Temática: emigración [45]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
Hotel Balneario de Cabreiroá, un complexo arquitectónico no que a saúde e o lecer bailan ao mesmo son |
Ver
Transcripción da Hotel Balneario de Cabreiroá, un complexo arquitectónico no que a saúde e o lecer bailan ao mesmo sonAs propiedades beneficiosas das augas do manancial de Cabreiroá eran ben coñecidas polos veciños da zona desde finais do século XIX. O manancial e os terreos circundantes, necesarios para construír as instalacións do balneario, foron mercados por José García Barbón en 1904, quen obtivo a certificación científica das propiedades beneficiosas das súas augas. Estas foron declaradas como augas mineromedicinais polo doutor Santiago Ramón y Cajal e tiveron unha cualificación moi positiva do Charing Cross Hospital. En 1906, unha vez declaradas augas de utilidade pública, créase a planta de envasado e, un ano despois, inícianse as obras de construción do Hotel Balneario de Cabreiroá, que se converte nun referente europeo. Na imaxe vemos un grupo de persoas que gozan da música diante da buvette ou tamén coñecida como pavillón de augas. O balneario non era só un centro para mellorar a saúde dos seus visitantes, senón tamén un espazo de ocio e diversión no que a burguesía socializaba e facía reunións para realizar acordos de negocio. O Hotel Balneario de Cabreiroá funcionou con grande éxito ata 1936.
|
|
Augas de Cabreiroá (Verín) |
Ver
Transcripción da Augas de Cabreiroá (Verín)«El agua mineral natural Cabreiroá es bacteriológicamente pura y de excelentes condiciones higiénicas… Es absolutamente pura, sin manipulaciones químicas ni agregados artificiales».
|
|
Escola de Artes e Oficios de Vigo, a obra filantrópica de José García Barbón máis destacada |
Ver
Transcripción da Escola de Artes e Oficios de Vigo, a obra filantrópica de José García Barbón máis destacadaInaugurada en 1886, iniciativa da Sociedad de Socorros Mutuos La Cooperativa, a Escola de Artes e Oficios de Vigo constituíu unha peza esencial no desenvolvemento da cidade olívica. En 1888 pasou a ser de titularidade municipal.
|
|
O influxo de José García Barbón na cidade de Vigo |
Ver
Transcripción da O influxo de José García Barbón na cidade de VigoO proxecto do edificio da Escola de Artes e Oficios de Vigo data do ano 1887 e é obra do arquitecto francés Michel Pacewicz pero foi asinado por Dimas Vallorba por razóns de tipo administrativo. O primeiro edificio sitúase nunha parcela que fai esquina a dúas rúas, o que ocasiona que o impacto visual sexa maior. Despois da inauguración do edificio propúxose a súa ampliación en 1904. García Barbón engade un edificio anexo ao proxecto arquitectónico e fai entrega ao Concello de Vigo da correspondente escritura de doazón. Sen dúbida, trátase dunha importante contribución ao desenvolvemento económico da cidade, en calidade de formación práctica especializada nos distintos sectores industriais e comerciais que se estaban desenvolvendo na Galicia deses anos. |
|
José García Barbón e o sentimento de gratitude popular |
Ver
Transcripción da José García Barbón e o sentimento de gratitude popularTras a morte de José García Barbón y Sola, xornais e revistas nacionais e internacionais fixéronse eco do suceso e do pesar sentido, sobre todo polos habitantes de Vigo e comarca. A presenza da súa figura como filántropo e mecenas tivo moito impacto na súa cidade adoptiva. O seu excelente labor de benfeitor deixou unha pegada perenne, que constitúe un elemento máis na configuración da identidade cultural en Galicia. Era un home benevolente que pasaba rapidamente a executar accións de alto poder resolutivo, cubrindo carencias económicas e sociais, nunha comunidade desmotivada pola falta de recursos económicos e culturais. A cidade de Vigo non se podería definir sen a marca García Barbón, que transcende o puramente arquitectónico, representando o ideal dun pobo que merecía a fortuna de acceder ao que máis dignifica ao ser humano: a educación e o traballo. |
|
Pedro Murias Rodríguez (Santa Eulalia da Devesa, 1840 - A Habana, 1906) |
Ver
Transcripción da Pedro Murias Rodríguez (Santa Eulalia da Devesa, 1840 - A Habana, 1906)Pedro Murias, rico comerciante e industrial, foi un dos primeiros en converter os primitivos “chinchales” en verdadeiras fábricas de tabaco. Estivo moi vencellado coa colectividade galega residente na illa, sendo tesoureiro e vogal do Centro Galego da Habana e membro protector da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia.
