Temática: emigración

Temática: emigración [4]

Data Material Ver
Data Material Ver
«Velo para crelo»: o coñecemento práctico do que produce a terra
Ver

Transcripción da «Velo para crelo»: o coñecemento práctico do que produce a terra

A aplicación práctica dos coñecementos teóricos era unha premisa ou base para conseguir a aprendizaxe efectiva do alumnado da Escola Agrícola Pedro Murias. O plan de estudos, previamente establecido, contemplaba materias como Análise e Prácticas Agrícolas, Xeoloxía e Mineraloxía Agrícola ou Agrimensura e Nivelación. Materias como Álxebra, Debuxo, Física e Química ou Historia Natural non escapaban do currículo e eran impartidas sempre en relación coa agricultura e gandaría. Porén, o plan de estudos sufriu numerosas modificacións desde que comezou a funcionar a escola agrícola como tal, en 1928. O certo é que as decisións tomadas pola xunta de patróns, encargada de materializar o proxecto do indiano devesán, non foron acatadas con rigor. A idea da creación e posta en marcha do centro sobranceiro que o indiano devesán tiña en mente quedou esvaída por diversas circunstancias.
Para ter un mellor coñecemento sobre a evolución de todo o proceso de funcionamento deste centro de formación agrícola recomendamos consultar a obra de Ana Cabana (2006): Pedro Murias, tabaqueiro na Habana, indiano na Devesa.


1964-12-31
Carta de Paz Andrade a Díaz Pardo. 1964
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:]

Transcripción da Carta de Paz Andrade a Díaz Pardo. 1964 en 31/12/1964

Vigo, 31 de Diciembre de 1964


Sr.D. Isaac Díaz Pardo
Cerámica Celtia S.A.
Magdalena F.N.G.R.
República Argentina


Querido Isaac:

A tua carta do 16, compre meditala moito. Eu ben quixera ter tempo para dar desenvolvemento a-os puntos que tocas. Doume conta de que os enfoques tradicionaes sobre o problema socio-económico da nosa terra, teñen feito sua camada nos espritos, mais coido que non darán remedio aos nosos males.
O plan promulgado pol-o goberno, aínda con dous polos de desenvolvimento industrial, fará máis agudo aínda o disparexo contraste do agro e da vila, da masa rural empobrecida, e de duas ou tres concentracións urbáns que medran en volume moito máis que en formación cultural. Coido que o erro fundamental está no medo que ten o poder central aos plans de desenvolvimento rexional, único camiño pra que a prostración das zonas deprimidas acabara, e puderan ir reflotando ao nivel das mais adiantadas.
Non se decideu dar a estrutura rexionalizadora ao plan, penso que por non instituír unha autoridade económica ao frente de cada demarcación. Esa autoridade podería ser o xerme de un poder autónomo, ao menos no orde material, e unha experiencia así dirixida, non cabe nos miolos dos planificadores centralistas.
Si veño loitando pol-a creación do Banco Rexional do Fomento é porque coido ter concencia de que todos os demais camiños estean pechados. Si creamos en Galicia un poder económico, fortemente dotado de capacidade, tanto como de técnica e cartos, gobernado por un pensamento dinámico e autenticamente galego, teremos dado o paso fundamental. Toda obra política descansa hoxe na actividade d-un órgao económico. Si non contamos con el facemos unha casa sin cimentos.
A revolución no campo galego, que poida dar asento definitivo aos homes nados xa con vocación de emigrar, non se fai suprimindo o minifundio ou aumentando as áreas de reforestación. Hai xente demais a vivir dela. Hai unha morada rural inhumán pra acobillar xente e facenda. Hai incultura literaria e técnica, pra obter rendimento dunha terra impropiamente explotada, que dá millo, centeo, ou patacas, nos surcos que deberan reservarse pra especies moito máis selectas e valorizadas. Xa te darás conta de que unha materia tan complexa e deturpada por vellos erros, non pode ser abordada no marco dunha epístola.
A emigración ultramariña vén decrecendo, mais pra Europa aumenta moito. No ano 1962, pasaron o Pirineo os seguintes traballadores galegos:

