Temática: O galeguismo en América

Temática: O galeguismo en América [3]

Data Material Ver
Data Material Ver
1916-11-14
A Nosa Terra: Idearium das Hirmandade da Fala en Galicia e nas colonias gallegas d’América e Portugal, 1916
Ver

Transcripción da A Nosa Terra: Idearium das Hirmandade da Fala en Galicia e nas colonias gallegas d’América e Portugal, 1916 en 14/11/1916

As Irmandades da Fala foi unha organización de capital importancia na vida política, social e cultural de Galicia, coa que emerxeu o nacionalismo galego. Con ela asumiuse por primeira vez o monolingüismo en lingua galega. A primeira Irmandade da Fala aparece na Coruña o 18 de maio de 1916. Un dos seus fundadores foi o xornalista, escritor e político viveirés Antón Villar Ponte (1881-1936), quen desenvolveu a súa intensa actividade tanto en Cuba como en Galicia. Foi un dos creadores da conciencia social nacionalista, autor de Nacionalismo gallego. Nuestra afirmación regional, obra publicada na Coruña no ano 1916.
O autor manifesta abertamente a súa reivindicación da lingua: «Sen a nosa lingua morreremos como pobo, e nada significaremos endexamais na cultura universal».
A actividade das Irmandades da Fala mantense entre 1916 e 1931, ano da creación do Partido Galeguista, formado por un grupo sólido de intelectuais moi influentes na cultura galega: Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Manuel Viqueira, Alfonso D. Rodríguez Castelao ou Florencio López Cuevillas, entre outros. O forte e potente movemento literario fomentado polas Irmandades levou consigo o desenvolvemento dun proxecto pioneiro de planificación sociolingüística sobre o galego. Recibiu o apoio dos sectores galeguistas dentro da colectividade galega residente en América, sobre todo na Arxentina.
A Nosa Terra foi o primeiro voceiro publicado integramente en lingua galega e viu a luz o 14 de novembro de 1916 na Coruña. Tivo como directores a Antón Villar Ponte e Víctor Casas. Dentro do equipo de colaboradores estaban Ramón Cabanillas, Amado Carballo, Leandro Carré, Castelao, Álvaro Cebreiro, Ánxel Casal e Xoán Vicente Viqueira. A súa periodicidade vese afectada pola ditadura de Primo de Rivera e pasa a publicarse unha vez ao mes. No primeiro editorial maniféstase a idea dun «rexionalismo gallego, en gallego, como a nosa bandeira de redención […]. Non hai outro rexionalismo que o que se faga en gallego, e si este non xurde, non xurdirá Galicia».


1921-00-00
Cabeceira da revista Nós, voceiro da sociedade Xuntanza Nazonalista d’Habana, 1921
Ver

Transcripción da Cabeceira da revista Nós, voceiro da sociedade Xuntanza Nazonalista d’Habana, 1921 en 00/00/1921

A Xuntanza Nazonalista d’Habana foi creada o 20 de xuño de 1920 por Fuco Gómez, Andrés Rodríguez Orjales, Sinesio Fraga, Tomás Rodríguez Sabio e César Parapar Sueiras, entre outros, todos eles recoñecidos nacionalistas. Na súa declaración de intencións manifestan o obxectivo de seren un «catalizador» no proceso de galeguización das «numerosas sociedades feitas pol-os galegos do desterro, facendo que as que sosteñen escolas, den ós escolantes unha instrucción máis ampla e galeguista», para combater toda clase de prexuízos contra os galegos emigrados «por medio da súa Seución de Cultura e Fala, contestará […] todos cantos traballos sexan pubricados en xornaes e revistas onde se denigre o santo nome de Galicia e as virtudes dos galegos». O seu lema social foi «todo por Galicia e para Galicia». Axiña pasan a defender posturas máis arredistas e a reivindicar a autonomía plena para Galicia —chegan a predicar a independencia— e a instauración da lingua e da cultura galegas nas institucións; tamén avogan por realizar labores de propaganda e de acción política e incluso defenden un ideario feminista por entender que a muller en Galicia debe ter máis dereitos que os que as leis lles conceden.
Para difundir os seus ideais en 1921 publican a revista Nós como o seu órgano xornalístico. Escrita en galego, trátase dunha publicación política que informa das actividades do movemento nacionalista en Galicia e Cuba e fomenta as ideas galeguistas na illa. Tamén ten unha finalidade cultural, coa publicación de artigos sobre a literatura e a lingua galegas.