|
|
Alumnado da Escola Agrícola Pedro Murias posan diante do edificio principal, sen data |
Ver
Transcripción da Alumnado da Escola Agrícola Pedro Murias posan diante do edificio principal, sen dataA construción do primeiro edificio, que estamos a ver na imaxe, comezou en 1920. Trátase do inmoble principal, onde estaban situadas as aulas e demais dependencias para o ensino e o profesorado. Edificio de grandes dimensións, estaba formado por un corpo central de planta baixa, primeiro andar e faiado e dúas ás a cada lado. Na planta baixa, á esquerda estaban as aulas, os servizos e unha estancia para o profesorado; na dereita, as dependencias da Dirección da escola, a cociña, o comedor e un almacén de víveres. A súa ornamentación é moi sobria, con numerosos vans e ocos resaltados con molduras. Na fachada destaca a dobre escalinata, que lle dá monumentalidade ao conxunto, cunha fonte central con cabeza de dragón e unha araucaria que lle achega un eixe simétrico.
|
|
Materialización do soño indiano de Pedro Murias |
Ver
Transcripción da Materialización do soño indiano de Pedro MuriasA idea de terra e progreso estaba intimamente relacionada coa experiencia obtida por Pedro Murias no agro cubano. Deixa como legado a fundación da escola agrícola que levaría o seu nome, nunha das mandas testamentarias redactadas por el mesmo con data do 22 de maio de 1892. Alí manifestou estar “deseoso del mayor adelantamiento agrícola de mi patria”. Un centro educativo pioneiro e que “forzosamente” tiña que ser construído dentro dos límites da Devesa, a semellanza da Colonia Agrícola de Ruysselede en Bélxica. |
|
Lembranza dos ribadenses á memoria de Pedro Murias, ca. 1934 |
Ver
Transcripción da Lembranza dos ribadenses á memoria de Pedro Murias, ca. 1934A comisión delegada da Devesa foi creada pola fundación habaneira en 1919 para ter un maior control sobre as obras e o funcionamento da escola agrícola pois, debido á distancia, era moi difícil desde Cuba organizar os traballos, controlar os gastos e lograr que se impuxesen as súas ideas para a boa marcha do proxecto. Estivo integrada ao longo dos anos por persoeiros políticos e económicos da Mariña, moitos deles emigrantes enriquecidos retornados de Cuba, polo que se pode considerar que a escola agrícola foi tamén obra destes "habaneiros". O seu nomeamento como membros da comisión era unha honra e sentían como un deber axudar para que o legado do indiano chegase a bo fin. Supoñía, ademais, acadar prestixio social e unha reafirmación na elite da comarca. Desde 1934 e ata 1949, a comisión estivo presidida por Ramón Maseda Villamil, emigrante retornado de Cuba.
|
|
Clases prácticas de agricultura do alumnado da Escola Agrícola Pedro Murias, anos 20 |
Ver
Transcripción da Clases prácticas de agricultura do alumnado da Escola Agrícola Pedro Murias, anos 20No regulamento da fundación habaneira de 1913 aprobouse a organización da escola agrícola e o proxecto pedagóxico que se quería implementar. As materias debían estar relacionadas coa agricultura seguindo os estudos máis modernos e dispoñía de xeito expreso que tiñan prioridade os coñecementos prácticos e aplicables ao medio en que vivían sobre as clases teóricas, con aulas impartidas por enxeñeiros agrícolas. Como vemos, tratábase dun plan moi ambicioso que, de aplicarse, suporía un grande avance na capacitación agropecuaria dos futuros labregos da comarca ribadense.
|
|
Educación activa no agro: alumnos nunha clase práctica, anos 20 |
Ver
Transcripción da Educación activa no agro: alumnos nunha clase práctica, anos 20A Escola Agrícola Pedro Murias foi un centro pioneiro, enfocado a abrir o acceso e abano de posibilidades para os rapaces da súa comunidade de orixe. O ingreso na escola garantía a experiencia directa do alumnado nos labores do agro. Os coñecementos prácticos ían engarzados de xeito directo cos teóricos. Esta metodoloxía facía que a aprendizaxe se consolidase sobre os terreos dedicados a tal fin, seguindo de xeito directo todos os procesos, desde a composición e preparación da terra, plantar as sementes, sistemas de rego e drenaxe, ata a colleita dos froitos. En canto á cría dos animais, o seu manexo nas granxas, alimentación e aproveitamento tamén formaban parte do proceso ensino-aprendizaxe do alumnado.
