Temática: educación [31]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
Materialización do soño indiano de Pedro Murias |
Ver
Transcripción da Materialización do soño indiano de Pedro MuriasA idea de terra e progreso estaba intimamente relacionada coa experiencia obtida por Pedro Murias no agro cubano. Deixa como legado a fundación da escola agrícola que levaría o seu nome, nunha das mandas testamentarias redactadas por el mesmo con data do 22 de maio de 1892. Alí manifestou estar “deseoso del mayor adelantamiento agrícola de mi patria”. Un centro educativo pioneiro e que “forzosamente” tiña que ser construído dentro dos límites da Devesa, a semellanza da Colonia Agrícola de Ruysselede en Bélxica. |
|
Lembranza dos ribadenses á memoria de Pedro Murias, ca. 1934 |
Ver
Transcripción da Lembranza dos ribadenses á memoria de Pedro Murias, ca. 1934A comisión delegada da Devesa foi creada pola fundación habaneira en 1919 para ter un maior control sobre as obras e o funcionamento da escola agrícola pois, debido á distancia, era moi difícil desde Cuba organizar os traballos, controlar os gastos e lograr que se impuxesen as súas ideas para a boa marcha do proxecto. Estivo integrada ao longo dos anos por persoeiros políticos e económicos da Mariña, moitos deles emigrantes enriquecidos retornados de Cuba, polo que se pode considerar que a escola agrícola foi tamén obra destes "habaneiros". O seu nomeamento como membros da comisión era unha honra e sentían como un deber axudar para que o legado do indiano chegase a bo fin. Supoñía, ademais, acadar prestixio social e unha reafirmación na elite da comarca. Desde 1934 e ata 1949, a comisión estivo presidida por Ramón Maseda Villamil, emigrante retornado de Cuba.
|
|
Clases prácticas de agricultura do alumnado da Escola Agrícola Pedro Murias, anos 20 |
Ver
Transcripción da Clases prácticas de agricultura do alumnado da Escola Agrícola Pedro Murias, anos 20No regulamento da fundación habaneira de 1913 aprobouse a organización da escola agrícola e o proxecto pedagóxico que se quería implementar. As materias debían estar relacionadas coa agricultura seguindo os estudos máis modernos e dispoñía de xeito expreso que tiñan prioridade os coñecementos prácticos e aplicables ao medio en que vivían sobre as clases teóricas, con aulas impartidas por enxeñeiros agrícolas. Como vemos, tratábase dun plan moi ambicioso que, de aplicarse, suporía un grande avance na capacitación agropecuaria dos futuros labregos da comarca ribadense.
|
|
Educación activa no agro: alumnos nunha clase práctica, anos 20 |
Ver
Transcripción da Educación activa no agro: alumnos nunha clase práctica, anos 20A Escola Agrícola Pedro Murias foi un centro pioneiro, enfocado a abrir o acceso e abano de posibilidades para os rapaces da súa comunidade de orixe. O ingreso na escola garantía a experiencia directa do alumnado nos labores do agro. Os coñecementos prácticos ían engarzados de xeito directo cos teóricos. Esta metodoloxía facía que a aprendizaxe se consolidase sobre os terreos dedicados a tal fin, seguindo de xeito directo todos os procesos, desde a composición e preparación da terra, plantar as sementes, sistemas de rego e drenaxe, ata a colleita dos froitos. En canto á cría dos animais, o seu manexo nas granxas, alimentación e aproveitamento tamén formaban parte do proceso ensino-aprendizaxe do alumnado.
|
|
«Velo para crelo»: o coñecemento práctico do que produce a terra |
Ver
Transcripción da «Velo para crelo»: o coñecemento práctico do que produce a terraA aplicación práctica dos coñecementos teóricos era unha premisa ou base para conseguir a aprendizaxe efectiva do alumnado da Escola Agrícola Pedro Murias. O plan de estudos, previamente establecido, contemplaba materias como Análise e Prácticas Agrícolas, Xeoloxía e Mineraloxía Agrícola ou Agrimensura e Nivelación. Materias como Álxebra, Debuxo, Física e Química ou Historia Natural non escapaban do currículo e eran impartidas sempre en relación coa agricultura e gandaría. Porén, o plan de estudos sufriu numerosas modificacións desde que comezou a funcionar a escola agrícola como tal, en 1928. O certo é que as decisións tomadas pola xunta de patróns, encargada de materializar o proxecto do indiano devesán, non foron acatadas con rigor. A idea da creación e posta en marcha do centro sobranceiro que o indiano devesán tiña en mente quedou esvaída por diversas circunstancias.