1926-06-00
A Fouce: periódico galego (Bos Aires, 1926)
Ver

Transcripción da A Fouce: periódico galego (Bos Aires, 1926) en 00/06/1926

No Bos Aires das primeiras décadas do século XX os grupos nacionalistas, formados no seo da colectividade galega, amosaban unha actividade moi dinámica que se difundía a través da prensa étnica. Tal é o caso do xornal independentista A Fouce, creado en 1926. Este foi o segundo voceiro en importancia de ideoloxía nacionalista galega, despois de A Nosa Terra.
Na primeira época desta publicación (1926) a entidade editora foi a Irmandade Nazonalista Galega de Bos Aires e na segunda (1930-1936), a Sociedade Nazonalista Pondal. O lema do voceiro explicaba sucintamente o seu ideario:
«Política? Xa falaremos. Pirmeiro percisámol-a Libertade. Calquera que sexa o teu senso político, xunguete a Nos no sagreficio pol-a sua Independenza. A lingua é base, e é a mais genial e nacional obra de arte que cada naçao cria e desenvolve. A escola nazonal galega. Eis, a laboura mais urxente. Cantai galegos o himno xigante dos pobos libres, cantai galegos a idea santa da independencia da nosa Patria (Alfredo Brañas)».
O xornal reproduce colaboracións de destacados intelectuais galeguistas e, en moitas ocasións, resulta controvertido en temas referidos ao Partido Galeguista e outros grupos afíns. No equipo de colaboradores pódese atopar a Antón Zapata García, Bieito Fernández, Camilo Cantón, Clemente López Pasarón, Francisco Lamas Barreiro, Francisco Fernández del Riego, Fuco G. Gómez, Fungueiro, Lino Pérez, Manuel Oliveira, Moisés da Presa, Ramón Villar Ponte, Ricardo Flores, Urbano Hermida, Valentín Paz-Andrade, Vicente Barros, Vicente Risco, Víctor Casas e Victoriano Taibo.
Para saber máis sobre a evolución histórica de A Fouce e o seu papel dentro do xornalismo nacionalista é recomendable consultar o estudo introdutorio realizado polo profesor Xosé M. Núñez Seixas, “A Fouce e o nacionalismo galego en Buenos Aires (1926-1936)”, como introdución á edición facsimilar de A Fouce (Vigo, Nova Galicia Edicións, 1992, vol. I).


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Murguía, ManuelGómez Román, ManuelCastelao, Isla Couto, RamiroReboiras, MonchoÁlvarez, BautistaBeiras, Xosé ManuelValcarce, RamónCastro, Rosalía deSouto, ElviraLópez Rego, Hilario LeopoldoFraga, ManuelLópez Suevos, RamónRios Paredes, Jose LuisBóveda, AlexandreRodríguez González, EladioQuiroga Suárez, JoséLamas Barreiro, ChitaTejero, AntonioBarreiro Fernández, Xosé RamónSuárez Canal, AlfredoRíos, LoisGonzález Márquez, FelipeVázquez, FranciscoSuárez, AdolfoPerez, FernandoCasal, ÁnxelTorres Carbajo, FernandoVaamonde Manteiga, SusoAndrade, MarisaBouzas Lariño, XanFernández Albor, GerardoTettamancy, FranciscoPondal, EduardoSoto Ferreiro, ManuelFranco, FranciscoPardo Bazán, EmiliaChamoso Lamas, ManuelGarcia Montes, FranciscoLopez Raimundo, GregorioGonzález Laxe, FernandoOgea Otero, JoséDiz Guedes, Juan MiguelMonge, ManuelMartínez González, XurxoMurguía de Castro, GalaOtero Pedrayo, RamónCabana, Darío XohánDiéguez, LoisBush, George Temáticas: Fondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na Transiciónacción políticaorganizaciónspolíticaAcción sindicalmovementos sociaisProcesos electoraismovemento obreiroÁlbum de Galiciaidentidade culturalAmnistíaliteraturalinguaAsociacións políticasDefensa da linguahistoriaprensa escritaensinoEstatuto de Autonomía de Galicia. 1981feminismosociedadeAsociacións culturaisarquitecturapolítica institucionalemigraciónOTANexilio galegoFondos de Radio Nacional de España en GaliciaConstitución españolaAqueles 25 de xullofranquismorevoluciónterrorismoasociaciónsmedios de comunicaciónHistorias de ida e voltaO galeguismo en AméricaMulleresNovo futuro, novos partidosA fin da ditaduraculturaentrevistaGalegoUnha nova sociedade: do poder local ao pacifismoteatroÁlbum Nósartes plásticaspinturamarisqueociencia

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0