|
|
«Velo para crelo»: o coñecemento práctico do que produce a terra |
Ver
Transcripción da «Velo para crelo»: o coñecemento práctico do que produce a terraA aplicación práctica dos coñecementos teóricos era unha premisa ou base para conseguir a aprendizaxe efectiva do alumnado da Escola Agrícola Pedro Murias. O plan de estudos, previamente establecido, contemplaba materias como Análise e Prácticas Agrícolas, Xeoloxía e Mineraloxía Agrícola ou Agrimensura e Nivelación. Materias como Álxebra, Debuxo, Física e Química ou Historia Natural non escapaban do currículo e eran impartidas sempre en relación coa agricultura e gandaría. Porén, o plan de estudos sufriu numerosas modificacións desde que comezou a funcionar a escola agrícola como tal, en 1928. O certo é que as decisións tomadas pola xunta de patróns, encargada de materializar o proxecto do indiano devesán, non foron acatadas con rigor. A idea da creación e posta en marcha do centro sobranceiro que o indiano devesán tiña en mente quedou esvaída por diversas circunstancias.
|
|
Alumnado e mestres da Escola da Tenencia |
Ver
Transcripción da Alumnado e mestres da Escola da TenenciaO testemuño de Manuel Varela Casteleiro —mariñeiro redense dos que nunca volveron á terra— ilustra moi ben as circunstancias de moitos rapaces de Redes que non podían asistir ás clases de maneira continuada, o ambiente laico e a introdución dos adiantos tecnolóxicos na escola aos que, talvez, non se lles sacaba o máximo proveito:
|
|
Fraguando un soño coa mente na súa terra |
Ver
Transcripción da Fraguando un soño coa mente na súa terraGumersindo Busto pretendeu fundar a Biblioteca América co obxecto de que o alumnado dos distintos niveis de capacitación académica tivese a oportunidade de coñecer canto producía a intelectualidade hispanoamericana nos seus diferentes aspectos: científico, literario, histórico, xeográfico, antropolóxico, artístico etc.
|
|
Figuras representativas dunha vila: os irmáns García Naveira, Betanzos |
Ver
Transcripción da Figuras representativas dunha vila: os irmáns García Naveira, BetanzosEn 1983 trasládase a escultura marmórea dos filántropos García Naveira ata a praza que leva o seu nome, con motivo do cincuentenario do falecemento de Juan. Trátase dunha estatua que estaba situada orixinalmente na parte baixa do parque do Pasatempo. A escultura representa a Jesús sinalando os edificios do asilo e as escolas creadas por ambos os benfeitores, mentres que Juan escoita polo auricular dun teléfono. Sospéitase que a realización do monumento correu a cargo da Federación de Sociedades Obreiras de Betanzos (agricultores, canteiros e carpinteiros, entre outros oficios), en sinal de agradecemento aos irmáns García Naveira, e tamén que foi unha obra encargada ao artista S. Sbricoli.
|
|
O crepúsculo do asociacionismo galego en Cuba: directivos da sociedade Progreso de Lousada, A Habana, ca. 1957 |
Ver
Transcripción da O crepúsculo do asociacionismo galego en Cuba: directivos da sociedade Progreso de Lousada, A Habana, ca. 1957Esta entidade foi fundada en 1916 por emigrantes da parroquia de Santo André de Lousada, en Xermade, para construír unha casa-escola no lugar do Pazo, que foi inaugurada dous anos máis tarde. Tamén sabemos da súa colaboración e apoio ao sindicato agrario da parroquia ou do envío de cartos para melloras na súa vila natal, como a construción dunha estrada ou do tendido de electricidade e de teléfono do concello.
|
|
A educación como fin primordial: o pasado e o presente das escolas da Unión Hispanoamericana Pro-Valle Miñor (1914-2014) |
Ver
Transcripción da A educación como fin primordial: o pasado e o presente das escolas da Unión Hispanoamericana Pro-Valle Miñor (1914-2014)A sociedade promotora deste centro educativo tivo como obxectivo principal, desde a súa fundación en 1905, a creación de escolas na súa comarca natal. Na primavera de 1909 fundou unha escola na parroquia da Ramallosa, que chegou a ter máis de 180 alumnos. Esta escola funcionaba baixo os postulados pedagóxicos de Ignacio Ares de Parga, baseados no modelo educativo arxentino. O éxito en toda a comarca foi enorme e a gran demanda por parte do alumnado para asistir ás súas clases obrigounos a construír un novo edificio escolar, cuxos planos foron deseñados por Jacobo Esténs Romero. |
|
A Torre dos Moreno, edificio singular de obrigada visita, Ribadeo, ca. 1915 |
Ver
Transcripción da A Torre dos Moreno, edificio singular de obrigada visita, Ribadeo, ca. 1915Este palacete modernista, considerado como a obra arquitectónica cosmopolita máis destacada de Ribadeo, non falta en ningunha guía turística de Galicia. Foi promovido cara a 1915 polos irmáns Pedro María e Juan Moreno Ulloa, naturais da vila de Ribadeo e emigrantes de éxito na Arxentina. Dedicábanse á explotación do campo en terras da Pampa e coméntase que fundaron un poboado con moeda propia, utilizado fundamentalmente como residencia dos traballadores contratados por eles.
