Temática: O indiano José García Barbón e a súa acción filantrópica [8]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
Hotel Balneario de Cabreiroá, un complexo arquitectónico no que a saúde e o lecer bailan ao mesmo son |
Ver
Transcripción da Hotel Balneario de Cabreiroá, un complexo arquitectónico no que a saúde e o lecer bailan ao mesmo sonAs propiedades beneficiosas das augas do manancial de Cabreiroá eran ben coñecidas polos veciños da zona desde finais do século XIX. O manancial e os terreos circundantes, necesarios para construír as instalacións do balneario, foron mercados por José García Barbón en 1904, quen obtivo a certificación científica das propiedades beneficiosas das súas augas. Estas foron declaradas como augas mineromedicinais polo doutor Santiago Ramón y Cajal e tiveron unha cualificación moi positiva do Charing Cross Hospital. En 1906, unha vez declaradas augas de utilidade pública, créase a planta de envasado e, un ano despois, inícianse as obras de construción do Hotel Balneario de Cabreiroá, que se converte nun referente europeo. Na imaxe vemos un grupo de persoas que gozan da música diante da buvette ou tamén coñecida como pavillón de augas. O balneario non era só un centro para mellorar a saúde dos seus visitantes, senón tamén un espazo de ocio e diversión no que a burguesía socializaba e facía reunións para realizar acordos de negocio. O Hotel Balneario de Cabreiroá funcionou con grande éxito ata 1936.
|
|
Augas de Cabreiroá (Verín) |
Ver
Transcripción da Augas de Cabreiroá (Verín)«El agua mineral natural Cabreiroá es bacteriológicamente pura y de excelentes condiciones higiénicas… Es absolutamente pura, sin manipulaciones químicas ni agregados artificiales».
|
|
Escola de Artes e Oficios de Vigo, a obra filantrópica de José García Barbón máis destacada |
Ver
Transcripción da Escola de Artes e Oficios de Vigo, a obra filantrópica de José García Barbón máis destacadaInaugurada en 1886, iniciativa da Sociedad de Socorros Mutuos La Cooperativa, a Escola de Artes e Oficios de Vigo constituíu unha peza esencial no desenvolvemento da cidade olívica. En 1888 pasou a ser de titularidade municipal.
|
|
O influxo de José García Barbón na cidade de Vigo |
Ver
Transcripción da O influxo de José García Barbón na cidade de VigoO proxecto do edificio da Escola de Artes e Oficios de Vigo data do ano 1887 e é obra do arquitecto francés Michel Pacewicz pero foi asinado por Dimas Vallorba por razóns de tipo administrativo. O primeiro edificio sitúase nunha parcela que fai esquina a dúas rúas, o que ocasiona que o impacto visual sexa maior. Despois da inauguración do edificio propúxose a súa ampliación en 1904. García Barbón engade un edificio anexo ao proxecto arquitectónico e fai entrega ao Concello de Vigo da correspondente escritura de doazón. Sen dúbida, trátase dunha importante contribución ao desenvolvemento económico da cidade, en calidade de formación práctica especializada nos distintos sectores industriais e comerciais que se estaban desenvolvendo na Galicia deses anos. |
|
José García Barbón e o sentimento de gratitude popular |
Ver
Transcripción da José García Barbón e o sentimento de gratitude popularTras a morte de José García Barbón y Sola, xornais e revistas nacionais e internacionais fixéronse eco do suceso e do pesar sentido, sobre todo polos habitantes de Vigo e comarca. A presenza da súa figura como filántropo e mecenas tivo moito impacto na súa cidade adoptiva. O seu excelente labor de benfeitor deixou unha pegada perenne, que constitúe un elemento máis na configuración da identidade cultural en Galicia. Era un home benevolente que pasaba rapidamente a executar accións de alto poder resolutivo, cubrindo carencias económicas e sociais, nunha comunidade desmotivada pola falta de recursos económicos e culturais. A cidade de Vigo non se podería definir sen a marca García Barbón, que transcende o puramente arquitectónico, representando o ideal dun pobo que merecía a fortuna de acceder ao que máis dignifica ao ser humano: a educación e o traballo. |
|
| 1910-00-00 | Incendio do antigo Teatro Rosalía de Castro de Vigo, 1910 |
Ver
Transcripción da Incendio do antigo Teatro Rosalía de Castro de Vigo, 1910 en 00/00/1910Este teatro fora ideado en 1880 por un grupo de empresarios vigueses, como José Elduayen, Antonio Sanjurjo Badía, Antonio López de Neira, Estanislao Durán ou Benigno Barreras, entre outros, coa intención de crear un gran teatro para a cidade, seguindo o exemplo doutras cidades europeas. Apoiados polo Concello, encargáronlle o proxecto ao arquitecto Alejandro Sesmero, que se inspirou nun teatro á italiana, moi popular naqueles tempos. Tras numerosas vicisitudes de tipo económico, foi inaugurado o 15 de setembro de 1900 coa estrea da ópera Aída. Pero a súa xestión sempre tivo problemas de liquidez e poucos anos despois tivo que pechar.
|
| 1997-00-00 | O Teatro García Barbón, un gran edificio para unha cidade moderna e de progreso, 1997 |
Ver
Transcripción da O Teatro García Barbón, un gran edificio para unha cidade moderna e de progreso, 1997 en 00/00/1997O mantemento do Teatro Rosalía de Castro fora un dos legados máis queridos do filántropo. Sabedoras do agarimo que o seu tío lle tiña ao proxecto, as súas sobriñas e herdeiras decidiron recuperalo e encargar un novo edificio como homenaxe póstuma á súa figura. O encargado do seu deseño foi o coñecido arquitecto Antonio Palacios. Este magnífico edificio é un dos exemplos máis relevantes do seu talento.
|
| 2008-00-00 | O Colexio San José de Verín, unha obra educativa de referencia para os verineses, 2008 |
Ver
Transcripción da O Colexio San José de Verín, unha obra educativa de referencia para os verineses, 2008 en 00/00/2008En 1884 e acabado de chegar de Cuba, García Barbón realizou varias doazóns á escola pública da vila para mercar material educativo e o pago do soldo do mestre. Axiña se decatou de que os seus cartos terían mellor rendibilidade no eido educativo coa construción dun edificio escolar para todos os nenos da bisbarra. Con este proxecto intentaba paliar o problema de analfabetismo que neses anos existía non só en Verín senón en toda Galicia. Inaugurado en 1895, a súa xestión e actividade docente foron entregadas polo seu fundador á orde relixiosa de Lasalle, que defendía presupostos pedagóxicos como o respecto polo ensino na lingua do alumnado, a didáctica colectiva, a gratuidade e especialización en materias presentes na formación mercantil, comercial e bancaria, eidos que García Barbón consideraba puntuais para o progreso de Galicia. Con magníficas instalacións e mobiliario, o colexio tiña tres aulas, que pouco despois, pola gran demanda de alumnado, pasarían a ser catro, e vivendas para os mestres; na planta baixa había unha capela e contaba ademais cun patio de ampla extensión e horta. Funcionou como centro de ensino ata 1970 e na actualidade é a sede da biblioteca municipal e centro de actividades culturais do concello.
|


