Temática: O indiano Pedro Murias e o seu legado na Devesa [13]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
Pedro Murias Rodríguez (Santa Eulalia da Devesa, 1840 - A Habana, 1906) |
Ver
Transcripción da Pedro Murias Rodríguez (Santa Eulalia da Devesa, 1840 - A Habana, 1906)Pedro Murias, rico comerciante e industrial, foi un dos primeiros en converter os primitivos “chinchales” en verdadeiras fábricas de tabaco. Estivo moi vencellado coa colectividade galega residente na illa, sendo tesoureiro e vogal do Centro Galego da Habana e membro protector da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia.
|
|
Alumnado da Escola Agrícola Pedro Murias posan diante do edificio principal, sen data |
Ver
Transcripción da Alumnado da Escola Agrícola Pedro Murias posan diante do edificio principal, sen dataA construción do primeiro edificio, que estamos a ver na imaxe, comezou en 1920. Trátase do inmoble principal, onde estaban situadas as aulas e demais dependencias para o ensino e o profesorado. Edificio de grandes dimensións, estaba formado por un corpo central de planta baixa, primeiro andar e faiado e dúas ás a cada lado. Na planta baixa, á esquerda estaban as aulas, os servizos e unha estancia para o profesorado; na dereita, as dependencias da Dirección da escola, a cociña, o comedor e un almacén de víveres. A súa ornamentación é moi sobria, con numerosos vans e ocos resaltados con molduras. Na fachada destaca a dobre escalinata, que lle dá monumentalidade ao conxunto, cunha fonte central con cabeza de dragón e unha araucaria que lle achega un eixe simétrico.
|
|
Materialización do soño indiano de Pedro Murias |
Ver
Transcripción da Materialización do soño indiano de Pedro MuriasA idea de terra e progreso estaba intimamente relacionada coa experiencia obtida por Pedro Murias no agro cubano. Deixa como legado a fundación da escola agrícola que levaría o seu nome, nunha das mandas testamentarias redactadas por el mesmo con data do 22 de maio de 1892. Alí manifestou estar “deseoso del mayor adelantamiento agrícola de mi patria”. Un centro educativo pioneiro e que “forzosamente” tiña que ser construído dentro dos límites da Devesa, a semellanza da Colonia Agrícola de Ruysselede en Bélxica. |
|
Lembranza dos ribadenses á memoria de Pedro Murias, ca. 1934 |
Ver
Transcripción da Lembranza dos ribadenses á memoria de Pedro Murias, ca. 1934A comisión delegada da Devesa foi creada pola fundación habaneira en 1919 para ter un maior control sobre as obras e o funcionamento da escola agrícola pois, debido á distancia, era moi difícil desde Cuba organizar os traballos, controlar os gastos e lograr que se impuxesen as súas ideas para a boa marcha do proxecto. Estivo integrada ao longo dos anos por persoeiros políticos e económicos da Mariña, moitos deles emigrantes enriquecidos retornados de Cuba, polo que se pode considerar que a escola agrícola foi tamén obra destes "habaneiros". O seu nomeamento como membros da comisión era unha honra e sentían como un deber axudar para que o legado do indiano chegase a bo fin. Supoñía, ademais, acadar prestixio social e unha reafirmación na elite da comarca. Desde 1934 e ata 1949, a comisión estivo presidida por Ramón Maseda Villamil, emigrante retornado de Cuba.
|
|
Clases prácticas de agricultura do alumnado da Escola Agrícola Pedro Murias, anos 20 |
Ver
Transcripción da Clases prácticas de agricultura do alumnado da Escola Agrícola Pedro Murias, anos 20No regulamento da fundación habaneira de 1913 aprobouse a organización da escola agrícola e o proxecto pedagóxico que se quería implementar. As materias debían estar relacionadas coa agricultura seguindo os estudos máis modernos e dispoñía de xeito expreso que tiñan prioridade os coñecementos prácticos e aplicables ao medio en que vivían sobre as clases teóricas, con aulas impartidas por enxeñeiros agrícolas. Como vemos, tratábase dun plan moi ambicioso que, de aplicarse, suporía un grande avance na capacitación agropecuaria dos futuros labregos da comarca ribadense.
|
|
Educación activa no agro: alumnos nunha clase práctica, anos 20 |
Ver
Transcripción da Educación activa no agro: alumnos nunha clase práctica, anos 20A Escola Agrícola Pedro Murias foi un centro pioneiro, enfocado a abrir o acceso e abano de posibilidades para os rapaces da súa comunidade de orixe. O ingreso na escola garantía a experiencia directa do alumnado nos labores do agro. Os coñecementos prácticos ían engarzados de xeito directo cos teóricos. Esta metodoloxía facía que a aprendizaxe se consolidase sobre os terreos dedicados a tal fin, seguindo de xeito directo todos os procesos, desde a composición e preparación da terra, plantar as sementes, sistemas de rego e drenaxe, ata a colleita dos froitos. En canto á cría dos animais, o seu manexo nas granxas, alimentación e aproveitamento tamén formaban parte do proceso ensino-aprendizaxe do alumnado.