|
|
| 1905-00-00 | Acta de constitución e bases da sociedade Alianza Aresana de Instrucción da Habana, 1905 |
Ver
Transcripción da Acta de constitución e bases da sociedade Alianza Aresana de Instrucción da Habana, 1905 en 00/00/1905A Alianza Aresana de Instrucción foi a pioneira das sociedades de ámbito local creadas con finalidades instrutivas e benéficas para o seu concello ou parroquia natal. A partir dela comezaron a agromar centos de asociacións deste tipo, tanto en Cuba como en Arxentina e outros países de acollida, que tanto ben fixeron pola educación e o progreso da nosa terra. |
| 1906-00-00 | Poñendo en marcha un soño: sinatura da escritura de compra do solar para construír o edificio escolar en Ares, 1906 |
Ver
Transcripción da Poñendo en marcha un soño: sinatura da escritura de compra do solar para construír o edificio escolar en Ares, 1906 en 00/00/1906Na imaxe aparecen os directivos da Alianza Aresana de Instrucción tras a sinatura da compra do solar na vila de Ares para edificar un centro escolar da súa propiedade.
|
| 1910-00-00 | Dando conta aos socios do labor de dirección e administración da Alianza Aresana de Instrucción, 1909-1910 |
Ver
Transcripción da Dando conta aos socios do labor de dirección e administración da Alianza Aresana de Instrucción, 1909-1910 en 00/00/1910Temos aquí a relación de traballos realizados por esta sociedade de emigrantes aresáns durante os anos 1909 e 1910. Na memoria preséntanse datos relacionados coa contabilidade e o estado xeral da entidade, a programación da construción da aula de nenas sobre o plano do grupo escolar, a ornamentación de fachadas, o mobiliario e útiles escolares mercados, o calendario de exames etc. |
| 1914-00-00 | O Círculo Habanero de La Devesa, 1914 |
Ver
Transcripción da O Círculo Habanero de La Devesa, 1914 en 00/00/1914A Sociedad de Instrucción y Recreo Círculo Habanero de La Devesa constitúe unha das primeiras sociedades galegas de adscrición parroquial creadas na illa de Cuba. Foi fundada polos emigrantes orixinarios de Santalla da Devesa o 31 de decembro de 1911. Os seus obxectivos principais eran prestar socorro á veciñanza máis necesitada e recadar fondos para financiar as festas patronais nas respectivas parroquias de orixe, ademais de construír edificios escolares, lavadoiros e cemiterios, entre outras obras filantrópicas de interese para a comunidade. A súa directiva fundacional estaba formada por José Acevedo, primeiro presidente e un dos seus principais promotores e beneficiarios; José R. Alonso, secretario, e Ramón P. Murias, José A. Posada, Julio Raimundo, Melchor Rodríguez, Benito F. Fernández, José F. Fernández, José M. Graña, Ángel Ríos, Antonio Pérez, José Molejón, Isidro Martínez e Benito Fernández, vogais. |
| 1915-00-00 | Inauguración da Escola da Tenencia, Redes, concello de Ares, 1915 |
Ver
Transcripción da Inauguración da Escola da Tenencia, Redes, concello de Ares, 1915 en 00/00/1915No ano 1912, o presidente da delegación de Caamouco, representando a Agrupación Instructiva de Redes y Caamouco da Habana, asina a compravenda do predio de dous ferrados e medio chamado A Tenencia, por un valor de 1604 pesetas. Esta entidade promotora tiña a intención de construír alí un edificio escolar que ofrecese contidos educativos novidosos aos rapaces e rapazas da zona, cos mellores materiais e nunhas óptimas condicións de aprendizaxe. En 1913 asínase o contrato de obra, que estivo a cargo de José Calvo Pérez. Finalmente, a construción da escola levouse a cabo por un valor de 18 060 pesetas.
