Temática: A pegada indiana na Mariña lucense [16]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
A Torre dos Moreno, edificio singular de obrigada visita, Ribadeo, ca. 1915 |
Ver
Transcripción da A Torre dos Moreno, edificio singular de obrigada visita, Ribadeo, ca. 1915Este palacete modernista, considerado como a obra arquitectónica cosmopolita máis destacada de Ribadeo, non falta en ningunha guía turística de Galicia. Foi promovido cara a 1915 polos irmáns Pedro María e Juan Moreno Ulloa, naturais da vila de Ribadeo e emigrantes de éxito na Arxentina. Dedicábanse á explotación do campo en terras da Pampa e coméntase que fundaron un poboado con moeda propia, utilizado fundamentalmente como residencia dos traballadores contratados por eles.
|
|
A perenne pegada de Pedro Murias (Santalla da Devesa, 1840 - A Habana, 1906) na Devesa |
Ver
Transcripción da A perenne pegada de Pedro Murias (Santalla da Devesa, 1840 - A Habana, 1906) na DevesaComo xa destacamos no especial de Historias de ida e volta dedicado á figura de Pedro Murias, este indiano devesán non só destacou por formar parte da elite empresarial da illa de Cuba, senón tamén polo legado que deixou na súa terra. Destinou parte da súa riqueza á creación dun centro de ensino pioneiro, co claro obxectivo de achegar o adianto agrícola a toda a comunidade de orixe. A escola levaría o seu nome: Escola Agrícola Pedro Murias. Este indiano foi unha das figuras máis representativas no mundo da manufactura tabaqueira e destinou parte do seu capital hereditario á construción da dita escola, como consta detalladamente no testamento outorgado o 22 de maio de 1892. Nel manifestou que estaba «deseoso del mayor adelantamiento agrícola de mi patria».
|
|
Carmen Iravedra, mestra da escola de Burela coas súas alumnas, ca. 1950 |
Ver
Transcripción da Carmen Iravedra, mestra da escola de Burela coas súas alumnas, ca. 1950Non só de Cuba chegaron as remesas para construír escolas na Mariña luguesa. Tamén os mariñaos residentes na Arxentina enviaron cartos para fomentar e promover a educación e a cultura nos seus veciños e veciñas. Ademais dalgúns persoeiros que contribuíron a crear e dotar centros educativos e dos que xa falamos, a sociedade Centro Hijos del Partido de Vivero en Buenos Aires, creada en 1908, tivo un destacado papel neste eido. Grazas ao seu labor a prol da educación e a cultura da comarca construíronse as escolas de Burela, Xove e Cervo; neste último concello tamén axudou na edificación do Grupo Escolar José M. Fernández Montenegro, na localidade de San Cibrao. Por todo isto o Goberno español outorgoulle a Gran Cruz de Beneficencia.
|
|
Carlos Couto Pulido e a súa Villa Modesta, 1911 |
Ver
Transcripción da Carlos Couto Pulido e a súa Villa Modesta, 1911Carlos Couto Pulido, natural de San Xoán de Vilaronte (Foz), estivo emigrado na illa de Cuba, da que volta a principios do século XX. En 1903 casa con Modesta Couto Samaniego, filla do seu irmán Francisco Lois, que era un adiñeirado tabaqueiro na Habana. A cerimonia celébrase tras o seu retorno a Galicia, na parroquia de San Martiño de Mondoñedo. Non se sabe moito sobre a vida deste indiano focego. O matrimonio tivo dous fillos, Carmen e Ramón. Fontes oficiais mostran que foi suplente do xuíz e do fiscal no primeiro terzo do século XX (en 1915 e 1920), o que demostra que a súa formación académica se orientou cara á rama das ciencias xurídicas. Carlos faleceu en Foz o 25 de novembro de 1932. Nesta imaxe presentamos esta fermosa vivenda, que obedece ao perfil de casas indianas da zona da Mariña lucense. Foi coñecida como Villa Modesta, o que nos fai pensar que a súa construción se realizou en honor á súa muller.
|
|
Mercado municipal de Ribadeo, outra obra de filantropía indiana |
Ver
Transcripción da Mercado municipal de Ribadeo, outra obra de filantropía indianaRamón González Fernández (Ribadeo, 1856 - O Porriño, 1925) foi outro indiano ribadense que destacou pola súa obra filantrópica e que, neste caso, non só favoreceu o seu lugar de orixe senón tamén o outro extremo de Galicia, concretamente o concello do Porriño, onde se asentou definitivamente tras o retorno da súa aventura migratoria na Arxentina (1899), país onde alcanzou o enriquecemento económico e persoal.