|
|
«Velo para crelo»: o coñecemento práctico do que produce a terra |
Ver
Transcripción da «Velo para crelo»: o coñecemento práctico do que produce a terraA aplicación práctica dos coñecementos teóricos era unha premisa ou base para conseguir a aprendizaxe efectiva do alumnado da Escola Agrícola Pedro Murias. O plan de estudos, previamente establecido, contemplaba materias como Análise e Prácticas Agrícolas, Xeoloxía e Mineraloxía Agrícola ou Agrimensura e Nivelación. Materias como Álxebra, Debuxo, Física e Química ou Historia Natural non escapaban do currículo e eran impartidas sempre en relación coa agricultura e gandaría. Porén, o plan de estudos sufriu numerosas modificacións desde que comezou a funcionar a escola agrícola como tal, en 1928. O certo é que as decisións tomadas pola xunta de patróns, encargada de materializar o proxecto do indiano devesán, non foron acatadas con rigor. A idea da creación e posta en marcha do centro sobranceiro que o indiano devesán tiña en mente quedou esvaída por diversas circunstancias.
|
|
| 1913-00-00 | Testamento de D. Pedro Murias y Rodríguez outorgado na Habana o 22 de maio de 1892 |
Ver
Transcripción da Testamento de D. Pedro Murias y Rodríguez outorgado na Habana o 22 de maio de 1892 en 00/00/1913Pedro Murias contaba ao final da súa vida cun importante patrimonio valorado en preto de 600 000 pesos ouro. No texto especifícanse polo miúdo as propiedades –algunhas das cales xa non estaban no seu poder– que legaba a cada un dos herdeiros. Os principais beneficiarios foron os seus sobriños, Maximino Debén e Rodrigo Díaz de la Rocha. Ademais deixa legados a varios familiares e amigos e a dúas nenas orfas da Casa de Beneficencia da Habana; tamén a dúas asociacións galegas en Cuba das que fora socio e directivo, o Centro Galego da Habana e a Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia, que se dedicarían a prol dos emigrantes máis desfavorecidos. |
| 1925-00-00 | Acto de colocación da primeira pedra na segunda fase construtiva do recinto escolar Pedro Murias, 1925 |
Ver
Transcripción da Acto de colocación da primeira pedra na segunda fase construtiva do recinto escolar Pedro Murias, 1925 en 00/00/1925A grandiosidade do proxecto provocou que a construción dos edificios se levase a cabo en dúas fases. Unha vez rematado o edificio principal, en 1925 comezan as obras doutras edificacións destinadas a almacéns, palleiras, cortes para o gando, vivendas do persoal, talleres e incluso unha estación meteorolóxica.
|
| 1935-02-15 | Memoria anual da Fundación Escuela Agrícola «Pedro Murias» publicada na revista habaneira Eco de Galicia, 1934 |
Ver
Transcripción da Memoria anual da Fundación Escuela Agrícola «Pedro Murias» publicada na revista habaneira Eco de Galicia, 1934 en 15/02/1935Pedro Murias deixara disposto a constitución dunha fundación encargada de levar a bo fin o seu proxecto educativo. Esta fundación contaría con personalidade xurídica propia e residiría na Habana e para a súa xestión creouse unha xunta de patróns integrada por cinco persoeiros destacados da colectividade. |
| 2006-00-00 | Monumento dedicado a D. Pedro Murias situado na entrada do recinto escolar, ca. 1930 |
Ver
Transcripción da Monumento dedicado a D. Pedro Murias situado na entrada do recinto escolar, ca. 1930 en 00/00/2006En 1929 remátase a construción de todos os edificios que forman a escola agrícola fundada polo filántropo. Como homenaxe e recoñecemento, a xunta de patróns mandou erixir este monumento que lembra a figura do indiano. Na placa pódese ler «La Junta de Patronos de esta escuela radicada en La Habana ha levantado este monumento en honor a la memoria de su fundador Don Pedro Murias y Rodríguez».
|
| 2006-00-00 | Vista xeral das instalacións da Escola Agrícola Pedro Murias no século XXI |
Ver
Transcripción da Vista xeral das instalacións da Escola Agrícola Pedro Murias no século XXI en 00/00/2006A única condición que puxo Pedro Murias para a súa fundación filantrópica foi que debía estar radicada na parroquia da Devesa. A compra deste extenso predio tivo lugar entre 1916 e 1924, período en que a fundación mercou no lugar de Vilaframil unhas 65 parcelas de preto de 15 hectáreas, formado por monte baixo, prados, terreos de labradío e secaño etc. Levou tempo acondicionar os terreos para uso agrícola e gandeiro e para a construción das numerosas dependencias pois houbo que sanear as zonas pantanosas, construír camiños, cavar e repoboar o monte, demoler lindes, instalar mecanismos de regadío... En 1929 o recinto estivo rematado.
|
| 2006-00-00 | O legado de Pedro Murias na actualidade |
Ver
Transcripción da O legado de Pedro Murias na actualidade en 00/00/2006Tras un longo declive en que o centro educativo chegou a pecharse e as instalacións e os terreos quedaron practicamente abandonados, en 1993 a Xunta de Galicia retoma o proxecto de Pedro Murias. Comeza ese ano a rehabilitación das instalacións e apróbase a creación dun centro de formación profesional dedicado á formación e experimentación agroforestal para que os e as estudantes galegas coñezan de primeira man as novidades do sector e contribúan á modernización e progreso do rural galego. Por suposto, este centro mantén o nome do indiano iniciador do proxecto a comezos do pasado século. Galicia e a comarca da Mariña honran a este filántropo a través da continuidade da súa obra. Cen anos despois, o nome de Pedro Murias permanece na memoria colectiva como un referente nos estudos agrarios de Galicia.
|


