Persoa: Inés Canosa

Persoa: Inés Canosa [2]

Data Material Ver
Data Material Ver
1969-03-02
Carta de Seoane a Palmás. 1969
Ver [Carta mecanografada co membrete do Laboratorio de Formas:] LABORATORIO DE FORMAS / OSEDO-LA CORUÑA / TELÉFONO 23 (SADA)

Transcripción da Carta de Seoane a Palmás. 1969 en 02/03/1969


El Castro, 2 de Marzo de 1969

Sr. D. Ricardo Palmás
Buenos Aires

Meu querido Palmás:

Recibín a súa carta de fai pronto un mes, mais recibina á miña volta de Coímbra onde estiven por mor das decoraciós, figurís e caretas de Os vellos non deben de namorarse que interpretarán un fato de estudantes universitarios dirixidos por un direitor catalán, Ricardo Salvat. É unha boa esperencia.
O meu viaxe moi ben. Traballei moito. En colaboración con Díaz Pardo fixemos algunhas novas pezas pra Sargadelos e pola miña parte fixen tres bustos-xarras, Valle Inclán, Unamuno e Castelao, que teñen de sair nesta primeira quincena de marzal, con tempo pra unha eisposición en Valencia de Cerámica. Non coñezo o número de Artiempo de que me fala. Prégolle me garde un exemprar. Paseille a Díaz Pardo os encárregos de Dorita Seco e de vostede, e tamén dos catálogos. Vainos facer, tamén íl ten de ocuparse do envío, da cerámica e grabados pra Montevideo. Xa nos puxemos dacordo en principio, en canto ó envío. En canto a Chan vin o primeiro número. Non me gusta. Mais coido que, goste ou non, vostede debe aceitar a corresponsalía. En canto as aitividades galegas en Buenos Aires sería unha garantía. Ademáis pode millorar e chegar a ser a revista que todos desexamos.
O disco de música medieval galega de N. Y. lévallo Inés, que está istes días no Castro. Nós marcharemos deiquí a mediados ou fin do mes de Abril.

Con un saúdo de Maruxa, reciba unha forte aperta de:

[Seoane]


1978-08-02
Carta de Palmás a Seoane. 1978
Ver [Carta manuscrita]

Transcripción da Carta de Palmás a Seoane. 1978 en 02/08/1978


Londres, 2.8.78

Benquerido Seoane:

Sabía da publicación sobre Maside, pois ao Moncho Lugrís pediranlle un escrito para incluir no libro. O fenómeno da “provincianización” de Maside non me estraña. É a tónica da actual cultura galega. E o que é peor ainda é provincianismo con capital en Madrí. Parécenme mui bós os seus proietos de novos libros. Pola miña banda sigo traballando na preparación de Virginia Woolf na lembranza –título provisorio–. Onte rematei de traducir un traballo de Victoria Ocampo e teño mui adiantado a entrevista con Leonard Woolf. Logo seguirei cunha carta de Vita Sackville-West. O cuarto testemuño será o artigo de Otero Pedrayo, que espero meu irmao atope entre os papeis na miña casa aí. Por desgracia polo lado británico sigo sen poder saber cando se atoparon e onde don Ramón e Virginia. Cando remate este traballo verei con qué sigo. Para o futuro estou pensando en breves artigos –ao xeito das suas Comunicacións mesturadas– sobre temas anglo-galegos. Agora teño unha maior seguranza económica pois voltaronme a coller en Efe e, por tanto, xa non teño que escribir artigos para ter diñeiro extra. O horario é fatal –17 a 21– mais se traballase na BBC sería muito pior. Como lle fun contando nas anteriores sempre vou atopando cousas curiosas sobre Galicia ou dela. Non sei se lle dixen o da “mao do Apóstolo”. Parece ser que llela regalaron a Matilda –filla de Enrique I– cando foi a Santiago en pelerinaxe. Até a reforma estivo na abadía de Reading e logo se perdeu, atoparonna no século pasado e agora gardana –en silencio– na igrexa de Marlowe–on–Thames. Nese posíbel volume incluiría historias ben diferentes como: O Pórtico da Gloria do V&A, Vigo Street, Saint James’ Church de Wreu, etc. Espero que poda haber en Galicia 10 leitores novos para cousas como estas.
Non se me ocurrira pensar nos liberais do século pasado. A hipótese parece ben asisada. Estou seguro que no Ashmolean deben de ter datos sobre os doantes.
Por desgracia o horario de Efe impediume seguir por completo un extraordinario ciclo de cine soviético excéntrico. Foi todo un acontecimento pois poucas veces pódese ver xunto, en bloque, tanta cantidade de filmes descoñecidos, ou cuase. Vin fantásticas escenacións constructivistas, debuxo animado e montaxe, na maioría dos casos cunha aberta intención política. Lembreime muito de vostede, pois estou seguro que tería gozado as películas muitísimo. Muitas delas tiñan os carteis coas letras orixinais. No NFT pasaron catro anos preparando o ciclo e trouxeron os filmes da cinemateca soviética, da francesa, de Berkeley e, naturalmente, a propria británica.
Que non lle respondan as cartas non me estraña. A min pásame o mesmo. Supoño será a nova modalidade dos tempos pre-autonómicos.
Ten noticias dos Varela? A min pasoume algo ben curioso e que non remato de entender. Mandeilles através dunha amiga unha caixa de té, como non tiña o enderezo pedinlle que chamara a Inés. Resposta sorprendente: “Ricardo sabe mui ben que Lorenzo non quere que eu dé o seu enderezo...” Non sei, mais semella que a tolemia colectiva do país vaise metendo nos individuos. Recibir tal resposta tras doce anos de amistade non deixa de chamar a atención.
Por favor, gostariame muito ter o catálogo da exposición que fixo en Rosario e da que fará en Bonino.
Espero que Vd. e Maruxa estén ben, pola miña banda non teño máis novidades.

