Temática: O indiano Pedro Murias e o seu legado na Devesa

Temática: O indiano Pedro Murias e o seu legado na Devesa [2]

Data Material Ver
Data Material Ver
«O tabaqueiro bo é un artista», ca. 1890
Ver

Transcripción da «O tabaqueiro bo é un artista», ca. 1890

Resulta de todos coñecida a sona mundial e o rol desenvolvido pola industria tabaqueira na illa de Cuba no século XIX. Á altura de 1890, na Habana había 100 fábricas que se dedicaban á manufactura do tabaco e 24 á construción de caixóns de cedro, onde eran colocadas as bitolas. Todo ese traballo corría a cargo duns 10 000 obreiros, pois non había outro medio de manufactura que as mans destes. Os adiantos extraordinarios da mecánica quedaban reservados para a fabricación específica de cigarros.
Na zona urbana fabril por excelencia, en pleno centro da Habana, Pedro Murias chegou a ocupar o seu propio espazo, que non pasaría desapercibido aos ollos de camiñantes e compradores do seu xénero, tan distinguido na época. En 1886 adquiriu o terreo sobre o que construiría 2263 metros cadrados do precioso edificio en que instalou dúas fábricas da súa propiedade: La Meridiana e Pedro Murias.


«Dios dote á Vuelta Abajo de algunos Pedros Murias»
Ver

Transcripción da «Dios dote á Vuelta Abajo de algunos Pedros Murias»

O 23 de xuño de 1817 decretouse o desestanco do tabaco en Cuba, a liberación do cultivo, manufactura e comercialización do produto. Este acontecemento propiciou a focalización do negocio do tabaco como mobilizador de grandes capitais. A expansión do cultivo da planta acelerouse na rexión occidental da illa, que alcanzou gran popularidade e foi coñecida co nome de “Vuelta Abajo”. O tabaco de Vuelta Abajo non tiña rival no mundo pola súa calidade. Comezaron a proliferar as manufacturas polo centro e leste do país.
A marca de Pedro Murias en tabaco e cigarros estendía a súa sona por Europa e tamén entre certos círculos estadounidenses. O seu consumo elevouse en 1890 a un número aproximado de 6 000 000 de tabacos, distribuídos nunha clasificación de vinte bitolas. Pedro Murias coñecía moi ben o complexas que eran as faenas do agricultor nas veigas, ata poder poñer o tabaco en condicións de elaboración. A tenza das veigas era una garantía da calidade do produto. Posuía miles de hectáreas co fin de consolidar os predios para os seus florecentes negocios de exportación. Non só se limitou á produción dun variado número de produtos, ademais do tabaco, senón que foi un promotor importantísimo do progreso da zona, sobre todo do termo municipal de Mantua, para beneficio dos seus poboadores.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Garcia Labandeira, Xosé Luís;  Pita, Luis;  Cabanas, Constantino;  Amor Deus, Manuel;  Perez, Angel;  Blanco Santiago, Carlos;  Garcia, Narciso;  Maron, Carmen;  Aja Mariño, César;  Otero, Marcelo;  González Laxe, Fernando;  Acuña Rúa, Fernando;  Vila, Juan;  Debén, María;  Fernandez Castro, Carlos;  Lopez Gonzalez, Jesus;  Liste, Ana;  Rodríguez, Francisco;  Miguelez, Rosa;  Fernández Albor, Gerardo;  Mera, Manuel;  Hermida, Modesto;  Cambrón Infante, Ascensión;  Soto, Manuel;  Pérez Alberti, Augusto;  González Mariñas, Pablo;  Carlos Ramirez, Luis;  Peral, Daniel;  Casanova, Xepe;  Sanchez Vidal, Agustin;  Geisman, Raul;  Solana, Javier;  Malvido, Miguel;  Alonso, Raquel;  Benegas, Jose Maria “Txiki”;  Soto Alvariño, Elena;  Cruz, Rafael de la;  Regalado, Antonio;  Carbonell, Pedro;  Golpe Gomez, Manuel;  Villacorta, Francisco;  Xoán Carlos I de España, ;  Martinez Vilanova, Joaquin;  Zabala, Blanca;  Herrera, Juan Ignacio;  Carlos Rodriguez, Xan;  Escamilla, Miguel Angel;  Riaño, Jose Antonio;  Manglano, Blanca;  Pérez García, José Manuel;  Temáticas: Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  industria;  sindicalismo;  folga;  Casón [buque];  toxicidade;  entrevista;  Historias de ida e volta;  política;  emigrantes;  economía;  socioloxía;  Ares en Cuba: unha emigración mariñeira;  navegación;  Hermod [buque];  Parlamento de Galicia;  moción de censura;  feminismo;  Galego;  Portugués;  vídeo;  Proxector;  ciencias económicas e empresariais;  organización de empresas, recursos humanos e prevención de riscos;  Secundario;  Universitario;  O indiano Pedro Murias e o seu legado na Devesa;  emigración;  xeografía;  paro;  hostelaría;  A Mariña luguesa;  sucesos;  drogas;  Eleccións presidenciais. EEUU, 1988;  sanidade;  síndrome da colza;  dereito;  Mercado Común;  Unión Europea;  sinistralidade laboral;  historia;  cine;  ensino;  colonialismo;  seguridade laboral;  saúde;  medicina humana;  empresas;  agricultura; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0