que se refire ó artigo de Corredor Matheos, o crítico de arte de Barcelona, apareceu no nº 27, Novembro do 73 en Bellas Artes 73 e teno Isaac en Sargadelos. Penso que é importante non soio pola autoridade que ten pola sua laboura de historiador de arte e crítico en Barcelona e Madride, senón tamén polo xeito de “situarme” en relación co arte galego e peninsuar. Podes pedirlle a Isaac que te remita unha fotocopia. Él remitíuma a mín. En canto ó “noso novo Curros” como o calificaron, refírome a C. E. F., non me preocupa moito o que escribíu. Proba o seu resentimento. Primeiro penséi en escribir un pequeno artigo referíndome ós seus romances de guerra, o que podería probar a sua precedencia, senón fose que ó mesmo tempo pubriquéi, en publicaciós galegas deiquí, algúns poemas referidos a Bóveda, a unha cubana da Cruña, etc., que non citei nunca e que quedan esquecidos. Gostaríame, eso sí, que pubricásedes o estudo que fixo Luz Pozo Garza, que a mín, aparte do agasallo que supón, paréceme un bon intento de facer unha cousa seria. Aledoume moito que se venda, aínda que sexa de a pouco, Comunicacións mesturadas. Preparo o segundo tomo que levaréi conmigo cando volte a esa. En canto ó libro sobre Maside teño moitas notas tomadas e refírense a Maside e tamén á nosa época compostelán. Vai ser encol do dibuxo social e grabados de Maside e ten de ser un traballo preliminar do gran libro que se faga mais tarde. Non teño mais que poñerme a escribilo defiñitivamente, prácticamente está feito.
Aledounos a todos moito o éxito da reedición do libro de narraciós en castelán de Dieste, é un grande libro. Leín as críticas do A.B.C., Informaciones, La Vanguardia, e as duas páxinas que lle adicáchedes en La Voz. Góstame moito que en xeral tivesen os críticos fixado a sua atención no aporte que Galicia fai á literatura española, o galeguismo que aportan obligados como están a escribir en castelán pra poder vivir do seu oficio de escritores.
O que me pon nunha situación difícil é Carballo Calero o ter aceptado vir no mes de Xulio. Trataréi de velo, mais non acudiréi a nengún dos actos que faga no Centro Galego, pois fai anos que non vou a ningún e nada me fará cambear. Por ahí debe de andar Castro Couso que non ten interés algún como dibuxante e pintor e que é un “servidor” de Valentín Fernández. A miña proposta de becas feita fai anos rematóu nesta que lla diron a un que non pode aproveitala.
A quen se ve moi mal é a Emilio Pita. Pergúntome polo seu libro e díxenlle que pensábades publicalo. ¿Por qué non o facedes?. É un libro pequeno e de un home como Pita a quen Galicia débelle moito polo seu traballo arreo encol déla. Ten unha arterioesclerosis moi avanzada.
Apertas pra os dous, Evelina e tí de Maruja e miñas:
Seoane

[Escrito a man na marxe superior dereita:] Montevideo, 1985-13º-Dpto. 68


1977-04-22
Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1977
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa]

Transcripción da Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1977 en 22/04/1977

Vigo 22-abril 1977
Sr. D. Luís Seoane
Buenos Aires

Meu querido amigo:
Recibín a túa carta do día 5 dos correntes. Dóeme moito a situación do teu estado de ánimo. Ben comprendo as razóns que te asisten pra te sentir defraudado. Pero penso de todos xeitos que non debemos renunciar á loita. Tí, pesie a todo, estás nas mellores condicións pra poder esixir, porque ninguén desconoce a xenerosidade dos teus esforzos ao servicio de Galicia, desentendéndote sempre de beneficios persoáis. Claro que hai cousas que doen, ben o comprendo. Noustante, paréceme que a inhibición túa sería unha verdadeira pena pra todos.
No tocantes á política galega xa te supoño enterado do ocurrido ultimamente. Constituíuse a Xunta cos compoñentes previstos. Porén, nela figura Marino Dónega, a proposta dos Senadores, como único extraparlamentario. Confía en poder facer algo dentro dela en orde ao galeguismo. Certamente, a Xunta non terá tempo de actuar con transferencia de facultades antes de que se aprobe a Constitución. Pero ten o significado ao meu ver de representar un reconocemento de persoalidade política de Galicia. Despóis, cando chegue o proceso autonómico, veremos si as cousas cambean como deben cambear.
Isaac pediume un traballo sobre o labor do Seminario de Estudos Galegos como empresa de cultura, e xa llo mandéi. Debéu interpretar que o que tí lle indicache referíase á política cultural do Seminario, e non ao período entre o 36 e o 76.
Eu ando amolado esta tempada cunhas dóres de columna. Seguramente teréi que someterme a tratamento durante dez días no Policlínico da Rosaleda. Tamén Cunqueiro está mal a consecuencia dunha úlcera penetrante nun pé, e como é diabético é moi probable que llo teñan que cortar.
Remata de saír do prelo o libro Galicia 2002 no que ti colaborache. Mándoche un exemplar por correo aéreo.
Por aquí as cousas siguen cheas de complicacións e de problemas. Confío, nembargante, en que as dificultades iranse superando de a pouco e en que non volveremos a ser víctimas de novas regresións na conquista da democracia.
E nada máis por hoxe. Con garimosos saúdos a Maruxa e de Evely pra os dous, mándache a cordial aperta de sempre
Paco