|
|
Alumnado e mestres da Escola da Tenencia |
Ver
Transcripción da Alumnado e mestres da Escola da TenenciaO testemuño de Manuel Varela Casteleiro —mariñeiro redense dos que nunca volveron á terra— ilustra moi ben as circunstancias de moitos rapaces de Redes que non podían asistir ás clases de maneira continuada, o ambiente laico e a introdución dos adiantos tecnolóxicos na escola aos que, talvez, non se lles sacaba o máximo proveito:
|
|
Figuras representativas dunha vila: os irmáns García Naveira, Betanzos |
Ver
Transcripción da Figuras representativas dunha vila: os irmáns García Naveira, BetanzosEn 1983 trasládase a escultura marmórea dos filántropos García Naveira ata a praza que leva o seu nome, con motivo do cincuentenario do falecemento de Juan. Trátase dunha estatua que estaba situada orixinalmente na parte baixa do parque do Pasatempo. A escultura representa a Jesús sinalando os edificios do asilo e as escolas creadas por ambos os benfeitores, mentres que Juan escoita polo auricular dun teléfono. Sospéitase que a realización do monumento correu a cargo da Federación de Sociedades Obreiras de Betanzos (agricultores, canteiros e carpinteiros, entre outros oficios), en sinal de agradecemento aos irmáns García Naveira, e tamén que foi unha obra encargada ao artista S. Sbricoli.
|
|
A perenne pegada de Pedro Murias (Santalla da Devesa, 1840 - A Habana, 1906) na Devesa |
Ver
Transcripción da A perenne pegada de Pedro Murias (Santalla da Devesa, 1840 - A Habana, 1906) na DevesaComo xa destacamos no especial de Historias de ida e volta dedicado á figura de Pedro Murias, este indiano devesán non só destacou por formar parte da elite empresarial da illa de Cuba, senón tamén polo legado que deixou na súa terra. Destinou parte da súa riqueza á creación dun centro de ensino pioneiro, co claro obxectivo de achegar o adianto agrícola a toda a comunidade de orixe. A escola levaría o seu nome: Escola Agrícola Pedro Murias. Este indiano foi unha das figuras máis representativas no mundo da manufactura tabaqueira e destinou parte do seu capital hereditario á construción da dita escola, como consta detalladamente no testamento outorgado o 22 de maio de 1892. Nel manifestou que estaba «deseoso del mayor adelantamiento agrícola de mi patria».
|
|
Carmen Iravedra, mestra da escola de Burela coas súas alumnas, ca. 1950 |
Ver
Transcripción da Carmen Iravedra, mestra da escola de Burela coas súas alumnas, ca. 1950Non só de Cuba chegaron as remesas para construír escolas na Mariña luguesa. Tamén os mariñaos residentes na Arxentina enviaron cartos para fomentar e promover a educación e a cultura nos seus veciños e veciñas. Ademais dalgúns persoeiros que contribuíron a crear e dotar centros educativos e dos que xa falamos, a sociedade Centro Hijos del Partido de Vivero en Buenos Aires, creada en 1908, tivo un destacado papel neste eido. Grazas ao seu labor a prol da educación e a cultura da comarca construíronse as escolas de Burela, Xove e Cervo; neste último concello tamén axudou na edificación do Grupo Escolar José M. Fernández Montenegro, na localidade de San Cibrao. Por todo isto o Goberno español outorgoulle a Gran Cruz de Beneficencia.
