Temática: agricultura

Temática: agricultura [8]

Data Material Ver
Data Material Ver
1964-11-16
Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1964
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa:]

Transcripción da Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1964 en 16/11/1964

Magdalena, 16.11.1964


Sr. D. Valentín Paz-Andrade
Vigo


Querido Valentín:

Recibín a túa do 16 cte., que agradezo, e tomo nota de canto en ela me dis.
A urxencia que pregaba para o enfoque do plan ise referido a Galiza, vén de unha síntesis que se percisa sobre ise tema coma contribuzón a un traballo xeral que se está faguendo ahí, en Europa, e dista vegada se pretende que Galiza non siga dando razón do seu silenzo. A parte, eiquí, faríase un folletiño. Ao primeiro non podo sacarlle a presa e haberá de faguerse o que se poda cos materiaes que se atopen. Pra que non fose literatura de afeizoado é polo que pedín a túa autoría. Estou de acordo en todo canto dis menos en aceutar «algún tempo e moita pacencia».
Direiche meu pensamento pra que lle fagas unha crítica ou te bulres dil. Soio pretendo empuxar a empuxóns.
Teño á vista, coido, todo o feito por ti encol do problema. No ano 63 contemplabas xa o plan e denunciabas a postrazón do seutor agrario, que dende entón agravouse, aumentando as áreas incultas e o éxodo, con todas-las lacras intermedias.
O plan no foi precedido de un educacional de primeiro ensiño. No terreo agrario fíxose o Plan Coruña, que non eisistiu xamais. Ten soio o nome. Fíxose algo de concentrazón parcelaria, no mellor dos casos cun incremento da productividade da terra do 20%. Sabido. Non embargantes, os inxenieiros concentradores fican desolados. Non falemos do ensiño primario que vai de mal en peor mentres no se impoña a escola bilingüe teunicamente urxente para «entender» as imaxes primarias. (Lee o artigo de L. Casanovas de fai poucos días no Progreso). A escola primaria que ten que ir acompañada da posibilidade económica do labrego pra ceibar do traballo ós nenos, polo que a educación e a elevación económica do campo teñen de ir xuntas.
Os polos en Vigo e na Cruña onde había de si un desenrolo eispontáneo, deixan o resto da rexión, o mais indixente, á mercede aleatoria da claúsula quinta da aición concertada. Ten moito de espectacular e de colocazón dun nome dunha cousa que xa se estaba facendo, procedemento non excepcional nos derradeiros lustros, senón típico. Din que os proxeutistas puñan os polos pola banda de Monforte, mais din as malas linguas que houbo intervencións todopoderosas que, temendo o fracaso, fixeron suxestión de que se puxeran onde están, xa que sempre quedaría coma defensa o fondo eisistente. Sendo a verdade que onde están profundizan máis a distancia que xa eisistía entre as dúas vilas e o resto de Galicia, xa cunha cuase descriminazón racial entre vilegos e aldeáns que até falan distinto idioma.

O enfoque, a resposta, a tal artificio (non sería elegante acusar sen propor algo) coido que debería ser pedir a formulazón dun plan, ou das bases de un plan de escola primaria, orientada máis ben ó rústico (pro sen descriminazón coa da vila) e outra formulazón dun plan agrario, e que se discuta. Fuche ti quen leva dito dende fai moito tempo que nistes dous aspeutos é nos que hai que traballar para sacar a Galicia do seu círculo vicioso, e o desenrolo industrial ha de servir a isto e non á inversa. Logo de pór uns labregos en seitores de terra rentable, o resto terá de absorberse en industria, ou alternar a actividade levando a industria perto dos seitores agrarios, equilibrio máis humán. As concentracións industriaes son máis propias de final-principio de século, e hoxe son soio concentracións de probremas, e cementerios cheirentos de intrascendencia humán.
Gallástegui fixo e dixo canto pudo sober do probrema. Non pudo decir pubricamente que o campo galego percisa toda unha revolución. Daba pena velo, coñecedor do probrema, atado de pes e mans. Non é un probrema de laboratorio ou de economista operando dende o sistema económico causante do mal. Hai que subvertir o statu quo que mantén a enfermedade e faguer unha reforma agraria a fondo, planificada, dirixida, que abrangue dende a axuda do Estado pra adequerir o resto das terras, coma fixeron en outras rexións, até a subvención da produción coma se vén faguendo co trigo e derradeiramente con outros produtos que, dende logo, non se cultivan en Galiza. Hai que barrer vellos liberalismos que feden, anti-humáns e anti-cristiáns.
Ti dis ben que cos embalses comprimiuse a área dos prados sen que a transferencia repercutise en benefizo non xa da xente labrega, sequera de Galiza. Falla un estudio socio-económico que determiñara a positividade da transformazón que se lle está dando ó Riveiro. Repoboando montes baixos do común sen que se reverta a renda directamente nos labregos que denantes os disfroitaban, se lles está tamén perxudicando. ¿Qué outro camiño tiña isto de conducir a nosa xente carón a fuxida non ben tivesen saída barata? Todo semella coma se se fixera adrede.
Entre as cousas que se poden faguer está o informar isto e non somente en libros de outo porte científico, tamén en breviarios sinópticos para que tomen concencia as propias vítimas, que tarde ou cedo a van a tomar e poderían siñalar noso silenzo ou nosa parsimonia. O froito está madurecido. Calisquer día os mesmos elementos evolucionados do réxime o desprenden.
Para calcular a magnitude da reforma que tería que faguerse en conxunto sería ben coñecer un dato dises que xamais fan figurar os bancos nos seus estudios económicos; extensións de terra traballada por labregos que non son propietarios de ela, ou viceversa, terra que non traballan seus donos, coma sexa máis fácil. ¿Que posibilidade habería de acadar isto? Tamén interesaban datos sobre a emigrazón nos derradeiros catro anos. Postos de traballo que representan os polos e pesetas a invertir por cada posto. Tipos de industrias, etc. E cantos datos contribuíran a avalar a realidade.
Iste é o meu pensamento e prégote unha crítica todo o violenta que te propoñas, na seguranza de que será ben recibida. Miña ademirazón pola calidade do que levas feito por Galiza non podería facerme doutro xeito.
Agardo pois túas novas. Unha forte aperta do teu sempre amigo.

