Persoa: Xosé Cancela

Persoa: Xosé Cancela [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1970-06-26
Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1970
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa]

Transcripción da Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1970 en 26/06/1970

Montevideo, 26 de xuño de 1970

Estimado Seoane:

Novamente, estamos amolando, co gallo da próisima saída de Bajo la doble águila. Galicia en el reinado de Carlos v.
Adxunto un folletiño que fixemos á maneira de pre-suscriución, e no que hai un pequeno erro, xa que debe figurare Galicia en el reinado... e non Galicia en el reino, etc. Tal como faláramos por teléfono, pregámoslle que nos faga a tapa ou carátula do libro, que debe tere as mesmas dimensións de Versos pra cantar en feiras e romaxes, de Manuel María. Non así o lomo, posto co númaro de páxinas vai andare polas 300 (trescentas). O seu traballo é de certa urxencia, xa que queremos pubricar o libro en xulio.
No día de hoxe, sacamos as cerámicas da aduana (viñeron unhas 150). Os debuxos pedidos a Patiño da Estampa chegaron nantronte (a maioría sen firmas e sen precios, séndonos praiticamente imposibre facer un catálogo axeitado; vostede dirá). Como estabamos no aire con todo, (o devandito, ademais da Mostra Bibriográfica adicada a Castelao) o 25 de Sant-Yago. No mesmo subte, faremos a Mesa Redonda de que lle falei. O tema será: Castelao artista, político, home, tomando parte, ademais de vostede (na parte correspndente a artista), o Dr. Cancela e o profesor Vidart. En fin, xa lle confirmaremos a data, anque xa lle adiantamos que no xantar de confraternidade, o domingo 26 queremos telo con nós (e, por suposto, á súa moi apreciada dona).
Acaba de saír nos xornales de eiquí a sentencia por dous anos pra Méndez Ferrín. O Patronato xa remesou unha nota ao Ministro de Xustiza e ó Presidente da Suprema Corte, dándolle logo espallamento. Agora estamos matinando levare o asunto ó Senado do Uruguay, onde temos algunha influencia. E quizaves algo máis...
Adxunto tamén os recortes e conseguintes do caso.
Polo de hoxe nada máis, como non sexa decirlle que tan pronto teñamos o programa das XV Xornadas de Cultura Galega (invitamos a Basilio Losada pró 27 no Paraninfo da Universidade; por certo que sería bo que me dera datos ideolóxicos de el), mandarémoslle un feixe. Reciba (cun saúdo garimoso prá súa compañeira) unha aperta irmán.

Pereira

P.D. O meu novo enderezo é: Cebollati, 1744. Apartado 903
Montevideo.
O teléfono é o mesmo, ou sexa: 40.20.08


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Díaz Pardo, Isaac;  Fernández del Riego, Francisco;  Dieste, Rafael;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Picasso, Pablo;  Maside, Carlos;  García-Sabell, Domingo;  Laxeiro, ;  Paz-Andrade, Valentín;  Colmeiro, Manuel;  Piñeiro López, Ramón;  Hervella Nieto, Evelina;  Arias “Mimina”, Carmen;  Cuadrado, Arturo;  Castelao, ;  Scheimberg, Simón;  Otero Pedrayo, Ramón;  Falcini, Luís;  Alberti, Rafael;  Goya, Francisco de;  Blanco Amor, Eduardo;  Fole, Ánxel;  Sofovich, Bernardo;  Gerstein, Marika;  Díaz, Xosé;  Ledo, Xohán;  Núñez Búa, Xosé;  Miró, Joan;  Burd, Lipa;  Carballo Calero, Ricardo;  Otero Espasandín, Xosé;  Valle-Inclán, Ramón María del;  Cabanillas, Ramón;  Iglesia Alvariño, Aquilino;  Frontini, Norberto;  Muñoz Manzano, Carmen;  Baltar Domínguez, Antonio;  Souto, Arturo;  Cunqueiro, Álvaro;  Unamuno, Miguel de;  Burd, Esther;  Gil Varela, Álvaro;  Prada, Rodolfo;  Díaz Arias de Castro, Camilo;  Eiroa, José Gabriel;  Torrallardona, Carlos;  Klee, Paul;  Álvarez Blázquez, Xosé María;  Temáticas: artes;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes visuais;  literatura;  espazos artísticos;  emigración;  migracións;  asuntos particulares;  medios de comunicación;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  prensa escrita;  política;  A nova Sargadelos;  historia;  artes escénicas;  Galería Bonino;  radio;  cine;  premios;  Exposición de Luís Seoane. Colonia. 1967;  Fábrica de Porcelanas La Magdalena;  exilio;  Libro de Tapas;  Círculo de las Artes de Lugo;  Álbum de Galicia;  Fardel d’eisilado;  Xosé Eiroa;  Exposición de Luís Seoane. Bonn. 1967;  Martín Fierro;  Catro poemas para catro gravados;  Exposicion de Luís Seoane. Madrid. 1967;  Teatro Municipal General San Martín. Bos Aires;  Historia de la literatura gallega, de Del Riego;  Bienal de Venecia;  Eudeba;  Exposición de Luis Seoane. Madrid. 1970;  Bauhaus;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1963;  Galería Sargadelos de Barcelona;  poesía;  Tres hojas de ruda y un ajo verde;  La Torre de marfil ou Paradojas de la Torre de Marfil;  Lonxe;  Luís Seoane. Gravados;  dadaísmo;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1973;  Ediciós do Castro;  Homenaje a la Torre de Hércules;  Precursores e novos;  Comisión de Cultura del Centro Gallego de Bos Aires; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0