Da Cruña 2571
De Lugo 950
De Pontevedra 2989
De Ourense 4990

Non hai estadísticas de 1963, mais é certo que superará con moito estas cifras. O pensamento de Gallástegui era posibilista, encaixado no seu tempo. Era d-un home de cencia, non dun político nin de un economista. Pra nós é un bo punto de partida, mais é preciso forxar unha doctrina moito mais completa, profunda e enriquecida das esencias da hora que vivimos.
Todo o esforzo debe conxugarse cara a metas conqueribles, non a utopías precipitadas. Teño tanto anceio de voar co pensamento e dar solta ao sentimento como calquera de nós. Mais quero ser home do meu tempo, loitar con fórmulas facedeiras aínda que non teñan feitío de tanta pureza como certas posicións sacralizadas.
Con esta disposición estou totalmente á tua, sempre que as miñas forzas respondan.
Supoño que Seoane terá recibido nestos días unha carta miña. Dille axiña pra sua tranquilidade que a licencia de importación está concedida e remitida en tempo a Monfort. Coido que hoxe quedaría resolto o despacho.
A Pepe Núñez penso tamén escribirlle. Sei que Beamonte atópase en Madrid, mais eu non puiden velo aínda. Con Álvaro tuvo varios contactos.
Pilar, Alfonso i-eu facemos os mellores votos pol-a tua fortuna no Ano Novo, desexando que sea doce e medrado, coa máis forte aperta do teu sempre incondicioal,

Valentín


1986-04-17
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO XXVIII: AGRICULTURA E POBOACION
1987-12-31
DISCURSO DE FERNANDO GONZALEZ LAXE CON MOTIVO DEL FIN DE AÑO DE 1987
TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Pérez Alberti, AugustoGonzález, FlorCabanas, ConstantinoBlanco Santiago, CarlosRico Verea, ManuelPosada, CarlosBermudez Gomez, Rosa MariaSantiso Blanco, Jorge AntonioAranda, JoseGallástegui, CruzGarcía Negro, María do CarmeLopez Paramo, CelioFernández Vidueira, NievesSalgado Pérez, RamonPontón, AnaPosada Gonzalez, Jose DomingoGonzález Laxe, FernandoPeña, Marina de laFraga, ManuelDíaz Pardo, IsaacMorate, AsuncionFernandez Prieto, AurelioPuga, Xose ManuelPaz-Andrade, ValentínMartinez Precide, EduardoTena, José Luis deCañas, PilarPita, LuisAlvarez “Caius Apicius”, CristinoGallego, ElenaLago Pita, PabloCortizo, GonzaloMoratinos, Miguel AngelFolgueira Portela, MariñaHermida, JorgeGomez Salgado, CarlosSeoane, LuísViéitez, ErnestoAguado, EvaRey, FlorenciVillares, RamónTrías Rovira, Francisco de PaulaIglesias Agricola, ManuelMarcos, Jose AntonioOrtiz, LuisGarrido Valenzuela, FernandoFidalgo, ModestoCastro Martin, JoseBarbeito Herrera, ManuelDelgado, Francisco Temáticas: Fondos de Radio Nacional de España en GaliciaetnografíaentrevistaeconomíaxeografíaviticulturatradiciónemigraciónpolíticagandaríaestatísticamúsicafolcloreHistorias de ida e volta Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoalColección: Valentín Paz Andrade con Isaac Díaz Pardomigraciónsincendios forestaistabacoeducaciónenoloxíagastronomíaviñovídeoEconomía. Dereito. PolíticaProxectorantropoloxía socialO indiano Pedro Murias e o seu legado na Devesavendimiaadhesión á Unión EuropeaSerra de Queixa (Ourense)pastoreoámbito ruralxeoloxíaclimaaceiteolivosTerras do SilRío SilarquitecturafloraTerras de MurasAmérica LatinaartesaníaindustriaCasón [buque]pescahistoriaigrexarelixión

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0