Persoa: Joan Manuel Serrat

Persoa: Joan Manuel Serrat [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1971-01-14
Carta de Palmás a Seoane. 1971
Ver [Carta manuscrita]

Transcripción da Carta de Palmás a Seoane. 1971 en 14/01/1971

Madrí, 14 de xaneiro de 1971

Meu querido Seoane:

O luns cheguei de Paris, onde apesares do frío que pasei camiñei muitísimo e vin muita cousa. Unha esposición de Picasso, os coros do Exército Soviético, a revista Hair e algunhas películas na Cinemateca do Palacio Chaillot. Naturalmente fun ao Louvre e máis o Museu dos impresionistas. Pero deixei a cidade coa impresión de que non vira nada. Madrí non me acaba de encher o ollo, non sei... verei se co pasar dos días mudo de opinión. Cine e teatro nada. Niste fin de semana irei ver Romance de Lobos, e entón voltarei a lle escribir contándolle a miña impresión. De todolos xeitos os comentarios que teño da xente coa que estiven non son mui favorables.
Hai unha hora estiven na casa do Marcial Suárez. El e maila sua muller recibíronme mui ben, son mui simpáticos. Falamos muito da situación actual, do traballo que está facendo e quedei en voltar novamente pra seguila a conversa.
En Paris merquei un grabado do século pasado co sartego de F. Pérez de Andrade n-A Cruña. Ten un engado especial... De libros, nen falar, na miña vida vin tanta libreiría xunta, o mesmo que discos. Por desgracia esquecín de mercar o derradeiro disco de Paco Ibáñez no Olympia, que en España non se vende.
Hoxe díxome o Lugrís que a Serrat prohibironlle actuar nos recitales que tiña programados e que ademáis non o deixan sair fora. En París soupen pola radio que a Miró retiraránlle o pasaporte por aquí ninguén sabe nada diso.
Mañán irei ver ao Patiño.

Unha forte aperta pra Vd. e Maruxa.

Ricardo


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Schubarth, DorothéMaiztegui, Isidro B.Nache, Maria LuisaRico Verea, ManuelVaamonde Manteiga, SusoLópez García-Picos, CarlosPorta, MiliLópez-Calo, JoséBoedo, PuchoSaid Armesto, VíctorCañas, PilarIglesias Vilarelle, AntonioSeoane, LuísSantamarina, AntónAdalid, Marcial delPeña, Marina de laFernández Vide, JoséPillado Villamil, FranciscoSeoane, MaruxaCourtier, RicardoRodríguez-Losada, EduardoGonzález, FlorNarf, Rodulfo, ÁngelPita, EmilioGroba, RogelioQuintana, PabloPortela, RicardoFernández, AnaDíaz Pardo, IsaacGarcía Lorca, FedericoNavarrete Monteserín, FernandoBlanco Campaña, Xose LuísVillanueva, CarlosCabanas, ConstantinoBrage Villar, ÁngelCachafeiro Bugallo, AvelinoSilva Romaní, Xosé LuísGarrido, FannyCasal, XoseFerreiro, Celso EmilioViso, MargaritaPiñeiro, PrudencioBerea, CanutoPalmás, RicardoTena, José Luis dePerón, Juan DomingoCastro, Rosalía deLanusse, Alejandro AgustínSoutullo, Reveriano Temáticas: Colección de lousasweb do ASGÁlbum de GaliciaFondos de Radio Nacional de España en GaliciaentrevistaemigraciónfolcloreetnografíaMulleresVento que zoaÁlbum de GaliciatradiciónetnomusicoloxíaliteraturaartesGalegovídeoProxectorArtes plásticas, deseño, música, danza e deporteSecundario Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. Universitariomúsica tradicionalartes visuaispoesíacienciaÁlbum da Cienciagaitaespazos artísticosartes escénicassocioloxíagaiteiros/aspolíticaautobiografíaautores/asmigraciónsfestashistoriaregueifacinemedios de comunicaciónmusicoloxíazanfonaMulleres no Álbum de Galiciasociedade“cartografías” do Álbum de mulleresperonismoI curso Música en Compostela. 1958prensa escritarelixión

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0