|
| 1918-00-00 | A instrución como motor de progreso e modernización: o proxecto educativo da sociedade habaneira San Miguel y Reinante, 1918 |
Ver
Transcripción da A instrución como motor de progreso e modernización: o proxecto educativo da sociedade habaneira San Miguel y Reinante, 1918 en 00/00/1918As asociacións instrutivas tiñan moi claro o proxecto educativo que querían implementar nos centros educativos que financiaban. Dende A Habana chegaban os regulamentos educativos e demais directrices para a súa aplicación. De carácter progresista e laico, seguindo o modelo da educación cubana, neles constaban polo miúdo todos os aspectos relativos ao funcionamento das escolas: a admisión do alumnado, o tipo de ensinanza, as materias que ían impartirse, os horarios, a contratación e o soldo dos mestres…, sen esquecer todo o relativo á construción dos centros. Para levar a cabo os seus plans contaban con delegacións das sociedades en Galicia, integradas por veciños da súa confianza, moitos deles emigrantes retornados que foran socios en Cuba. Pese a isto, non sempre lograban aplicar os regulamentos polas presións da Igrexa ou dos gobernos municipais, moitas veces en mans de caciques. |
| 1920-11-30 | Recinto escolar do Círculo Habanero de La Devesa, Ribadeo |
Ver
Transcripción da Recinto escolar do Círculo Habanero de La Devesa, Ribadeo en 30/11/1920O 3 de xullo de 1921 constitúese a asociación Círculo Habanero, Comisión Administrativa de La Devesa, na parroquia de Santalla da Devesa (Ribadeo). Entre os seus fins estaba: «Administrar dicho círculo bajo los dos puntos que abraza —instrucción y recreo— debiendo dedicar su mayor atención al funcionamiento de las escuelas con sujección al reglamanto que para su régimen formula y aprueba la Junta Directiva». Este acordo aparece reflectido no regulamento xeral da Sociedad de Instrucción y Recreo Círculo de La Devesa, fundada en 1911 e domiciliada na Habana, baixo a presidencia de José Acevedo Martínez.
|
| 1925-00-00 | Acto de colocación da primeira pedra na segunda fase construtiva do recinto escolar Pedro Murias, 1925 |
Ver
Transcripción da Acto de colocación da primeira pedra na segunda fase construtiva do recinto escolar Pedro Murias, 1925 en 00/00/1925A grandiosidade do proxecto provocou que a construción dos edificios se levase a cabo en dúas fases. Unha vez rematado o edificio principal, en 1925 comezan as obras doutras edificacións destinadas a almacéns, palleiras, cortes para o gando, vivendas do persoal, talleres e incluso unha estación meteorolóxica.
|
| 1925-08-09 | Carta manuscrita de Gumersindo Busto ao decano da Facultade de Filosofía e Letras da USC, José González Salgado, con data do 9 de agosto de 1925 |
Ver
Transcripción da Carta manuscrita de Gumersindo Busto ao decano da Facultade de Filosofía e Letras da USC, José González Salgado, con data do 9 de agosto de 1925 en 09/08/1925Gumersindo Busto mantiña activa correspondencia con varios membros do profesorado da Universidade que apoiaban o seu proxecto e as súas ideas americanistas. Esta carta é a resposta a unha anterior na que fora convidado a organizar unha expedición de intelectuais afíns para asistir aos festexos do Ano Santo compostelán que se celebraría en 1926. Relata os trámites para organizar a viaxe a Galicia. Sería unha excursión turística máis que relixiosa (non hai que esquecer que a sociedade arxentina da época se caracterizaba polo seu laicismo). Tamén fala dos contactos para buscar financiamento con ese fin. |
| 1926-07-26 | Asistentes á inauguración da Biblioteca América |
Ver
Transcripción da Asistentes á inauguración da Biblioteca América en 26/07/1926A Biblioteca inaugurouse o 26 de xullo de 1926. Ese día tivo lugar un acto en que estiveron presentes o director xeral de Ensinanza e todo o equipo reitoral, ademais das principais autoridades da cidade e delegados de moitas das repúblicas americanas que achegaran fondos á Biblioteca, mais non Gumersindo Busto. Ese mesmo día en Bos Aires a elite intelectual da cidade organizou un banquete na súa honra. Busto mandou unha carta, que leu o decano da Facultade de Filosofía e Letras, na que se percibe a súa emoción polo soño acadado: «[…] a Galicia, tierra de mis recuerdos afectuosos; a Santiago, hogar solariego, depositario de cotidianas oraciones, tributo el homenaje de mi corazón. A su ilustre Universidad, a sus hombres de ciencia, maestros de las nuevas generaciones, todo mi respeto y el caudal de mi esfuerzo tenaz, representado por el haber de la Biblioteca América, creada como un símbolo fraterno entre España y las repúblicas americanas».