|
|
| 1905-00-00 | Acta de constitución e bases da sociedade Alianza Aresana de Instrucción da Habana, 1905 |
Ver
Transcripción da Acta de constitución e bases da sociedade Alianza Aresana de Instrucción da Habana, 1905 en 00/00/1905A Alianza Aresana de Instrucción foi a pioneira das sociedades de ámbito local creadas con finalidades instrutivas e benéficas para o seu concello ou parroquia natal. A partir dela comezaron a agromar centos de asociacións deste tipo, tanto en Cuba como en Arxentina e outros países de acollida, que tanto ben fixeron pola educación e o progreso da nosa terra. |
| 1910-00-00 | Dando conta aos socios do labor de dirección e administración da Alianza Aresana de Instrucción, 1909-1910 |
Ver
Transcripción da Dando conta aos socios do labor de dirección e administración da Alianza Aresana de Instrucción, 1909-1910 en 00/00/1910Temos aquí a relación de traballos realizados por esta sociedade de emigrantes aresáns durante os anos 1909 e 1910. Na memoria preséntanse datos relacionados coa contabilidade e o estado xeral da entidade, a programación da construción da aula de nenas sobre o plano do grupo escolar, a ornamentación de fachadas, o mobiliario e útiles escolares mercados, o calendario de exames etc. |
| 1912-00-00 | Jesús Rodríguez Murias e a escola de Rinlo, Ribadeo, 1912 |
Ver
Transcripción da Jesús Rodríguez Murias e a escola de Rinlo, Ribadeo, 1912 en 00/00/1912O ribadense Jesús Rodríguez Murias emigrou moi novo a Cuba, onde conseguiu facer fortuna ao dedicarse ao negocio do tabaco na illa. Foi un dos promotores e benfeitores da sociedade Unión Rinlega da Habana. Como lles acontecía ás veces a moitos emigrantes tras o seu retorno á terra natal, Jesús caeu enfermo e faleceu en 1909. O seu legado debía ir destinado á realización de obras benéficas e educativas, como a construción dun edificio escolar en Rinlo. O testamento que deixa dá conta dos seus desexos de contribuír ao benestar da súa comunidade de orixe, concretamente dos máis pequenos e desvalidos, os nenos e nenas da súa parroquia. A escola será cedida á sociedade habaneira Unión Rinlega para o seu mantemento económico. As rendas xeradas polo seu patrimonio tamén serviron para o mantemento do hospital de Ribadeo, así como para os habitantes máis pobres da vila.
|
| 1915-00-00 | Inauguración da Escola da Tenencia, Redes, concello de Ares, 1915 |
Ver
Transcripción da Inauguración da Escola da Tenencia, Redes, concello de Ares, 1915 en 00/00/1915No ano 1912, o presidente da delegación de Caamouco, representando a Agrupación Instructiva de Redes y Caamouco da Habana, asina a compravenda do predio de dous ferrados e medio chamado A Tenencia, por un valor de 1604 pesetas. Esta entidade promotora tiña a intención de construír alí un edificio escolar que ofrecese contidos educativos novidosos aos rapaces e rapazas da zona, cos mellores materiais e nunhas óptimas condicións de aprendizaxe. En 1913 asínase o contrato de obra, que estivo a cargo de José Calvo Pérez. Finalmente, a construción da escola levouse a cabo por un valor de 18 060 pesetas.
|
| 1920-11-30 | Recinto escolar do Círculo Habanero de La Devesa, Ribadeo |
Ver
Transcripción da Recinto escolar do Círculo Habanero de La Devesa, Ribadeo en 30/11/1920O 3 de xullo de 1921 constitúese a asociación Círculo Habanero, Comisión Administrativa de La Devesa, na parroquia de Santalla da Devesa (Ribadeo). Entre os seus fins estaba: «Administrar dicho círculo bajo los dos puntos que abraza —instrucción y recreo— debiendo dedicar su mayor atención al funcionamiento de las escuelas con sujección al reglamanto que para su régimen formula y aprueba la Junta Directiva». Este acordo aparece reflectido no regulamento xeral da Sociedad de Instrucción y Recreo Círculo de La Devesa, fundada en 1911 e domiciliada na Habana, baixo a presidencia de José Acevedo Martínez.
|
| 1925-00-00 | Acto de colocación da primeira pedra na segunda fase construtiva do recinto escolar Pedro Murias, 1925 |
Ver
Transcripción da Acto de colocación da primeira pedra na segunda fase construtiva do recinto escolar Pedro Murias, 1925 en 00/00/1925A grandiosidade do proxecto provocou que a construción dos edificios se levase a cabo en dúas fases. Unha vez rematado o edificio principal, en 1925 comezan as obras doutras edificacións destinadas a almacéns, palleiras, cortes para o gando, vivendas do persoal, talleres e incluso unha estación meteorolóxica.