Unha forte aperta para ambos os dous.

Ricardo Palmás


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, LuísSeoane, MaruxaVarela, LorenzoFernández del Riego, FranciscoDíaz Pardo, IsaacPorteiro García, María XoséDieste, RafaelLombao, ManuelHervella, EvelinaPaz-Andrade, ValentínGarcía-Sabell, DomingoCampos, Xesús “Chichi”Maside, CarlosLaxeiro, Piñeiro, RamónOtero Pedrayo, RamónGerstein, MarikaCastelao, Cuadrado, ArturoCela, Camilo JoséPicasso, PabloScheimberg, SimónSofovich, BernardoCunqueiro, ÁlvaroLamas Carvajal, ValentínFerreiro, Celso EmilioFole, ÁnxelArias “Mimina”, CarmenPrada, RodolfoLedo, XohánFalcini, LuísCancio, MiguelCabanas, ConstantinoCarballo Calero, RicardoNúñez Búa, XoséMuñoz Manzano, CarmenColmeiro, ManuelNeira Vilas, XoséIglesia Alvariño, AquilinoÁlvarez Blázquez, Xosé MaríaDónega, MarinoBaudizzone, LuísAlberti, RafaelDíaz, XoséCastro, Rosalía dePalmás, RicardoLifschitz, RafaelBaltar Domínguez, AntonioMiró, JoanSouto, Arturo Temáticas: artes Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. prensa escritaliteraturaartes visuaisradioFondos de Radio Nacional de España en Galiciaautores/asemigraciónmigracións“cartografías” do Álbum de mulleresasuntos particularesMulleresÁlbum de Galiciaespazos artísticosxornalismopolíticapolítica institucionalaxentes culturaisFondo: Arquivo da Fundación Pública Galega Camilo José CelatelevisiónA nova SargadelosColección: Isaac Díaz Pardo e Luís SeoaneLingua. LiteraturaentrevistahistoriaLibro de Tapasartes escénicasGalería Bonino Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoalExposición de Luís Seoane. Madrid. 1963GalegopremiosComunicacións mesturadasFiguraciónsFábrica de Porcelanas La MagdalenaHora 11Ediciós do CastroExposición de Luís Seoane. Madrid. 1973empresasComisión de Cultura del Centro Gallego de Bos AiresFardel d’eisiladoLonxeLlanto por la muerte de Sánchez MejíasAcademia Nacional de Bellas Artes [Arxentina]cineEl PaísCruces de piedraVida gallegaA soldadeira

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0