Temática: Historias de ida e volta [2]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
| 1922-00-00 | Galicia Sporting Club, Nova York, 1926 |
Ver
Transcripción da Galicia Sporting Club, Nova York, 1926 en 00/00/1922Este equipo deportivo formado, na súa maioría, por xogadores galegos radicados en Nova York era moi popular. Foron campións da Liga Hispano-Americana de Nova York e conquistaron a copa Ever-Last en 1926. Neste último torneo interviñeron 65 clubs e era un dos máis prezados que se disputaban na metrópole neoiorquina. O «Galicia», como era coñecido entre a colectividade, acadou gran relevancia entre a numerosa cantidade de participantes. Na imaxe poden observarse os membros do equipo galego posando cos trofeos conseguidos.
|
| 1956-06-13 | Representación deportiva de Xuventude de Galicia, 13 de xuño de 1956, Campo da Aliança, Campolide, Lisboa |
Ver
Transcripción da Representación deportiva de Xuventude de Galicia, 13 de xuño de 1956, Campo da Aliança, Campolide, Lisboa en 13/06/1956Esta fotografía foi tomada un día moi sinalado para os mozos galegos residentes en Lisboa. Trátase do primeiro partido oficial do Deportivo Juventud de Galicia, equipo de fútbol representante da asociación Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa. Festexaban o día de santo Antón e entre as actividades programadas atopábase o partido de fútbol contra o equipo do Instituto Espanhol de Lisboa para disputar a Taça Juventud de Galicia.
|