|
|
| 1912-00-00 | Jesús Rodríguez Murias e a escola de Rinlo, Ribadeo, 1912 |
Ver
Transcripción da Jesús Rodríguez Murias e a escola de Rinlo, Ribadeo, 1912 en 00/00/1912O ribadense Jesús Rodríguez Murias emigrou moi novo a Cuba, onde conseguiu facer fortuna ao dedicarse ao negocio do tabaco na illa. Foi un dos promotores e benfeitores da sociedade Unión Rinlega da Habana. Como lles acontecía ás veces a moitos emigrantes tras o seu retorno á terra natal, Jesús caeu enfermo e faleceu en 1909. O seu legado debía ir destinado á realización de obras benéficas e educativas, como a construción dun edificio escolar en Rinlo. O testamento que deixa dá conta dos seus desexos de contribuír ao benestar da súa comunidade de orixe, concretamente dos máis pequenos e desvalidos, os nenos e nenas da súa parroquia. A escola será cedida á sociedade habaneira Unión Rinlega para o seu mantemento económico. As rendas xeradas polo seu patrimonio tamén serviron para o mantemento do hospital de Ribadeo, así como para os habitantes máis pobres da vila.
|
| 1920-11-30 | Recinto escolar do Círculo Habanero de La Devesa, Ribadeo |
Ver
Transcripción da Recinto escolar do Círculo Habanero de La Devesa, Ribadeo en 30/11/1920O 3 de xullo de 1921 constitúese a asociación Círculo Habanero, Comisión Administrativa de La Devesa, na parroquia de Santalla da Devesa (Ribadeo). Entre os seus fins estaba: «Administrar dicho círculo bajo los dos puntos que abraza —instrucción y recreo— debiendo dedicar su mayor atención al funcionamiento de las escuelas con sujección al reglamanto que para su régimen formula y aprueba la Junta Directiva». Este acordo aparece reflectido no regulamento xeral da Sociedad de Instrucción y Recreo Círculo de La Devesa, fundada en 1911 e domiciliada na Habana, baixo a presidencia de José Acevedo Martínez.
|
| 1927-00-00 | Escola de Xove, 1927 |
Ver
Transcripción da Escola de Xove, 1927 en 00/00/1927A constitución de sociedades étnicas na emigración galega en América está intimamente ligada á idea de proliferación de escolas repartidas por toda a xeografía de Galicia. Co corpo alí e a mente aquí, moitos galegos e galegas vivían pensando na mellora e prosperidade dos familiares e veciños que quedaban nos lugares de orixe. Aínda que non se trata dunha pegada estritamente «indiana» no sentido de filantropía «particular», podemos amosar tamén a pegada colectiva que deixou a colectividade de emigrantes nas súas zonas de procedencia, froito dun traballo en equipo. Moitas veces, lonxe de grandes fortunas pero con grande esforzo e sacrificio, lograban os case os mesmos resultados que calquera indiano de gran renome.
|
| 1931-00-00 | Inauguración do grupo escolar José María Fernández Montenegro, Cervo, 1931 |
Ver
Transcripción da Inauguración do grupo escolar José María Fernández Montenegro, Cervo, 1931 en 00/00/1931José María Fernández Montenegro naceu en 1860 nunha parroquia do concello de Cervo chamada Lieiro. Sendo moi novo escolleu o camiño da emigración cara á Arxentina, país onde conseguiu alcanzar un notable éxito económico. O legado deste indiano foi de 60 000 pesetas, que foron destinadas á construción do edificio para albergar o grupo escolar que leva o seu nome, na súa parroquia de orixe. Este legado materializouno a súa viúva, Manuela Goñi Maíste.
|
| 2008-00-00 | A escola de Adelán en Alfoz, un dos exemplos do proxecto educativo dos emigrantes do Valadouro en Cuba, 2008 |
Ver
Transcripción da A escola de Adelán en Alfoz, un dos exemplos do proxecto educativo dos emigrantes do Valadouro en Cuba, 2008 en 00/00/2008Este edificio foi inaugurado en 1933 grazas ás remesas enviadas pola sociedade Hijos del Valle de Oro en La Habana, tal como figura en grandes letras na súa fachada en lembranza do seu labor a prol da educación dos nenos e nenas desta parroquia lucense. Esta sociedade habaneira foi fundada en 1907 co obxectivo prioritario de axudar moral e materialmente a súa terra natal a alcanzar prosperidade a través da educación coa creación de escolas. Ademais desta escola, contribúen na construción de varios edificios escolares nas parroquias de Bacoi, Vilacampa, O Cadramón e Moucide.