|
| 1927-00-00 | Escola de Xove, 1927 |
Ver
Transcripción da Escola de Xove, 1927 en 00/00/1927A constitución de sociedades étnicas na emigración galega en América está intimamente ligada á idea de proliferación de escolas repartidas por toda a xeografía de Galicia. Co corpo alí e a mente aquí, moitos galegos e galegas vivían pensando na mellora e prosperidade dos familiares e veciños que quedaban nos lugares de orixe. Aínda que non se trata dunha pegada estritamente «indiana» no sentido de filantropía «particular», podemos amosar tamén a pegada colectiva que deixou a colectividade de emigrantes nas súas zonas de procedencia, froito dun traballo en equipo. Moitas veces, lonxe de grandes fortunas pero con grande esforzo e sacrificio, lograban os case os mesmos resultados que calquera indiano de gran renome.
|
| 1931-00-00 | Inauguración do grupo escolar José María Fernández Montenegro, Cervo, 1931 |
Ver
Transcripción da Inauguración do grupo escolar José María Fernández Montenegro, Cervo, 1931 en 00/00/1931José María Fernández Montenegro naceu en 1860 nunha parroquia do concello de Cervo chamada Lieiro. Sendo moi novo escolleu o camiño da emigración cara á Arxentina, país onde conseguiu alcanzar un notable éxito económico. O legado deste indiano foi de 60 000 pesetas, que foron destinadas á construción do edificio para albergar o grupo escolar que leva o seu nome, na súa parroquia de orixe. Este legado materializouno a súa viúva, Manuela Goñi Maíste.
|
| 1932-00-00 | Inauguración do curso escolar na casa-escola de Pasarela en Vimianzo, 1932 |
Ver
Transcripción da Inauguración do curso escolar na casa-escola de Pasarela en Vimianzo, 1932 en 00/00/1932Nos seus primeiros estatutos aparece como unha das súas principais prioridades «procurar la creación de escuelas de instrucción primaria, industriales y de artes y oficios, tendiendo al mejoramiento de las existentes, creando premios y estimulando todo aquello que este comprendiendo en el orden cultural […]».
|
| 1965-00-00 | Felicitación de Nadal de Juventud de Cecebre aos galegos de Nova York, 1965 |
Ver
Transcripción da Felicitación de Nadal de Juventud de Cecebre aos galegos de Nova York, 1965 en 00/00/1965Cambre e os concellos limítrofes de Sada, Oleiros e Bergondo da costa coruñesa foron focos salientables da emigración galega cara aos Estados Unidos; de aí pódese explicar a chegada dun importante número de veciños da parroquia de Cecebre á cidade dos rañaceos.
|
| 2006-00-00 | Monumento dedicado a D. Pedro Murias situado na entrada do recinto escolar, ca. 1930 |
Ver
Transcripción da Monumento dedicado a D. Pedro Murias situado na entrada do recinto escolar, ca. 1930 en 00/00/2006En 1929 remátase a construción de todos os edificios que forman a escola agrícola fundada polo filántropo. Como homenaxe e recoñecemento, a xunta de patróns mandou erixir este monumento que lembra a figura do indiano. Na placa pódese ler «La Junta de Patronos de esta escuela radicada en La Habana ha levantado este monumento en honor a la memoria de su fundador Don Pedro Murias y Rodríguez».
|
| 2006-00-00 | Vista xeral das instalacións da Escola Agrícola Pedro Murias no século XXI |
Ver
Transcripción da Vista xeral das instalacións da Escola Agrícola Pedro Murias no século XXI en 00/00/2006A única condición que puxo Pedro Murias para a súa fundación filantrópica foi que debía estar radicada na parroquia da Devesa. A compra deste extenso predio tivo lugar entre 1916 e 1924, período en que a fundación mercou no lugar de Vilaframil unhas 65 parcelas de preto de 15 hectáreas, formado por monte baixo, prados, terreos de labradío e secaño etc. Levou tempo acondicionar os terreos para uso agrícola e gandeiro e para a construción das numerosas dependencias pois houbo que sanear as zonas pantanosas, construír camiños, cavar e repoboar o monte, demoler lindes, instalar mecanismos de regadío... En 1929 o recinto estivo rematado.