Isaac


1964-12-31
Carta de Paz Andrade a Díaz Pardo. 1964
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:]

Transcripción da Carta de Paz Andrade a Díaz Pardo. 1964 en 31/12/1964

Vigo, 31 de Diciembre de 1964


Sr.D. Isaac Díaz Pardo
Cerámica Celtia S.A.
Magdalena F.N.G.R.
República Argentina


Querido Isaac:

A tua carta do 16, compre meditala moito. Eu ben quixera ter tempo para dar desenvolvemento a-os puntos que tocas. Doume conta de que os enfoques tradicionaes sobre o problema socio-económico da nosa terra, teñen feito sua camada nos espritos, mais coido que non darán remedio aos nosos males.
O plan promulgado pol-o goberno, aínda con dous polos de desenvolvimento industrial, fará máis agudo aínda o disparexo contraste do agro e da vila, da masa rural empobrecida, e de duas ou tres concentracións urbáns que medran en volume moito máis que en formación cultural. Coido que o erro fundamental está no medo que ten o poder central aos plans de desenvolvimento rexional, único camiño pra que a prostración das zonas deprimidas acabara, e puderan ir reflotando ao nivel das mais adiantadas.
Non se decideu dar a estrutura rexionalizadora ao plan, penso que por non instituír unha autoridade económica ao frente de cada demarcación. Esa autoridade podería ser o xerme de un poder autónomo, ao menos no orde material, e unha experiencia así dirixida, non cabe nos miolos dos planificadores centralistas.
Si veño loitando pol-a creación do Banco Rexional do Fomento é porque coido ter concencia de que todos os demais camiños estean pechados. Si creamos en Galicia un poder económico, fortemente dotado de capacidade, tanto como de técnica e cartos, gobernado por un pensamento dinámico e autenticamente galego, teremos dado o paso fundamental. Toda obra política descansa hoxe na actividade d-un órgao económico. Si non contamos con el facemos unha casa sin cimentos.
A revolución no campo galego, que poida dar asento definitivo aos homes nados xa con vocación de emigrar, non se fai suprimindo o minifundio ou aumentando as áreas de reforestación. Hai xente demais a vivir dela. Hai unha morada rural inhumán pra acobillar xente e facenda. Hai incultura literaria e técnica, pra obter rendimento dunha terra impropiamente explotada, que dá millo, centeo, ou patacas, nos surcos que deberan reservarse pra especies moito máis selectas e valorizadas. Xa te darás conta de que unha materia tan complexa e deturpada por vellos erros, non pode ser abordada no marco dunha epístola.
A emigración ultramariña vén decrecendo, mais pra Europa aumenta moito. No ano 1962, pasaron o Pirineo os seguintes traballadores galegos:

