Temática: Historias de ida e volta

Temática: Historias de ida e volta [8]

Data Material Ver
Data Material Ver
«O tabaqueiro bo é un artista», ca. 1890
Ver

Transcripción da «O tabaqueiro bo é un artista», ca. 1890

Resulta de todos coñecida a sona mundial e o rol desenvolvido pola industria tabaqueira na illa de Cuba no século XIX. Á altura de 1890, na Habana había 100 fábricas que se dedicaban á manufactura do tabaco e 24 á construción de caixóns de cedro, onde eran colocadas as bitolas. Todo ese traballo corría a cargo duns 10 000 obreiros, pois non había outro medio de manufactura que as mans destes. Os adiantos extraordinarios da mecánica quedaban reservados para a fabricación específica de cigarros.
Na zona urbana fabril por excelencia, en pleno centro da Habana, Pedro Murias chegou a ocupar o seu propio espazo, que non pasaría desapercibido aos ollos de camiñantes e compradores do seu xénero, tan distinguido na época. En 1886 adquiriu o terreo sobre o que construiría 2263 metros cadrados do precioso edificio en que instalou dúas fábricas da súa propiedade: La Meridiana e Pedro Murias.


«Dios dote á Vuelta Abajo de algunos Pedros Murias»
Ver

Transcripción da «Dios dote á Vuelta Abajo de algunos Pedros Murias»

O 23 de xuño de 1817 decretouse o desestanco do tabaco en Cuba, a liberación do cultivo, manufactura e comercialización do produto. Este acontecemento propiciou a focalización do negocio do tabaco como mobilizador de grandes capitais. A expansión do cultivo da planta acelerouse na rexión occidental da illa, que alcanzou gran popularidade e foi coñecida co nome de “Vuelta Abajo”. O tabaco de Vuelta Abajo non tiña rival no mundo pola súa calidade. Comezaron a proliferar as manufacturas polo centro e leste do país.
A marca de Pedro Murias en tabaco e cigarros estendía a súa sona por Europa e tamén entre certos círculos estadounidenses. O seu consumo elevouse en 1890 a un número aproximado de 6 000 000 de tabacos, distribuídos nunha clasificación de vinte bitolas. Pedro Murias coñecía moi ben o complexas que eran as faenas do agricultor nas veigas, ata poder poñer o tabaco en condicións de elaboración. A tenza das veigas era una garantía da calidade do produto. Posuía miles de hectáreas co fin de consolidar os predios para os seus florecentes negocios de exportación. Non só se limitou á produción dun variado número de produtos, ademais do tabaco, senón que foi un promotor importantísimo do progreso da zona, sobre todo do termo municipal de Mantua, para beneficio dos seus poboadores.


Guadaños que cruzan a badía da Habana
Ver

Transcripción da Guadaños que cruzan a badía da Habana

Entre a multitude de voces e usos peculiares da illa de Cuba atópase un termo moi vencellado coa emigración galega procedente de Ares. A palabra é guadaño, así definida no Diccionario provincial de voces cubanas (Esteban Pichardo y Tapia, 1836): «Bote pequeño con carroza, de que se usa en el trafico de algunos puertos de la isla, principalmente en el de la Habana, donde es mas comun y general la palabra».
Moitos dos chamados guadañeros ou tamén boteros eran mariñeiros aresáns que conducían esas pequenas embarcacións de remo e velas con teito semicircular. Transportaban pasaxeiros e mercancías dun lado a outro da badía da Habana. Os embarcadoiros da capital eran os de Regla, Casa Blanca e A Habana, que, ao mesmo tempo, marcaban o traxecto de navegación.
O historiador Ernesto López Naveiras foi descubridor das reviravoltas deste oficio exercido por moitos redenses na illa de Cuba.