1978-03-06
Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1978
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa]

Transcripción da Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1978 en 06/03/1978

Vigo 6-marzo 1978
Sr. D. Luís Seoane
Buenos Aires

Meu querido amigo:
Acabo de recibir as tuas liñas do día 28 do pasado mes. Alégranos moito que a gripe que te colléu no viaxe se resolvese ben e axina. O importante é que, coma sempre, sigas a traballar co mesmo entusasmo.
De Prada hai unha chea de tempo que non sei nada. Tamén é certo que eu me volvín moi preguizoso pra escribir cartas, e estóu en deuda con el. Sería moi interesante que atendese as suxerencias que lle fixeche sobre os dibuxos de Castelao e de Federico Ribas, pois compre ir recuperando pra Galicia todo o que se poda do que anda esparexido por ahí fora.
Isaac non me falóu nada en concreto sobre a idea de reconstruir o Seminario de Estudos Galegos, inda que se trata dunha idea que sempre acariñou. O que sí me dixo foi que, coincidindo coa inauguración da nova galería de Sargadelos en Santiago, vai adicarlle un homenaxe de recordo a aquela institución. Proxecta editar un volume con traballos dos membros do Seminario que sobreviven. A min pediume colaboración.
O problema da Xunta sigue o mesmo que cando tí te fuches. Planteouse o problema da presidencia, e os parlamentarios da UCD propuxeron a Pío. Pero este nome suscitou unha gran oposición, incluso entre os seus correlixonarios galegos. O caso é que o decreto de preautonomía está aínda por promulgar. Fálase de que nestes días haberá visitas a alto nivel pra presionar a súa posta en marcha. Veremos o que ocurre, pois parece que, unha vez resolto o de Cataluña e Vasconia, o demáis non lles corre presa.
Hoxe mesmo mándoche certificado por avión un exemplar do nº 56 de Grial que me pides, e outro do nº 59 –que mandéi preparar para tí, pois non sairá do prelo até fins de semana– porque nel figura un traballo de Mª Luisa Manzanares sobre o teu arte.
E nada máis che teño que contar polo momento. Garimosos saúdos a Maruxa, de Evelina pra os dous, e pra ti a cordial aperta de sempre de
Paco


1978-10-20
Carta de Seoane a Fernández del Riego. 1978
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e o membrete:]

Transcripción da Carta de Seoane a Fernández del Riego. 1978 en 20/10/1978

LUIS SEOANE
Buenos Aires, 20 de Outubro de 1978
Sr. D. Francisco F. Del Riego
Vigo

