Temática: Galicia onde todo retorna

Temática: Galicia onde todo retorna [2]

Data Material Ver
Data Material Ver
1940-11-16
Portada do xornal El Emigrado, financiado pola emigración, 16 de novembro de 1940
Ver

Transcripción da Portada do xornal El Emigrado, financiado pola emigración, 16 de novembro de 1940 en 16/11/1940

En Galicia percíbese unha frutífera influencia das ideas e iniciativas políticas vividas en América polos nosos emigrantes. O desenvolvemento do agrarismo e do galeguismo non se pode entender sen este influxo, así como o papel protagonista de moitos retornados na formación de sociedades obreiras e sindicatos na Galicia do momento. É tamén salientable a presenza de xornalistas e escritores vinculados coa emigración na publicación dos xornais editados polas forzas progresistas da nosa terra.
Neste contexto podemos citar a publicación de El Emigrado, que tivo unha gran repercusión na zona estradense e que puido editarse grazas aos envíos económicos dos emigrantes desta comarca residentes en Cuba e Arxentina. Este xornal, fundado en 1920, xurdiu coa idea de facer valer os dereitos dos estradenses en Galicia pero tamén na emigración. Nas súas páxinas, ademais de informar das noticias aquí e noutra beira do Atlántico, defende as ideas agraristas e as causas dos máis desfavorecidos.


2002-00-00
Guía para emigrantes retornados: Galicia publicada pola Consellería de Emigración e Cooperación Exterior. Dirección Xeral de Emigración, 2002
Ver

Transcripción da Guía para emigrantes retornados: Galicia publicada pola Consellería de Emigración e Cooperación Exterior. Dirección Xeral de Emigración, 2002 en 00/00/2002

En resposta ás principais interrogantes que aparecen cando se fan plans de retorno á terra, publicáronse estas guías de orientación práctica, funcionando como ferramentas informativas moi útiles, sobre todo ante a necesidade de realizar trámites que requiren una folla de ruta para conseguir aquela documentación imprescindible para un retorno efectivo. Deste xeito, distintas consellarías, así como a Delegación do Goberno en Galicia, participaron na elaboración de guías coma esta. Entre os contidos delas pódese atopar información sobre: obtención de documentos persoais como o DNI, certificado de nacemento, pasaporte, execución da baixa consular, homologación de títulos, permiso de traballo, acceso ao sistema de ensino en Galicia, axudas para a vivenda, asistencia sanitaria, formación ocupacional, obradoiros de emprego, pensións asistenciais por ancianidade, subsidios de desemprego etc. Na actualidade a función destas guías impresas en papel é complementada con toda a información que facilmente poden atopar os emigrantes na web Galicia Aberta, da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, así como nas súas redes sociais.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Lapa, Manuel RodriguesPiñeiro, RamónGuisado, Alfredo PedroLorenzo Vázquez, RamónDapena, FranciscoCabanas, ConstantinoMartinez, Jose MariaMichel Esclusa, EnriqueCarballo Calero, RicardoCruces Pemán, ÁngelArnoso Garote, AntonioCabo Fernández, PedroLopez Paramo, Jose LuisMazoy Dorrego, RamonMolezun, RamonGarcía González, ConstantinoPiel, Joseph M.Prada, RodolfoPérez Maldonado, MarcosMoure-Mariño, Fernández del Riego, FranciscoGonzález-Pardo, MillánCrestar, AntónMateo, SeséCunqueiro, ÁlvaroRisco, VicenteCagide, SeverinoNeira Vilas, XoséPena, RosarioSantiago, SilviaPenzol, FermínMeilán Martínez, ManuelRico Verea, ManuelMenéndez-Valdés, Pérez Froiz, SalvadorCaetano, MarcelloRodrigues, JoséAlonso Ríos, AntónPaz-Andrade, ValentínGarcía-Sabell, DomingoShimada, NaomiSeárez, José Antonio deMartínez López, RamónRodríguez Fernández, José LuisRegueira, Xosé LuísGubern, RomanHerculano, AlexandreBlanco Torres, RobertoAnaya Santos, GonzaloDobao, Antón Temáticas: Colección: Manuel Rodrigues Lapa con Ramón PiñeiroFondo: Ramón Piñeiro na Fundación PenzolFondos de Radio Nacional de España en Galicialinguamedios de comunicaciónliteraturadivulgación científicaGalegovídeoProxectorcomunicación audiovisual e xornalismoUniversitarioÁlbum de GaliciapolíticaemigraciónsociedadeaeroportosestradasinfraestruturasmigraciónsHistorias de ida e voltaGalicia onde todo retornaSecundarioIrmandades da FalahomenaxesradiobiografíaculturaentrevistacinefísicaInformación e comunicaciónredes sociaisastronomía e astrofísicaO Universo: unha fascinación en continua expansiónxornalismoAutonomía de GaliciaUn embaixador da lingua portuguesa en Galicia: Valentín Paz-Andradeliberdade de prensaMulleresviolenciapolítica institucionalacción políticaeducaciónsaúdePortuguéspsicoloxía e ciencias do comportamentoAs dúas caras do estrés: compaña saudable ou estado daniñohistoriaprensa escrita

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0