|
| 2006-00-00 | O legado de Pedro Murias na actualidade |
Ver
Transcripción da O legado de Pedro Murias na actualidade en 00/00/2006Tras un longo declive en que o centro educativo chegou a pecharse e as instalacións e os terreos quedaron practicamente abandonados, en 1993 a Xunta de Galicia retoma o proxecto de Pedro Murias. Comeza ese ano a rehabilitación das instalacións e apróbase a creación dun centro de formación profesional dedicado á formación e experimentación agroforestal para que os e as estudantes galegas coñezan de primeira man as novidades do sector e contribúan á modernización e progreso do rural galego. Por suposto, este centro mantén o nome do indiano iniciador do proxecto a comezos do pasado século. Galicia e a comarca da Mariña honran a este filántropo a través da continuidade da súa obra. Cen anos despois, o nome de Pedro Murias permanece na memoria colectiva como un referente nos estudos agrarios de Galicia.
|
| 2007-00-00 | A primeira escola fundada pola ABC na aldea muxiá de Nemiña, 2007 |
Ver
Transcripción da A primeira escola fundada pola ABC na aldea muxiá de Nemiña, 2007 en 00/00/2007No ano 1929 a entidade inicia o seu proxecto educativo coa decisión de construír nunha primeira fase catro escolas nos concellos de Muxía, Vimianzo, Fisterra e Cee. O primeiro centro escolar en ser rematado estaba en Nemiña.
|
| 2008-00-00 | O edificio escolar da vila de Ares construído polos seus emigrantes, 2008 |
Ver
Transcripción da O edificio escolar da vila de Ares construído polos seus emigrantes, 2008 en 00/00/2008Este magnífico edificio é o mellor símbolo para lembrar a todos os seus emigrantes e todo o ben que estes fixeron para o progreso e modernización dos seus veciños e veciñas. A edificación ten unha clara inspiración indiana, cunha rica decoración que lle proporciona uniformidade ao conxunto pese a ter varias fases na súa construción. Tal como podemos ler na memoria social da Alianza Aresana de 1908, decídese «construir el aula de los niños, la más urgente para trasladar a ella a los alumnos que se encuentran ya escolarizados, en la segunda el aula de las niñas y en la tercera el módulo de unión entre ambas. Esta subdivisión del proyecto se debe a que la disponibilidad económica actual no permite abordar el total de la obra. [...] El importe de la obra realizada asciende a 7773 pesetas, en las que se incluye mobiliario y material escolar».
|
| 2008-00-00 | A escola de Adelán en Alfoz, un dos exemplos do proxecto educativo dos emigrantes do Valadouro en Cuba, 2008 |
Ver
Transcripción da A escola de Adelán en Alfoz, un dos exemplos do proxecto educativo dos emigrantes do Valadouro en Cuba, 2008 en 00/00/2008Este edificio foi inaugurado en 1933 grazas ás remesas enviadas pola sociedade Hijos del Valle de Oro en La Habana, tal como figura en grandes letras na súa fachada en lembranza do seu labor a prol da educación dos nenos e nenas desta parroquia lucense. Esta sociedade habaneira foi fundada en 1907 co obxectivo prioritario de axudar moral e materialmente a súa terra natal a alcanzar prosperidade a través da educación coa creación de escolas. Ademais desta escola, contribúen na construción de varios edificios escolares nas parroquias de Bacoi, Vilacampa, O Cadramón e Moucide.
|
| 2008-00-00 | A escola de Magazos, unha das moitas escolas financiadas pola sociedade habaneira Vivero y su Comarca, 2008 |
Ver
Transcripción da A escola de Magazos, unha das moitas escolas financiadas pola sociedade habaneira Vivero y su Comarca, 2008 en 00/00/2008Unha sociedade de emigrantes que destaca polo elevado número de centros educativos creados na súa terra natal é a Ilustrísima Sociedad de Vivero y su Comarca na Habana. Este título de honra concedeullo o Goberno de España en 1919, ademais da Cruz de Beneficencia de primeira clase.
