Temática: O indiano Pedro Murias e o seu legado na Devesa

Temática: O indiano Pedro Murias e o seu legado na Devesa [2]

Data Material Ver
Data Material Ver
«Dios dote á Vuelta Abajo de algunos Pedros Murias»
Ver

Transcripción da «Dios dote á Vuelta Abajo de algunos Pedros Murias»

O 23 de xuño de 1817 decretouse o desestanco do tabaco en Cuba, a liberación do cultivo, manufactura e comercialización do produto. Este acontecemento propiciou a focalización do negocio do tabaco como mobilizador de grandes capitais. A expansión do cultivo da planta acelerouse na rexión occidental da illa, que alcanzou gran popularidade e foi coñecida co nome de “Vuelta Abajo”. O tabaco de Vuelta Abajo non tiña rival no mundo pola súa calidade. Comezaron a proliferar as manufacturas polo centro e leste do país.
A marca de Pedro Murias en tabaco e cigarros estendía a súa sona por Europa e tamén entre certos círculos estadounidenses. O seu consumo elevouse en 1890 a un número aproximado de 6 000 000 de tabacos, distribuídos nunha clasificación de vinte bitolas. Pedro Murias coñecía moi ben o complexas que eran as faenas do agricultor nas veigas, ata poder poñer o tabaco en condicións de elaboración. A tenza das veigas era una garantía da calidade do produto. Posuía miles de hectáreas co fin de consolidar os predios para os seus florecentes negocios de exportación. Non só se limitou á produción dun variado número de produtos, ademais do tabaco, senón que foi un promotor importantísimo do progreso da zona, sobre todo do termo municipal de Mantua, para beneficio dos seus poboadores.


«Velo para crelo»: o coñecemento práctico do que produce a terra
Ver

Transcripción da «Velo para crelo»: o coñecemento práctico do que produce a terra

A aplicación práctica dos coñecementos teóricos era unha premisa ou base para conseguir a aprendizaxe efectiva do alumnado da Escola Agrícola Pedro Murias. O plan de estudos, previamente establecido, contemplaba materias como Análise e Prácticas Agrícolas, Xeoloxía e Mineraloxía Agrícola ou Agrimensura e Nivelación. Materias como Álxebra, Debuxo, Física e Química ou Historia Natural non escapaban do currículo e eran impartidas sempre en relación coa agricultura e gandaría. Porén, o plan de estudos sufriu numerosas modificacións desde que comezou a funcionar a escola agrícola como tal, en 1928. O certo é que as decisións tomadas pola xunta de patróns, encargada de materializar o proxecto do indiano devesán, non foron acatadas con rigor. A idea da creación e posta en marcha do centro sobranceiro que o indiano devesán tiña en mente quedou esvaída por diversas circunstancias.
Para ter un mellor coñecemento sobre a evolución de todo o proceso de funcionamento deste centro de formación agrícola recomendamos consultar a obra de Ana Cabana (2006): Pedro Murias, tabaqueiro na Habana, indiano na Devesa.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Pérez Alberti, Augusto;  González, Flor;  Cabanas, Constantino;  Blanco Santiago, Carlos;  Bermudez Gomez, Rosa Maria;  Santiso Blanco, Jorge Antonio;  Aranda, Jose;  Rico Verea, Manuel;  Posada, Carlos;  Peña, Marina de la;  Fraga Iribarne, Manuel;  Díaz Pardo, Isaac;  Morate, Asuncion;  Fernandez Prieto, Aurelio;  Puga, Xose Manuel;  Paz-Andrade, Valentín;  Martinez Precide, Eduardo;  Tena, José Luis de;  Cañas, Pilar;  Pita, Luis;  Alvarez “Caius Apicius”, Cristino;  Gallego, Elena;  Gallástegui, Cruz;  García Negro, María do Carme;  Lopez Paramo, Celio;  Fernández Vidueira, Nieves;  Salgado Pérez, Ramon;  Pontón, Ana;  Posada Gonzalez, Jose Domingo;  González Laxe, Fernando;  Entrerrios, Miguel;  Martinez Epifanio, Isabel;  Rodriguez Gamallo, Jesus;  Ginzo, Horencio;  Garcia Añoveros, Jesus Maria;  Beneitez, Julian;  Dominguez, Soledad;  Baltar, Jose Luis;  Garcia Alvarez, Rodolfo;  Diaz De Vivar, Gustavo;  Mella, Ramon;  Llano Cabado, Pedro de;  Villares, Xose;  Sanz Garcia, Gregorio;  Oliveras, Alberto;  Vazquez Garcia, Benito;  Garrido, Claudio;  Bermudez Gomez, Maria Rosa;  Lorenzo, Pastor;  Rodriguez “Cholas”, Vicente;  Temáticas: Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  etnografía;  entrevista;  economía;  xeografía;  viticultura;  tradición;  emigración;  política;  gandaría;  estatística;  música;  folclore;  Historias de ida e volta;  Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal;  Colección: Valentín Paz Andrade con Isaac Díaz Pardo;  migracións;  incendios forestais;  tabaco;  educación;  enoloxía;  gastronomía;  viño;  vídeo;  Economía. Dereito. Política;  Proxector;  antropoloxía social;  O indiano Pedro Murias e o seu legado na Devesa;  vendimia;  adhesión á Unión Europea;  Serra de Queixa (Ourense);  pastoreo;  ámbito rural;  xeoloxía;  clima;  aceite;  olivos;  Terras do Sil;  Río Sil;  arquitectura;  flora;  Terras de Muras;  América Latina;  artesanía;  industria;  Casón [buque];  pesca;  historia;  igrexa;  relixión; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0