Temática: emigración [8]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
| 1900-00-00 | Retrato de Manuel Murguía publicado en Almanaque Gallego para 1900 |
|
| 1913-06-01 | Homenaxe do Centro Galego de Bos Aires a Murguía, ao cumprir oitenta anos |
|
| 1921-00-00 | Cabeceira da revista Nós, voceiro da sociedade Xuntanza Nazonalista d’Habana, 1921 |
Ver
Transcripción da Cabeceira da revista Nós, voceiro da sociedade Xuntanza Nazonalista d’Habana, 1921 en 00/00/1921A Xuntanza Nazonalista d’Habana foi creada o 20 de xuño de 1920 por Fuco Gómez, Andrés Rodríguez Orjales, Sinesio Fraga, Tomás Rodríguez Sabio e César Parapar Sueiras, entre outros, todos eles recoñecidos nacionalistas. Na súa declaración de intencións manifestan o obxectivo de seren un «catalizador» no proceso de galeguización das «numerosas sociedades feitas pol-os galegos do desterro, facendo que as que sosteñen escolas, den ós escolantes unha instrucción máis ampla e galeguista», para combater toda clase de prexuízos contra os galegos emigrados «por medio da súa Seución de Cultura e Fala, contestará […] todos cantos traballos sexan pubricados en xornaes e revistas onde se denigre o santo nome de Galicia e as virtudes dos galegos». O seu lema social foi «todo por Galicia e para Galicia». Axiña pasan a defender posturas máis arredistas e a reivindicar a autonomía plena para Galicia —chegan a predicar a independencia— e a instauración da lingua e da cultura galegas nas institucións; tamén avogan por realizar labores de propaganda e de acción política e incluso defenden un ideario feminista por entender que a muller en Galicia debe ter máis dereitos que os que as leis lles conceden.
|
| 1923-02-18 | Portada de Eco de Galicia: revista ilustrada y de información de la colonia gallega en Cuba dedicada a Murguía. N.º 185 (18 de febreiro de 1923) |
|
| 1923-02-28 | O Boletín oficial del Centro Gallego de Bos Aires dedícalle un especial á morte de Manuel Murguía. N.º 123 (28 de 1923 febreiro), 5 |
|
| 1926-06-00 | A Fouce: periódico galego (Bos Aires, 1926) |
Ver
Transcripción da A Fouce: periódico galego (Bos Aires, 1926) en 00/06/1926No Bos Aires das primeiras décadas do século XX os grupos nacionalistas, formados no seo da colectividade galega, amosaban unha actividade moi dinámica que se difundía a través da prensa étnica. Tal é o caso do xornal independentista A Fouce, creado en 1926. Este foi o segundo voceiro en importancia de ideoloxía nacionalista galega, despois de A Nosa Terra.
|
| 1933-06-00 | Portada da Revista del Centro Gallego de Bos Aires dedicada a Manuel Murguía. N.º 246 (xuño de 1933) |
|
| 1955-00-00 | Artigo de Avelino Díaz publicado no xornal A Nosa Terra, onde defende a súa ideoloxía nacionalista. 1955 |