|
| 2008-00-00 | A escola de Magazos, unha das moitas escolas financiadas pola sociedade habaneira Vivero y su Comarca, 2008 |
Ver
Transcripción da A escola de Magazos, unha das moitas escolas financiadas pola sociedade habaneira Vivero y su Comarca, 2008 en 00/00/2008Unha sociedade de emigrantes que destaca polo elevado número de centros educativos creados na súa terra natal é a Ilustrísima Sociedad de Vivero y su Comarca na Habana. Este título de honra concedeullo o Goberno de España en 1919, ademais da Cruz de Beneficencia de primeira clase.
|
| 2008-00-00 | Escola do Canteiro, Barreiros, 1906 |
Ver
Transcripción da Escola do Canteiro, Barreiros, 1906 en 00/00/2008A escola do Canteiro funcionou no pasado como centro de ensino primario e como local de reunión do sindicato agrario. Foi fundada en 1906 e promovida por unha sociedade instrutiva de emigrantes procedentes, na súa maioría, da parroquia de San Pedro de Benquerencia e denominada Centro de Benquerencia, Sociedad de Instrucción y Recreo, con sede na Habana.
|
| 2008-00-00 | Escola de San Román de Vilaestrofe, no concello de Cervo, 2008 |
Ver
Transcripción da Escola de San Román de Vilaestrofe, no concello de Cervo, 2008 en 00/00/2008Esta escola debe a súa existencia ao labor filantrópico do indiano Manuel Candia (Cervo 1850-1930), natural de San Román de Vilaestrofe e que fixo fortuna na Arxentina. Retornou en 1889 e mandou construír esta escola para educar os nenos e nenas da parroquia; ademais das aulas, contaba tamén con vivenda para o profesorado. A súa inauguración data de 1913. Nesta vistosa edificación destaca a fachada principal, cunha escalinata de acceso, moitos elementos decorativos xeométricos nas numerosas fiestras e un frontón curvo con reloxo. Nunha das placas conmemorativas de mármore pódese ler: «Los vecinos de esta parroquia, al filántropo Don Manuel Candia. Año 1913». Nun acto de homenaxe a Manuel Candia ondearon as bandeiras da Arxentina e de Galicia. A el asistiron a corporación municipal, mestres, médicos, párrocos, gardas civís, ademais dos veciños da parroquia de Vilaestrofe e das de Viveiro e Xove, e ofreceuse un banquete para un centenar de comensais nunha das aulas do grupo escolar.
|
| 2011-00-00 | La Argentina, residencia do indiano José Álvarez Fernández na súa aldea natal de Vilaestrofe (Cervo), 2015 |
Ver
Transcripción da La Argentina, residencia do indiano José Álvarez Fernández na súa aldea natal de Vilaestrofe (Cervo), 2015 en 00/00/2011Pódese dicir que esta vila é o prototipo arquitectónico dunha casa indiana autóctona. O seu promotor foi un emigrante na Arxentina que acadou éxito económico e social. Emigrou a Bos Aires en 1884 e traballou nunha fábrica de tabacos, da que co tempo pasou a ser propietario. Casado cunha muller arxentina, converteuse nun home moi rico e retornou á súa aldea natal preto de 1910. Alí mandou construír unha casa grande, situada na actual estrada que une Sargadelos e San Román de Vilaestrofe. Para levar a cabo este proxecto decidiu contribuír cos seus cartos á construción desta estrada. Os seus veciños e veciñas recoñecerán cun monumento conmemorativo e unha placa o seu labor filantrópico a prol do progreso da comarca.
|
| 2022-00-00 | Colaboración emigrante nas obras públicas da comarca, o cemiterio de Xerdiz en Ourol, 2022 |
Ver
Transcripción da Colaboración emigrante nas obras públicas da comarca, o cemiterio de Xerdiz en Ourol, 2022 en 00/00/2022Este fermoso e singular cemiterio foi construído en 1908 grazas ás doazóns de moitos dos veciños da parroquia de Xerdiz residentes na illa de Cuba. Dos 110 doantes, cuxos nomes aparecen nunha placa de homenaxe que se conserva, 64 eran emigrantes na Habana e achegaron máis do 75 por cento do custo total da obra.
|
| 2022-00-00 | A Casa do Señorón, en Ourol, típica casa indiana da Mariña, 2022 |
Ver
Transcripción da A Casa do Señorón, en Ourol, típica casa indiana da Mariña, 2022 en 00/00/2022Esta casa indiana é tamén coñecida como a Casa das Palmeiras polos fermosos exemplares que a custodian e que se trouxeron expresamente de Cuba. Foi mandada construír nos anos 30 polo emigrante retornado José García Rodríguez, alcumado O Señorón, quizais pola fachenda e riqueza coa que volveu da Arxentina, país onde fixo fortuna. Con esta casa o indiano, como tantos outros, quería testemuñar a súa elevada posición económica, conseguida na emigración.
|