|
| 1928-00-00 | As iniciativas pro-progreso de Galicia: A Residencia de Estudiantes de Santiago de Compostela, 1928 |
Ver
Transcripción da As iniciativas pro-progreso de Galicia: A Residencia de Estudiantes de Santiago de Compostela, 1928 en 00/00/1928A colectividade galega emigrada en América sempre estivo implicada nos distintos proxectos a prol do desenvolvemento da cultura e o progreso de Galicia. Tal foi o caso das numerosas sociedades de instrución fundadas para crear escolas que se foron espallando pola xeografía galega, nas que recibiron formación educativa as novas xeracións.
|
| 1932-00-00 | Inauguración do curso escolar na casa-escola de Pasarela en Vimianzo, 1932 |
Ver
Transcripción da Inauguración do curso escolar na casa-escola de Pasarela en Vimianzo, 1932 en 00/00/1932Nos seus primeiros estatutos aparece como unha das súas principais prioridades «procurar la creación de escuelas de instrucción primaria, industriales y de artes y oficios, tendiendo al mejoramiento de las existentes, creando premios y estimulando todo aquello que este comprendiendo en el orden cultural […]».
|
| 1933-00-00 | Fonte e lavadoiro público de San Xoán de Río, financiados pola Sociedad de Instrucción, Protección y Recreo Unión Trivesa, 1933 |
Ver
Transcripción da Fonte e lavadoiro público de San Xoán de Río, financiados pola Sociedad de Instrucción, Protección y Recreo Unión Trivesa, 1933 en 00/00/1933Esta sociedade comarcal foi fundada na Habana o 12 de xuño de 1921 polos emigrantes naturais do concello da Pobra de Trives. Foi creada coa finalidade de socorrer os asociados necesitados de axuda por motivos diversos: enfermidade, accidente, invalidez física para o traballo ou necesidade de repatriación a Galicia. Como o resto de asociacións étnicas, entre os seus obxectivos tamén figuraba a realización de actividades que contribuísen ao fomento da confraternidade entre os naturais do partido xudicial da Pobra de Trives e os demais paisanos residentes na illa, incluídos tamén os que eles chamaban fillos de Cuba e os procedentes doutras partes de España. Os variados actos culturais e de recreo eran as actividades máis recorridas á hora de recadar cartos para o fondo social da entidade.
|
| 1934-00-00 | Recoñecemento ao tesón e filantropía de Gumersindo Busto |
Ver
Transcripción da Recoñecemento ao tesón e filantropía de Gumersindo Busto en 00/00/1934Poucos meses despois da inauguración oficial da Biblioteca América, o claustro de profesores da USC outorgou a Gumersindo Busto o título de doutor honoris causa. Na acta da reunión pódese ler: «La obra del Sr. Busto es grande por su valor intrínseco; de singular trascendencia por contribuir a estrechar los vínculos de intelectualidad entre la América española y su antigua Metrópoli y extraordinariamente meritoria por el colosal ejemplo de constancia dado en una incesante, inteligente y costosa labor de más de veinte años, durante los cuales no decayó un momento la inquebrantable fe de Busto, que no dejó de trabajar ni un solo día en la empresa de aumentar el caudal de su Biblioteca Museo». Aínda que este título foi solicitado en 1927, non será concedido ata outubro de 1934.
|
| 1935-02-15 | Memoria anual da Fundación Escuela Agrícola «Pedro Murias» publicada na revista habaneira Eco de Galicia, 1934 |
Ver
Transcripción da Memoria anual da Fundación Escuela Agrícola «Pedro Murias» publicada na revista habaneira Eco de Galicia, 1934 en 15/02/1935Pedro Murias deixara disposto a constitución dunha fundación encargada de levar a bo fin o seu proxecto educativo. Esta fundación contaría con personalidade xurídica propia e residiría na Habana e para a súa xestión creouse unha xunta de patróns integrada por cinco persoeiros destacados da colectividade. |
| 1941-11-08 | Estatutos polos que se rexe a sociedade Naturales de Ortigueira, A Habana, 1941 |
Ver
Transcripción da Estatutos polos que se rexe a sociedade Naturales de Ortigueira, A Habana, 1941 en 08/11/1941Esta asociación fundouse en 1928, cando comezaba a decaer o agromar societario. Contou ademais coa particularidade de ser creada como unha sociedade de beneficencia e protección mutua, sen incluír a finalidade instrutiva. Isto quizais se debeu a que practicamente cada parroquia do concello de Ortigueira contaba xa cunha asociación que financiara a construción e mantemento de magníficos edificios escolares por todo o municipio. Xa dende moi cedo os e as naturais deste concello residentes na Habana constituíron varias asociacións instrutivas de ámbito parroquial, como a Sociedad de San Adrián, fundada en 1905; La Devesana, en 1907; Puente de Mera, en 1911; San Claudio, en 1912; El Progreso del Yermo, en 1914; Hijos de San Julián de Senra, en 1916, e Hijos de Santa María de Mera, en 1917. |
| 1965-00-00 | Felicitación de Nadal de Juventud de Cecebre aos galegos de Nova York, 1965 |
Ver
Transcripción da Felicitación de Nadal de Juventud de Cecebre aos galegos de Nova York, 1965 en 00/00/1965Cambre e os concellos limítrofes de Sada, Oleiros e Bergondo da costa coruñesa foron focos salientables da emigración galega cara aos Estados Unidos; de aí pódese explicar a chegada dun importante número de veciños da parroquia de Cecebre á cidade dos rañaceos.
