Persoa: Fernán Pérez de Andrade

Persoa: Fernán Pérez de Andrade [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1971-01-14
Carta de Palmás a Seoane. 1971
Ver [Carta manuscrita]

Transcripción da Carta de Palmás a Seoane. 1971 en 14/01/1971

Madrí, 14 de xaneiro de 1971

Meu querido Seoane:

O luns cheguei de Paris, onde apesares do frío que pasei camiñei muitísimo e vin muita cousa. Unha esposición de Picasso, os coros do Exército Soviético, a revista Hair e algunhas películas na Cinemateca do Palacio Chaillot. Naturalmente fun ao Louvre e máis o Museu dos impresionistas. Pero deixei a cidade coa impresión de que non vira nada. Madrí non me acaba de encher o ollo, non sei... verei se co pasar dos días mudo de opinión. Cine e teatro nada. Niste fin de semana irei ver Romance de Lobos, e entón voltarei a lle escribir contándolle a miña impresión. De todolos xeitos os comentarios que teño da xente coa que estiven non son mui favorables.
Hai unha hora estiven na casa do Marcial Suárez. El e maila sua muller recibíronme mui ben, son mui simpáticos. Falamos muito da situación actual, do traballo que está facendo e quedei en voltar novamente pra seguila a conversa.
En Paris merquei un grabado do século pasado co sartego de F. Pérez de Andrade n-A Cruña. Ten un engado especial... De libros, nen falar, na miña vida vin tanta libreiría xunta, o mesmo que discos. Por desgracia esquecín de mercar o derradeiro disco de Paco Ibáñez no Olympia, que en España non se vende.
Hoxe díxome o Lugrís que a Serrat prohibironlle actuar nos recitales que tiña programados e que ademáis non o deixan sair fora. En París soupen pola radio que a Miró retiraránlle o pasaporte por aquí ninguén sabe nada diso.
Mañán irei ver ao Patiño.

Unha forte aperta pra Vd. e Maruxa.

Ricardo


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Schubarth, Dorothé;  Nache, Maria Luisa;  Maiztegui, Isidro B.;  Rico Verea, Manuel;  Vaamonde Polo, Suso;  Porta, Mili;  López García-Picos, Carlos;  López-Calo, José;  Boedo, Pucho;  Said Armesto, Víctor;  Cañas, Pilar;  Iglesias Vilarelle, Antonio;  Seoane, Luís;  Santamarina, Antón;  Adalid, Marcial del;  Peña, Marina de la;  Fernández Vide, José;  Pillado Villamil, Francisco;  Seoane, Maruxa;  Courtier, Ricardo;  Rodríguez-Losada, Eduardo;  González, Flor;  Narf, ;  Rodulfo, Ángel;  Pita, Emilio;  Groba, Rogelio;  Quintana, Pablo;  Fernández, Ana;  Portela Bouzas, Ricardo;  Blanco Campaña, Xose Luís;  Navarrete Monteserín, Fernando;  Díaz Pardo, Isaac;  García Lorca, Federico;  Villanueva, Carlos;  Cabanas, Constantino;  Cachafeiro Bugallo, Avelino;  Garrido, Fanny;  Brage Villar, Ángel;  Silva Romaní, Xosé Luís;  Palmás Casal, Ricardo;  Tena, José Luis de;  Ares Espiño, Javier;  Casal, Xose;  Piñeiro, Prudencio;  Berea, Canuto;  Ferreiro Míguez, Celso Emilio;  Viso, Margarita;  Gay, Finita;  Shand, William;  Quiroga Losada, Manuel;  Temáticas: Colección de lousas;  web do ASG;  Álbum de Galicia;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  entrevista;  emigración;  folclore;  etnografía;  Mulleres;  Vento que zoa;  Álbum de Galicia;  tradición;  etnomusicoloxía;  literatura;  artes;  Galego;  vídeo;  Proxector;  Artes plásticas, deseño, música, danza e deporte;  Secundario;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  Universitario;  música tradicional;  artes visuais;  poesía;  ciencia;  Álbum da Ciencia;  gaita;  espazos artísticos;  artes escénicas;  socioloxía;  gaiteiros/as;  política;  autobiografía;  Lingua e música en sintonía. Descifrando o noso ADN sonoro;  autores/as;  migracións;  festas;  historia;  regueifa;  cine;  medios de comunicación;  musicoloxía;  zanfona;  Mulleres no Álbum de Galicia;  sociedade;  “cartografías” do Álbum de mulleres;  peronismo;  I curso Música en Compostela. 1958;  prensa escrita; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0