Unha xornada de lecer: dependentes aresáns da ferraxería Casteleiro, Vizoso y Cía., ca. 1920
Ver

Transcripción da Unha xornada de lecer: dependentes aresáns da ferraxería Casteleiro, Vizoso y Cía., ca. 1920

Coa prosperidade do negocio, Segundo Casteleiro e Gaspar Vizoso, os seus propietarios, contrataron mozos da súa comarca natal, ben da súa familia ou ben fillos de veciños da súa máxima confianza. Ao chegar á Habana, estes rapaces instalábanse no magnífico edificio sede da ferraxería. A empresa, cunha política de axuda mutua e promoción dos seus empregados, encargábase de inscribilos no Centro Galego para que tivesen atención sanitaria e educativa e, dependendo da súa capacidade e interese, ocupábase da súa educación nas horas libres, con clases de idiomas, contabilidade… e mesmo cursos de formación comercial no estranxeiro.
Na fotografía aparecen retratados Ángel Bello Amado, Bernardo Bello Vizoso e Bienvenido Bello Amado (sentado), todos naturais de Redes, e mais Gaspar Calvo Vizoso, de Franza (Mugardos). Estes mozos traballaban e gozaban do seu tempo libre xuntos. Todos tiveron unha longa vida laboral na empresa, na que escalaron postos de responsabilidade: desde auxiliares de tenda ascendían a dependentes e, se demostraban iniciativa e valían, pasaban a ser encargados e delegados das tendas creadas por toda a illa ou a ocupar postos na administración e oficinas. Algúns incluso acabaron formando parte da empresa, como Gaspar Calvo Vizoso, quen chegou a ser xerente. Coa formación e experiencia na ferraxería outros independizáronse e lograron ser propietarios do seu propio negocio.


Ángel Bello Amado, natural de Redes, traballando na delegación da Ferraxería Casteleiro, Vizoso y Cía. en Ciego de Ávila, ca. 1915
Ver

Transcripción da Ángel Bello Amado, natural de Redes, traballando na delegación da Ferraxería Casteleiro, Vizoso y Cía. en Ciego de Ávila, ca. 1915

Esta ferraxería axiña se converteu nun negocio florecente grazas ao crecente desenvolvemento da economía cubana de principios de século. Cuba era unha potencia exportadora de azucre e tabaco e precisaba modernizar as instalacións das explotacións, ademais das vías de comunicación por todo o territorio. A bonanza económica provocou que as vendas se disparasen e a compañía de venda de materiais e maquinaria agrícola e naval creou delegacións por toda a illa, con pequenos almacéns preto dos puntos onde se xeraba a demanda de material ferraxeiro.
Na fotografía vemos a Ángel Bello Amado, empregado da ferraxería que foi trasladado da Habana a un almacén da empresa en Ciego de Ávila, preto dun enxeño azucreiro que demandaba os seus produtos. Nese vehículo trasladábase para ofertar os materiais nas mellores condicións e prezos e así evitar a competencia.


De emigrante común a distinguido letrado da cidade de Bos Aires
Ver

Transcripción da De emigrante común a distinguido letrado da cidade de Bos Aires

Gumersindo Busto chegou a América en plena adolescencia, con todos os cambios físicos e cognitivos inherentes a esa etapa da vida. Como a moitos rapaces da época que embarcaron cara a América, tocoulle madurar dun xeito case repentino e acelerado. A súa interpretación da contorna social foi rápida, e integrouse ao mundo laboral a unha idade temperá. Desenvolveu oficios pouco comúns, tendo en conta as características da maioría dos emigrantes galegos da época. En Bos Aires, no seu segundo e definitivo destino migratorio, Gumersindo Busto exerceu o notariado como rexente do Rexistro de Contratos nº 125 e chegou a ser docente no Instituto de Aspirantes ao Notariado. No quefacer diario da súa profesión, o seu despacho destacaba polo impecable manexo de xestións referidas a contratos civís e comerciais, préstamos hipotecarios, tramitacións testamentarias e administración de propiedades.


1909-00-00
Payday ou día de cobro dos silver roll men (Isthmian Canal Commission), ca. 1909
Ver

Transcripción da Payday ou día de cobro dos silver roll men (Isthmian Canal Commission), ca. 1909 en 00/00/1909