|
| 2004-00-00 | Preservación do asociacionismo galego en Cuba: a custodia da súa memoria histórica, 2004 |
Ver
Transcripción da Preservación do asociacionismo galego en Cuba: a custodia da súa memoria histórica, 2004 en 00/00/2004Co triunfo da Revolución cubana as propiedades do Centro Galego foron expropiadas, incluída a súa magnífica sede social. Ás asociacións que tiñan asinado un contrato de arrendamento para o uso destas instalacións permitíuselles continuar gozando dun espazo para as súas actividades sociais. Destinóuselles un salón cuns armarios onde custodiar os seus documentos, fotografías e recordos, e alí tamén dispuñan dun espazo onde levar a cabo as súas reunións. Aínda que a deterioración e a decadencia son evidentes, a presenza de socios e socias dignifica o lugar.
|
| 2006-00-00 | Monumento dedicado a D. Pedro Murias situado na entrada do recinto escolar, ca. 1930 |
Ver
Transcripción da Monumento dedicado a D. Pedro Murias situado na entrada do recinto escolar, ca. 1930 en 00/00/2006En 1929 remátase a construción de todos os edificios que forman a escola agrícola fundada polo filántropo. Como homenaxe e recoñecemento, a xunta de patróns mandou erixir este monumento que lembra a figura do indiano. Na placa pódese ler «La Junta de Patronos de esta escuela radicada en La Habana ha levantado este monumento en honor a la memoria de su fundador Don Pedro Murias y Rodríguez».
|
| 2006-00-00 | Vista xeral das instalacións da Escola Agrícola Pedro Murias no século XXI |
Ver
Transcripción da Vista xeral das instalacións da Escola Agrícola Pedro Murias no século XXI en 00/00/2006A única condición que puxo Pedro Murias para a súa fundación filantrópica foi que debía estar radicada na parroquia da Devesa. A compra deste extenso predio tivo lugar entre 1916 e 1924, período en que a fundación mercou no lugar de Vilaframil unhas 65 parcelas de preto de 15 hectáreas, formado por monte baixo, prados, terreos de labradío e secaño etc. Levou tempo acondicionar os terreos para uso agrícola e gandeiro e para a construción das numerosas dependencias pois houbo que sanear as zonas pantanosas, construír camiños, cavar e repoboar o monte, demoler lindes, instalar mecanismos de regadío... En 1929 o recinto estivo rematado.
|
| 2006-00-00 | O legado de Pedro Murias na actualidade |
Ver
Transcripción da O legado de Pedro Murias na actualidade en 00/00/2006Tras un longo declive en que o centro educativo chegou a pecharse e as instalacións e os terreos quedaron practicamente abandonados, en 1993 a Xunta de Galicia retoma o proxecto de Pedro Murias. Comeza ese ano a rehabilitación das instalacións e apróbase a creación dun centro de formación profesional dedicado á formación e experimentación agroforestal para que os e as estudantes galegas coñezan de primeira man as novidades do sector e contribúan á modernización e progreso do rural galego. Por suposto, este centro mantén o nome do indiano iniciador do proxecto a comezos do pasado século. Galicia e a comarca da Mariña honran a este filántropo a través da continuidade da súa obra. Cen anos despois, o nome de Pedro Murias permanece na memoria colectiva como un referente nos estudos agrarios de Galicia.
|
| 2007-00-00 | A primeira escola fundada pola ABC na aldea muxiá de Nemiña, 2007 |
Ver
Transcripción da A primeira escola fundada pola ABC na aldea muxiá de Nemiña, 2007 en 00/00/2007No ano 1929 a entidade inicia o seu proxecto educativo coa decisión de construír nunha primeira fase catro escolas nos concellos de Muxía, Vimianzo, Fisterra e Cee. O primeiro centro escolar en ser rematado estaba en Nemiña.
