Temática: Ares en Cuba: unha emigración mariñeira

Temática: Ares en Cuba: unha emigración mariñeira [3]

Data Material Ver
Data Material Ver
Guadaños que cruzan a badía da Habana
Ver

Transcripción da Guadaños que cruzan a badía da Habana

Entre a multitude de voces e usos peculiares da illa de Cuba atópase un termo moi vencellado coa emigración galega procedente de Ares. A palabra é guadaño, así definida no Diccionario provincial de voces cubanas (Esteban Pichardo y Tapia, 1836): «Bote pequeño con carroza, de que se usa en el trafico de algunos puertos de la isla, principalmente en el de la Habana, donde es mas comun y general la palabra».
Moitos dos chamados guadañeros ou tamén boteros eran mariñeiros aresáns que conducían esas pequenas embarcacións de remo e velas con teito semicircular. Transportaban pasaxeiros e mercancías dun lado a outro da badía da Habana. Os embarcadoiros da capital eran os de Regla, Casa Blanca e A Habana, que, ao mesmo tempo, marcaban o traxecto de navegación.
O historiador Ernesto López Naveiras foi descubridor das reviravoltas deste oficio exercido por moitos redenses na illa de Cuba.


Unha xornada de lecer: dependentes aresáns da ferraxería Casteleiro, Vizoso y Cía., ca. 1920
Ver

Transcripción da Unha xornada de lecer: dependentes aresáns da ferraxería Casteleiro, Vizoso y Cía., ca. 1920

Coa prosperidade do negocio, Segundo Casteleiro e Gaspar Vizoso, os seus propietarios, contrataron mozos da súa comarca natal, ben da súa familia ou ben fillos de veciños da súa máxima confianza. Ao chegar á Habana, estes rapaces instalábanse no magnífico edificio sede da ferraxería. A empresa, cunha política de axuda mutua e promoción dos seus empregados, encargábase de inscribilos no Centro Galego para que tivesen atención sanitaria e educativa e, dependendo da súa capacidade e interese, ocupábase da súa educación nas horas libres, con clases de idiomas, contabilidade… e mesmo cursos de formación comercial no estranxeiro.
Na fotografía aparecen retratados Ángel Bello Amado, Bernardo Bello Vizoso e Bienvenido Bello Amado (sentado), todos naturais de Redes, e mais Gaspar Calvo Vizoso, de Franza (Mugardos). Estes mozos traballaban e gozaban do seu tempo libre xuntos. Todos tiveron unha longa vida laboral na empresa, na que escalaron postos de responsabilidade: desde auxiliares de tenda ascendían a dependentes e, se demostraban iniciativa e valían, pasaban a ser encargados e delegados das tendas creadas por toda a illa ou a ocupar postos na administración e oficinas. Algúns incluso acabaron formando parte da empresa, como Gaspar Calvo Vizoso, quen chegou a ser xerente. Coa formación e experiencia na ferraxería outros independizáronse e lograron ser propietarios do seu propio negocio.


Ángel Bello Amado, natural de Redes, traballando na delegación da Ferraxería Casteleiro, Vizoso y Cía. en Ciego de Ávila, ca. 1915
Ver

Transcripción da Ángel Bello Amado, natural de Redes, traballando na delegación da Ferraxería Casteleiro, Vizoso y Cía. en Ciego de Ávila, ca. 1915

Esta ferraxería axiña se converteu nun negocio florecente grazas ao crecente desenvolvemento da economía cubana de principios de século. Cuba era unha potencia exportadora de azucre e tabaco e precisaba modernizar as instalacións das explotacións, ademais das vías de comunicación por todo o territorio. A bonanza económica provocou que as vendas se disparasen e a compañía de venda de materiais e maquinaria agrícola e naval creou delegacións por toda a illa, con pequenos almacéns preto dos puntos onde se xeraba a demanda de material ferraxeiro.
Na fotografía vemos a Ángel Bello Amado, empregado da ferraxería que foi trasladado da Habana a un almacén da empresa en Ciego de Ávila, preto dun enxeño azucreiro que demandaba os seus produtos. Nese vehículo trasladábase para ofertar os materiais nas mellores condicións e prezos e así evitar a competencia.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Garcia Labandeira, Xosé LuísCabanas, ConstantinoAmor Deus, ManuelPerez, AngelBlanco Santiago, CarlosPita, LuisGarcia, NarcisoMaron, CarmenAja Mariño, CésarOtero, MarceloGonzález Laxe, FernandoAcuña Rúa, FernandoVila, JuanDebén, MaríaFernandez, CarlosLopez Gonzalez, JesusListe, AnaRodríguez, FranciscoMiguelez, RosaFernández Albor, GerardoMera, ManuelHermida, ModestoCambrón Infante, AscensiónSoto, ManuelGeisman, RaulSolana, JavierMalvido, MiguelAlonso, RaquelBenegas, Jose Maria “Txiki”Soto Alvariño, ElenaCruz, Rafael de laRegalado, AntonioCarbonell, PedroGolpe Gomez, ManuelVillacorta, FranciscoXoán Carlos I de España, Martinez Vilanova, JoaquinZabala, BlancaHerrera, Juan IgnacioCarlos Rodriguez, XanEscamilla, Miguel AngelRiaño, Jose AntonioManglano, BlancaPérez García, José ManuelWhillans, AshleyAzkarraga, JosebaMayor Zaragoza, FedericoMuñoz, InmaculadaGarcia, Jose AngelRodriguez, Apolinar Temáticas: Fondos de Radio Nacional de España en GaliciaindustriasindicalismofolgaCasón [buque]toxicidadeentrevistaHistorias de ida e voltapolíticaemigranteseconomíasocioloxíaAres en Cuba: unha emigración mariñeiranavegaciónHermod [buque]Parlamento de Galiciamoción de censurafeminismoGalegoPortuguésvídeoProxectorciencias económicas e empresariaisorganización de empresas, recursos humanos e prevención de riscosSecundarioUniversitarioO indiano Pedro Murias e o seu legado na DevesaemigraciónxeografíaparohostelaríaA Mariña luguesasucesosdrogasEleccións presidenciais. EEUU, 1988sanidadesíndrome da colzadereitoMercado ComúnUnión Europeasinistralidade laboralhistoriacineensinocolonialismoseguridade laboralsaúdemedicina humanaempresasagricultura

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0