Da Cruña 2571
De Lugo 950
De Pontevedra 2989
De Ourense 4990

Non hai estadísticas de 1963, mais é certo que superará con moito estas cifras. O pensamento de Gallástegui era posibilista, encaixado no seu tempo. Era d-un home de cencia, non dun político nin de un economista. Pra nós é un bo punto de partida, mais é preciso forxar unha doctrina moito mais completa, profunda e enriquecida das esencias da hora que vivimos.
Todo o esforzo debe conxugarse cara a metas conqueribles, non a utopías precipitadas. Teño tanto anceio de voar co pensamento e dar solta ao sentimento como calquera de nós. Mais quero ser home do meu tempo, loitar con fórmulas facedeiras aínda que non teñan feitío de tanta pureza como certas posicións sacralizadas.
Con esta disposición estou totalmente á tua, sempre que as miñas forzas respondan.
Supoño que Seoane terá recibido nestos días unha carta miña. Dille axiña pra sua tranquilidade que a licencia de importación está concedida e remitida en tempo a Monfort. Coido que hoxe quedaría resolto o despacho.
A Pepe Núñez penso tamén escribirlle. Sei que Beamonte atópase en Madrid, mais eu non puiden velo aínda. Con Álvaro tuvo varios contactos.
Pilar, Alfonso i-eu facemos os mellores votos pol-a tua fortuna no Ano Novo, desexando que sea doce e medrado, coa máis forte aperta do teu sempre incondicioal,

Valentín


1987-01-01
RETRANSMISION DE UNA MESA REDONDA DEL INSTITUTO NACIONAL DE ESTADISTICA SOBRE EXPLOTACIONES AGRARIAS EN GALICIA
1987-01-01
RETRANSMISION DE UNA MESA REDONDA DEL INSTITUTO NACIONAL DE ESTADISTICA SOBRE EXPLOTACIONES AGRARIAS EN GALICIA
1987-01-01
RETRANSMISION DE UNA MESA REDONDA DEL INSTITUTO NACIONAL DE ESTADISTICA SOBRE EXPLOTACIONES AGRARIAS EN GALICIA
1987-01-01
RETRANSMISION DE UNA MESA REDONDA DEL INSTITUTO NACIONAL DE ESTADISTICA SOBRE EXPLOTACIONES AGRARIAS EN GALICIA
1987-12-31
DISCURSO DE FERNANDO GONZALEZ LAXE CON MOTIVO DEL FIN DE AÑO DE 1987
1988-05-15
DISCURSO DE FERNANDO GONZALEZ LAXE EN EL V CONGRESO DEL PARTIDO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA
TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Blanco Santiago, CarlosCabanas, ConstantinoPaz-Andrade, ValentínGonzález Laxe, FernandoGarcia Labandeira, Xosé LuísPita, LuisCañas, PilarDíaz Pardo, IsaacGallástegui, CruzBlanco Campaña, Xose LuísRónai Pal, PauloCagide, SeverinoPeña, Marina de laRodriguez Mantiñan, Jose PabloFernández Albor, GerardoFraga, ManuelDrummond, CarlosSanz, JoseBenegas, Jose Maria “Txiki”Santiso Blanco, Jorge AntonioRemesal, AgustinAranda, JoseEscamilla, Miguel AngelPiqueras, PedroCouce Doce, AlfonsoGonzález, FlorPosada, CarlosCaramés Viéitez, LuísBermudez Gomez, Rosa MariaBuarque de Holanda Ferreira, AurélioAlmeida, ArturoVillot, José MaríaBonet Diez, BegoñaQuintanilla, XaimeLago Pita, PabloBenedetti, MarioAmor Deus, ManuelGómez, José LuisSantamarina Conde, Xose ManuelCancio, MiguelNuñez, VictorinoEscuris Reinoso, ManuelMartinez, JesusSalgado, FernandoCaballero, AbelGarcía López, AntonioMasian, Jose LuisBermudez Couso, ManuelGarcía Negro, María do CarmeCarballo Calero, Ricardo Temáticas: Fondos de Radio Nacional de España en Galiciapolíticaentrevistaindustriasindicalismoreconversión navalsocioloxía Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoalagriculturapescaliteraturaColección: Valentín Paz Andrade con Isaac Díaz PardoUnión Europeaartesasuntos particularesColección: Paulo Rónai con Paz-AndradeemigracióntraballoestatísticaculturasucesoshistoriaEstatuto de Autonomía de Galicia. 1981Parlamento de GaliciaGalegovídeoProxectorUniversitarioMar de histórias: antologia do conto mundialgandería galegamigraciónsparodemocraciasocialismoeducaciónpolítica internacionalmoción de censurabancadiñeiroterrorismoidiomasdeporteshostelaríaocioturismoconsumoliteratura do s. XXSudaméricaEconomía. Dereito. Políticaciencias económicas e empresariais

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0