|
| 2008-00-00 | O edificio escolar da vila de Ares construído polos seus emigrantes, 2008 |
Ver
Transcripción da O edificio escolar da vila de Ares construído polos seus emigrantes, 2008 en 00/00/2008Este magnífico edificio é o mellor símbolo para lembrar a todos os seus emigrantes e todo o ben que estes fixeron para o progreso e modernización dos seus veciños e veciñas. A edificación ten unha clara inspiración indiana, cunha rica decoración que lle proporciona uniformidade ao conxunto pese a ter varias fases na súa construción. Tal como podemos ler na memoria social da Alianza Aresana de 1908, decídese «construir el aula de los niños, la más urgente para trasladar a ella a los alumnos que se encuentran ya escolarizados, en la segunda el aula de las niñas y en la tercera el módulo de unión entre ambas. Esta subdivisión del proyecto se debe a que la disponibilidad económica actual no permite abordar el total de la obra. [...] El importe de la obra realizada asciende a 7773 pesetas, en las que se incluye mobiliario y material escolar».
|
| 2009-00-00 | A casa-escola de Estorde (Cee) rehabilitada, 2009 |
Ver
Transcripción da A casa-escola de Estorde (Cee) rehabilitada, 2009 en 00/00/2009A elección de Estorde para construír a escola vén precedida de polémica, pois desde a corporación preferíase outra localización. A doazón de 1000 pesos e da madeira necesaria para a súa construción por parte de Marcial González, directivo da ABC e natural desta aldea, fixo que a sociedade optase por este lugar. A escola inaugurouse en 1931 e na fachada principal aínda se conserva unha placa de mármore na que podemos ler «ESCUELA MARCIAL GONZÁLEZ, Nº 4 DE LA "ABC DEL PARTIDO DE CORCUBIÓN" DE BUENOS AIRES». Funcionou como aula de primaria ata os anos 80, cando a falta de alumnado provocou o seu peche. En 2006, o Concello de Cee promoveu a súa rehabilitación e a do seu recinto.
|
| 2019-00-00 | Acto de homenaxe á ABC del Partido de Corcubión na escola de Suarriba, en Fisterra, 2019 |
Ver
Transcripción da Acto de homenaxe á ABC del Partido de Corcubión na escola de Suarriba, en Fisterra, 2019 en 00/00/2019O meritorio labor do Concello de Fisterra pola rehabilitación da casa-escola de Suarriba, construída en 1930, viuse coroado por un acto de recoñecemento á entidade arxentina coa recuperación e colocación da antiga placa de mármore que tiña a escola e que se perdera. Así, agora na fachada principal do antigo centro educativo podemos ler, como outrora, «“ESCUELA JUAN DÍAZ FERNÁNDEZ”, Nº 3, DE LA “ABC DEL PARTIDO DE CORCUBIÓN” DE BUENOS AIRES».
|
| 2020-00-00 | Unha das casas indianas que se conservan na vila mariñeira de Ares, 2020 |
Ver
Transcripción da Unha das casas indianas que se conservan na vila mariñeira de Ares, 2020 en 00/00/2020Esta fermosa casa foi construída a finais dos anos 20 do pasado século sobre a antiga casa familiar dos Ramos Bugallo, situada nunha das principais rúas de Ares. Foi herdada polas irmás Josefa e Sara, casadas cos emigrantes aresáns en Cuba Arturo Fuentes Rodríguez e Emilio Fernández López, que ao regresar decidiron instalarse na súa vila natal. En realidade estamos a falar de dúas vivendas separadas por unha medianeira e cuxas fachadas teñen un esquema compositivo moi similar que lles aporta unidade. Destacan as grandes galerías de estilo modernista con vidros de cores e molduras decorativas, obra do recoñecido carpinteiro aresán Ángel García. Tamén hai que salientar as cornixas e os ornamentos de forxa de clara inspiración modernista.
|
| 2022-00-00 | Colaboración emigrante nas obras públicas da comarca, o cemiterio de Xerdiz en Ourol, 2022 |
Ver
Transcripción da Colaboración emigrante nas obras públicas da comarca, o cemiterio de Xerdiz en Ourol, 2022 en 00/00/2022Este fermoso e singular cemiterio foi construído en 1908 grazas ás doazóns de moitos dos veciños da parroquia de Xerdiz residentes na illa de Cuba. Dos 110 doantes, cuxos nomes aparecen nunha placa de homenaxe que se conserva, 64 eran emigrantes na Habana e achegaron máis do 75 por cento do custo total da obra.
|


