Temática: Historias de ida e volta [3]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
O millo como marca americana nos cultivos de Galicia |
Ver
Transcripción da O millo como marca americana nos cultivos de GaliciaComa no resto de Europa, o sistema de alimentación e a paisaxe agraria galega víronse transformados pola introdución do millo, cereal procedente de América. Segundo o Boletín de la Real Academia de Historia de 1953, este último chegou a Europa en 1604. Existen varias teorías e numerosos estudos que nos falan sobre os pioneiros en traer o dito cereal a Galicia, as zonas onde se plantou por primeira vez e o primeiro uso que se fixo del. Nesta ocasión non imos deternos na súa historia pero queremos lembrar que tras a súa chegada non tivo boa acollida social. Utilizábase para o consumo dos animais. Co paso do tempo pasou a ser consumido por aquelas familias que non tiñan centeo para facer o pan. Marcábase así certo status social en función do tipo de pan que se consumía nos fogares galegos. Na actualidade esa connotación social negativa desapareceu e simplemente é unha cuestión de gustos. O certo é que Galicia cultiva o 75% de todo o millo forraxeiro español. A gandaría galega produtora de leite sustenta a súa alimentación a base deste gran como fonte de enerxía necesaria para a produción.
|
|
«Dios dote á Vuelta Abajo de algunos Pedros Murias» |
Ver
Transcripción da «Dios dote á Vuelta Abajo de algunos Pedros Murias»O 23 de xuño de 1817 decretouse o desestanco do tabaco en Cuba, a liberación do cultivo, manufactura e comercialización do produto. Este acontecemento propiciou a focalización do negocio do tabaco como mobilizador de grandes capitais. A expansión do cultivo da planta acelerouse na rexión occidental da illa, que alcanzou gran popularidade e foi coñecida co nome de “Vuelta Abajo”. O tabaco de Vuelta Abajo non tiña rival no mundo pola súa calidade. Comezaron a proliferar as manufacturas polo centro e leste do país.
|
|
«Velo para crelo»: o coñecemento práctico do que produce a terra |
Ver
Transcripción da «Velo para crelo»: o coñecemento práctico do que produce a terraA aplicación práctica dos coñecementos teóricos era unha premisa ou base para conseguir a aprendizaxe efectiva do alumnado da Escola Agrícola Pedro Murias. O plan de estudos, previamente establecido, contemplaba materias como Análise e Prácticas Agrícolas, Xeoloxía e Mineraloxía Agrícola ou Agrimensura e Nivelación. Materias como Álxebra, Debuxo, Física e Química ou Historia Natural non escapaban do currículo e eran impartidas sempre en relación coa agricultura e gandaría. Porén, o plan de estudos sufriu numerosas modificacións desde que comezou a funcionar a escola agrícola como tal, en 1928. O certo é que as decisións tomadas pola xunta de patróns, encargada de materializar o proxecto do indiano devesán, non foron acatadas con rigor. A idea da creación e posta en marcha do centro sobranceiro que o indiano devesán tiña en mente quedou esvaída por diversas circunstancias.
|