Querido Del Riego:
Escribinche fai meses, a mediados de Xulio, pedíndoche que me dixeras o teu parecer sobor da nota que me enviaba respondéndolle a un señor Molina, e tamén encol da posibilidade de continuar a sección que facía para La Voz de Galicia, no Faro de Vigo. Remitícheme a nota encol do xuicio de Molina sobre a miña obra e prometías escribirme unha carta mais adiante. Non chegou, e gostaríame que me escribises. Eu estou moi lonxe de todos vos e cada vez mais de Galicia, pois aquí non chega ningunha clase de noticia referida a ela, soio os vascos e cataláns teñen ese privilexio. Aparentemente non existimos, e a xente está descorazonada, pois non saben que conqueríu Galicia en todo este tempo, dende que se anuncióu a preautonomía.
Nos matinamos que iremos en febreiro, non sabemos ben, aínda, si pra sempre ou novamente por un ano. Eiquí pensan facerme unha gran exposición retrospectiva de homenaxe, que agradezo moito, con motivo de que en 1980, cumplo setenta anos. Non tiña conciencia da edade, eles, os que propoñen a gran mostra retrospectiva, fixéronme rememorar a xente da miña xeneración, os compañeiros de fai pronto meio século nas nosas primeiras loitas, das nosas esperanzas pra unha Galicia que tiña de vir, etc. Mais todo frustrouse e temos traballado mais en peores circunstancias que os de algunhas xeneracións atrás. Os que chegaron despois noso non parecen ter en conta canto afectóu o noso traballo esas circunstancias. Alá eles. Son fillos, ou netos, ou familiares dos que diron lugar a elas. Mais non quero falar desto, nin escribir encol delo.
Neste intre quero pensar mais ben no libro de grabados que está a aparecer, con prólogo en galego e castelán. Faise por unha editorial arxentina, con él quero voltar, aínda que sexa soio con grabados, aos temas de leendas e históricos, nunca utilizados, que sepa eu, en Galicia. Refírome ás leendas, ou utilizado moi pouco no XIX en canto ao histórico. Trátase dun libro con setenta e dous grabados e tidoase Imágenes de Galicia.
Recibín o libro que me remitiches Galicia 2002 mais non sei si tivo eco algún. A min trocáronme algunhas verbas para poñelas en portugués ou en castelán. Continúo matinando que o vocabulario fíxose logo dun uso constante do idioma e, pola miña parte veño notando que verbas que son arcaísmos do castelán que se din na Arxentina, e que producían risa en España, voltouse ó uso delas como por exemplo ubicar, a forza, seguramente, da lectura de traduccións feitas polas editoriales en Buenos Aires.
Mais non é eso o máis importante, o que a min impórtame, senón saber si tivo o efecto que esperaban os orgaizadores e do que eu fun mais ben escéptico.
Escríbeme, por favor; por ti e dous ou tres amigos mais, síntome vinculado a Galicia.
Recibide Evelina e tí unha grande aperta e moi garimosa de Maruxa e miña:
Seoane


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, LuísSeoane, MaruxaAgra Romero, María XoséCabanas, ConstantinoDíaz Pardo, IsaacFernández Albor, GerardoBarreiro Rivas, Xosé LuísCastelao, Blanco Campaña, Xose LuísGarcía-Sabell, DomingoFraga, ManuelCañas, PilarVarela, LorenzoPerón, Juan DomingoScheimberg, SimónPaz-Andrade, ValentínRosón, AntonioDieste, RafaelVelo Mosquera, XoséVázquez, FranciscoPiñeiro, RamónFernández Lores, Miguel AnxoSofovich, BernardoMurguía, ManuelPicasso, PabloFalcini, LuísGonzález Laxe, FernandoPita, LuisMontero Díaz, SantiagoDónega, MarinoFernández del Riego, FranciscoPeña, Marina de laLaxeiro, Rajoy, MarianoCabeza de León, SalvadorArias “Mimina”, CarmenGerstein, MarikaQuiroga Suárez, JoséLifschitz, RafaelAlberti, RafaelBeiras, Xosé ManuelGonzález Mariñas, PabloCuiña, XoseShand, WilliamLanusse, Alejandro AgustínDíaz Dorado, DiegoGómez Román, ManuelFaraldo, AntolínMarfany, EnriqueGarcia Labandeira, Xosé Luís Temáticas: Fondos de Radio Nacional de España en Galiciaentrevista Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. artesxustizaensinofeminismofilosofíaMulleresMulleres no Álbum de GaliciaÁlbum de Galicialiteraturaartes visuaisnacionalismoFondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na Transiciónhistoriaacción políticaespazos artísticosasuntos particularesprensa escritaautores/asmigraciónseconomíaemigraciónorganizaciónsmedios de comunicaciónParlamento de GaliciaProcesos electoraisEstatuto de Autonomía de Galicia. 1981nacionalismo galegoeducaciónColección: Isaac Díaz Pardo e Luís SeoanegaleguismoindustriaelecciónsA nova SargadelosexilioensaioperonismoarquitecturaculturasindicalismoTransiciónEleccións ao Parlamento de Galicia. 1981socioloxía“cartografías” do Álbum de mullerescinereconversión navalExposición de Luís Seoane. Madrid. 1973sociedade

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0