Persoa: Isaac Díaz Pardo

Persoa: Isaac Díaz Pardo [2]

Data Material Ver
Data Material Ver
1975-06-29
Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1975
Ver [Carta mecanografada co membrete:]

Transcripción da Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1975 en 29/06/1975

29 de xuño de 1975


Sr. Don Valentín Paz Andrade
Vigo


Querido Valentín:

Moitas gracias polo préstamo deses libros que velaí van de volta, recontadiños todos.
Non ben teña un intre baixaremos a Vigo. Neste intre ando agoneadiño de tempo. E pra meirande calamidade Seoane anda mal, sigue mal, acaso peor. Sin saír da casa, moi fastidiado coa súa perna que non millorou dende fai dous meses. Está o home desolado e desesperado.
Pra Pilar e pra os fillos e netos, pra ti, nosas apertas tensas e nosa saudade ademais da nosa solidaridade en todo


[Isaac]


1986-06-08
Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1986
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:]

Transcripción da Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1986 en 08/06/1986

Sargadelos, 8 de xuño de 1986


Sr. D. Valentín Paz Andrade
Vigo



Benquerido Valentín:

Seguín a túa doenza e vexo que vas pra adiante e non te arredas. Me felicito. Velahí vai o índice e o limiar do libro que lle imos facer a Núñez Búa, bótalle un ollo e indícame o que che pete. Sería ben que o libro levase unhas líneas túas, ben encabezándoo ou ben a modo de epílogo. Ti verás. Non quero ser teimoso nisto pois son consciente de que non se che pode agonear masis do que todos, todos, agoneámoste.
Ímonos ver axiña durante este mes en dúas ocasiós. Unha delas o 29 pra te festexar en Trasalba.
O libro de Núñez Búa non baixará de 350 páxinas en letra miuda. Nada máis. Adiante.
Apertas tensas a ti, a Pilar, a todos.

Isaac


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Tobío Fernández, Lois;  Rama, Carlos M.;  Paz-Andrade, Valentín;  Dellepiane, Judith;  Ferreiro Díaz, Lola;  Climent, Vicente;  Otero Pedrayo, Ramón;  Pardiñas López, Simón;  Bustamente, María Josefa “Fita”;  Boyden, Ed;  Fraguas Fraguas, Antonio;  Rónai Pal, Paulo;  Turbau, Anna;  Díaz Pardo, Isaac;  Varela de Montes, José;  Naiknaware, Anushka;  Davenhall, Bill;  Howe, Emi;  Castelao, ;  Herculano-Houzel, Suzana;  Chen, Nancy N.;  Sardo, Miguel;  Novo, Mercedes;  Shaikh, Alanna;  Pisani, Elizabeth;  Tandon, Nina;  Capobianco, Emanuele;  Beiró-Buxán, Manuel;  Tausz Rónai, Cora;  Collins, Francis;  Alemañ Posadas, Nuria;  Tobío Soler, Constanza;  Pondal, Eduardo;  Indolfi, Laura;  Donnelly, Sarah;  Núñez Búa, Xosé;  Mohr, Catherine;  Veiga Ramos, Iria;  González Calvo, Raquel;  Mourelle, Francisco Antonio;  Fernández, Fernando;  Bergquist, Sharon H.;  Leis Trabazo, Rosaura;  Martínez López, Ramón;  McGonigal, Kelly;  Cudeiro Mazaira, Javier;  Piñeiro, María;  Drummond, Carlos;  Jones, Carolyn;  McGregor, Alyson;  Temáticas: Proxector;  Galego;  vídeo;  Universitario;  Secundario;  Ciencia. Tecnoloxía;  ciencias biomédicas;  medicina;  Portugués;  medicina humana;  Charlas TED;  sistema nervioso e neurolóxico;  medicina clínica, diagnose de patoloxías;  psicoloxía e ciencias do comportamento;  psiquiatría;  enfermaría;  bioloxía;  Vida cotiá, familia e saúde;  Colección: Carlos M. Rama – Lois Tobío;  hixiene e saúde pública;  asuntos particulares;  Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal;  Charlas TED Saúde;  “Consellos para vivir mellor”;  literatura;  anatomía;  farmacia, tecnoloxía farmacéutica;  personalidade, avaliación e tratamentos;  As dúas caras do estrés: compaña saudable ou estado daniño;  vida saudable;  política;  historia;  edición;  enfermidade;  estrés;  cirurxía e ortopedia;  Enfermaría: a ciencia de saber coidar;  cerebro humano;  farmacoloxía terapéutica e toxicoloxía;  xenética;  Mulleres;  Álbum de Galicia;  Redes intelectuais e académicas;  artes;  economía;  Colección: Paulo Rónai con Paz-Andrade;  Colección: Valentín Paz Andrade con Isaac Díaz Pardo;  Colección: Otero Pedrayo con Antonio Fraguas;  psicoloxía;  sistema dixestivo; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0