|
| 2008-00-00 | Escola do Canteiro, Barreiros, 1906 |
Ver
Transcripción da Escola do Canteiro, Barreiros, 1906 en 00/00/2008A escola do Canteiro funcionou no pasado como centro de ensino primario e como local de reunión do sindicato agrario. Foi fundada en 1906 e promovida por unha sociedade instrutiva de emigrantes procedentes, na súa maioría, da parroquia de San Pedro de Benquerencia e denominada Centro de Benquerencia, Sociedad de Instrucción y Recreo, con sede na Habana.
|
| 2008-00-00 | Escola de San Román de Vilaestrofe, no concello de Cervo, 2008 |
Ver
Transcripción da Escola de San Román de Vilaestrofe, no concello de Cervo, 2008 en 00/00/2008Esta escola debe a súa existencia ao labor filantrópico do indiano Manuel Candia (Cervo 1850-1930), natural de San Román de Vilaestrofe e que fixo fortuna na Arxentina. Retornou en 1889 e mandou construír esta escola para educar os nenos e nenas da parroquia; ademais das aulas, contaba tamén con vivenda para o profesorado. A súa inauguración data de 1913. Nesta vistosa edificación destaca a fachada principal, cunha escalinata de acceso, moitos elementos decorativos xeométricos nas numerosas fiestras e un frontón curvo con reloxo. Nunha das placas conmemorativas de mármore pódese ler: «Los vecinos de esta parroquia, al filántropo Don Manuel Candia. Año 1913». Nun acto de homenaxe a Manuel Candia ondearon as bandeiras da Arxentina e de Galicia. A el asistiron a corporación municipal, mestres, médicos, párrocos, gardas civís, ademais dos veciños da parroquia de Vilaestrofe e das de Viveiro e Xove, e ofreceuse un banquete para un centenar de comensais nunha das aulas do grupo escolar.
|
| 2008-00-00 | Retrato de Fernando Blanco de Lema, o filántropo de Cee |
Ver
Transcripción da Retrato de Fernando Blanco de Lema, o filántropo de Cee en 00/00/2008Poucos retratos se coñecen deste indiano e todos foron feitos despois da súa morte. En 1880 os testamenteiros encárganlle a Federico Madrazo, un dos máis grandes pintores retratistas do século XIX, a realización de varios retratos do filántropo. Para a súa execución envían unha fotografía súa dende Cuba.
|
| 2009-00-00 | A casa-escola de Estorde (Cee) rehabilitada, 2009 |
Ver
Transcripción da A casa-escola de Estorde (Cee) rehabilitada, 2009 en 00/00/2009A elección de Estorde para construír a escola vén precedida de polémica, pois desde a corporación preferíase outra localización. A doazón de 1000 pesos e da madeira necesaria para a súa construción por parte de Marcial González, directivo da ABC e natural desta aldea, fixo que a sociedade optase por este lugar. A escola inaugurouse en 1931 e na fachada principal aínda se conserva unha placa de mármore na que podemos ler «ESCUELA MARCIAL GONZÁLEZ, Nº 4 DE LA "ABC DEL PARTIDO DE CORCUBIÓN" DE BUENOS AIRES». Funcionou como aula de primaria ata os anos 80, cando a falta de alumnado provocou o seu peche. En 2006, o Concello de Cee promoveu a súa rehabilitación e a do seu recinto.
|
| 2019-00-00 | Acto de homenaxe á ABC del Partido de Corcubión na escola de Suarriba, en Fisterra, 2019 |
Ver
Transcripción da Acto de homenaxe á ABC del Partido de Corcubión na escola de Suarriba, en Fisterra, 2019 en 00/00/2019O meritorio labor do Concello de Fisterra pola rehabilitación da casa-escola de Suarriba, construída en 1930, viuse coroado por un acto de recoñecemento á entidade arxentina coa recuperación e colocación da antiga placa de mármore que tiña a escola e que se perdera. Así, agora na fachada principal do antigo centro educativo podemos ler, como outrora, «“ESCUELA JUAN DÍAZ FERNÁNDEZ”, Nº 3, DE LA “ABC DEL PARTIDO DE CORCUBIÓN” DE BUENOS AIRES».
|