A importación, categorización e ordenación espacial dos traballadores constituíu un dos primeiros pasos do procedemento norteamericano, xunto ás medidas urxentes de saúde pública destinadas á erradicación, principalmente, da malaria e da febre amarela. Os norteamericanos adoptaron un sistema de distribución da forza laboral con claras connotacións de segregación racial. Para os traballos denominados de “pico e pa” utilizaban traballadores importados de distintas nacionalidades. Neste caso, a dita segregación aparecía enmascarada polo pretexto da variada procedencia dos obreiros, con costumes e linguas diferentes, ambos posibles factores capaces de entorpecer o ritmo rápido e fluído que tiña que reinar ao pé de obra. A categorización da forza de traballo configurouse basicamente da maneira seguinte: os traballadores adscritos á categoría de gold roll e os adscritos ao silver roll. Esta clasificación baseábase no sistema de pagamento salarial (en ouro ou prata) que implantara Estados Unidos para o proxecto da canle de Panamá.
Por unha banda estaban os empregados do gold roll, que eran estadounidenses brancos (médicos, enfermeiros, patólogos, asistentes de laboratorio, químicos, farmacéuticos, enxeñeiros, operarios de distintas especialidades etc.). En definitiva, tratábase de ocupacións que requirían distintos graos de cualificación. Percibían o seu salario en ouro norteamericano e a súa xornada laboral era de oito horas, con dereito a seis semanas de vacacións.
Por outra banda atopábanse os traballadores da categoría silver roll, que farían maioritariamente traballos de “pico e pa” (pick and spade). Nesta categoría entraban os obreiros europeos e antillanos, que eran os unskilled laborers ou obreiros non cualificados. Cobraban un salario en prata panameña e tiñan xornadas de dez horas. Esta última condición ía variando en función da nacionalidade dos obreiros. Os galegos percibían o seu salario en moeda de ouro.
Nesta imaxe vemos como acoden os traballadores do silver roll aos vagóns en que se repartían os salarios, o payday.


1910-00-00
Traballadores galegos na construción, Edison Portland Cement Co., Nova York, 1910
Ver

Transcripción da Traballadores galegos na construción, Edison Portland Cement Co., Nova York, 1910 en 00/00/1910

Thomas A. Edison foi unha peza clave na transformación das concepcións da enxeñaría e mecánica da construción civil, e un dos inventores máis importantes e prolíficos dos Estados Unidos. En 1908 inventou as casas prefabricadas e mellorou o cemento, promovendo o seu uso. En 1899 fundou a coñecida como Edison Portland Cement Company. Nesta empresa participou un grupo de emigrantes galegos, tal como ilustra a imaxe, que dá conta dos seus inicios como traballadores no sector da construción. Descoñecemos se estes obreiros participaron nas campañas de sindicalización, tal como facían os inmigrantes mexicanos que traballaban en Chicago na industria do xeo.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Garcia Labandeira, Xosé LuísAmor Deus, ManuelPerez, AngelBlanco Santiago, CarlosPita, LuisCabanas, ConstantinoRodríguez, FranciscoMiguelez, RosaFernández Albor, GerardoMera, ManuelHermida, ModestoCambrón Infante, AscensiónSoto, ManuelGarcia, NarcisoMaron, CarmenAja Mariño, CésarOtero, MarceloGonzález Laxe, FernandoAcuña Rúa, FernandoVila, JuanDebén, MaríaFernandez, CarlosLopez Gonzalez, JesusListe, AnaGonzález, FlorCoello, MaginPiqueras, PedroAbad Becquer, FernandoLosada, AntónSuarez Cortina, ManuelCastro, ManuelMarin, EmilioTrillo, Jose AntonioPena, LoisHernandez Sandoica, ElenaCagide, SeverinoDiez, GonzaloRemesal, AgustinDiez, JavierHierro, JoséDonnelly, SarahSesto, Jose LuisOreja Aguirre, MarcelinoMartinez, JesusMainer, Jose CarlosAdrover, JesusGarcia Sanchez, Jose LuisRivera, LorenzoOjeda, FranciscoHostos, Eugenio María de Temáticas: Fondos de Radio Nacional de España en GaliciaindustriasindicalismofolgaCasón [buque]toxicidadeentrevistaHistorias de ida e voltapolíticaemigranteseconomíasocioloxíaAres en Cuba: unha emigración mariñeiranavegaciónHermod [buque]Parlamento de Galiciamoción de censurafeminismoGalegoPortuguésvídeoProxectorciencias económicas e empresariaisorganización de empresas, recursos humanos e prevención de riscosSecundarioUniversitarioO indiano Pedro Murias e o seu legado na DevesaemigraciónxeografíaparohostelaríaA Mariña luguesasucesosdrogasEleccións presidenciais. EEUU, 1988sanidadesíndrome da colzadereitoMercado ComúnUnión Europeasinistralidade laboralhistoriacineensinocolonialismoseguridade laboralsaúdemedicina humanaempresasagricultura

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0