Temática: Novo futuro, novos partidos

Temática: Novo futuro, novos partidos [2]

Data Material Ver
Data Material Ver
«Chamamento do BNPG con motivo do dia da patria galega»
Ver Panfleto

Transcripción da «Chamamento do BNPG con motivo do dia da patria galega»

A AN-PG asina este cartel conxuntamente coa Unión do Pobo Galego, partido comunista e nacionalista creado en 1963, en pleno franquismo, e legalizado en xullo de 1978. O cartel alude de novo o rexeitamento do deseño autonómico inicial. Reclámanse as Bases constitucionais pra participación da Nación Galega nun Pacto Federal, e de Governo Provisorio, documento asinado en 1977 por varias organizacións políticas ao redor do dereito de autodeterminación. No cartel tamén se amosa unha gran estrela vermella sobre Compostela que irradia raios a toda Galicia, nunha aposta rotunda pola capitalidade compostelá.


Panfleto para o chamamento a unha manifestación en Santiago de Compostela polo Día da Patria Galega. Entre as organizacións nacionalistas e independentistas á esquerda do Partido Socialista Galego, destacaron a Unión do Povo Galego, fundada xa nos anos 60 e actualmente integrada no Bloque Nacionalista Galego, e a ANPG, nova por aqueles anos e disolta en 1982. Igual que moitas outras organizacións independentistas europeas semellantes, mesturaron a lóxica ‘anticolonial’ propia dos anos sesenta e setenta coa loita de clases na procura dunha revolución de carácter marxista: "Galicia como colonia do Estado español". Ambos os ideais reflíctense no slogan que preside esta portada: unha autonomía “caciquil” (perspectiva de clase) e “colonial” (ollada antiimperialista), que invita a conquistar a independencia estatal ao tempo que a revolución popular.


Mitin Bloque-PSG
Ver Panfleto

Transcripción da Mitin Bloque-PSG

Cartel que anuncia un mitin da coalición establecida entre o Bloque Nacional Popular Galego (UPG e ANPG) e o Partido Socialista Galego. O artellamento dunha alternativa nacionalista de esquerdas que puidese facer fronte ás ramas galegas do PSOE e do PCE iniciárase xa nos anos 60, con escasos resultados ata a democracia. Marcada polos desacordos e as escisións, e carente da capacidade de mobilización da que dispoñían as outras organizacións, nomeadamente as de dereita, a esquerda nacionalista galega non acadou presenza significativa no Parlamento autonómico ata os anos 90.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Murguía, Manuel;  Gómez Román, Manuel;  Castelao, ;  Reboiras, Moncho;  Isla Couto, Ramiro;  Álvarez, Bautista;  Beiras, Xosé Manuel;  Souto Presedo, Elvira;  López Rego, Hilario Leopoldo;  Fraga Iribarne, Manuel;  López Suevos, Ramón;  Valcarce, Ramón;  Castro, Rosalía de;  Quiroga Suárez, José;  Lamas Barreiro, Chita;  Tejero, Antonio;  Barreiro Fernández, Xosé Ramón;  Suárez Canal, Alfredo;  Ríos, Lois;  González Márquez, Felipe;  Vázquez Vázquez, Francisco;  Suárez, Adolfo;  Rios Paredes, Jose Luis;  Bóveda, Alexandre;  Rodríguez González, Eladio;  Garcia Montes, Francisco;  Lopez Raimundo, Gregorio;  González Laxe, Fernando;  Ogea Otero, José;  Diz Guedes, Juan Miguel;  Monge, Manuel;  Martínez González, Xurxo;  Murguía de Castro, Gala;  Otero Pedrayo, Ramón;  Cabana, Darío Xohán;  Diéguez, Lois;  Bush, George;  Lamas Salgado, Farruco;  Vilas Nogueira, Jose;  Lema, Ángel de;  Carré Aldao, Uxío;  González Mariñas, Pablo;  Díaz, Avelino;  Roson, Juan Jose;  Castelar, Emilio;  Rosón, Antonio;  Bragado Rodríguez, Manuel;  Regueiro, Arturo;  Arias Curto, Antón;  Camarot Veira, Fernando;  Temáticas: Fondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na Transición;  acción política;  organizacións;  política;  Acción sindical;  movementos sociais;  Procesos electorais;  movemento obreiro;  Álbum de Galicia;  identidade cultural;  Amnistía;  literatura;  lingua;  Asociacións políticas;  Defensa da lingua;  historia;  prensa escrita;  ensino;  Estatuto de Autonomía de Galicia. 1981;  feminismo;  sociedade;  Asociacións culturais;  arquitectura;  política institucional;  emigración;  OTAN;  exilio galego;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  Constitución española;  Aqueles 25 de xullo;  franquismo;  revolución;  terrorismo;  asociacións;  medios de comunicación;  Historias de ida e volta;  O galeguismo en América;  Mulleres;  Novo futuro, novos partidos;  A fin da ditadura;  cultura;  entrevista;  Galego;  Unha nova sociedade: do poder local ao pacifismo;  teatro;  Álbum Nós;  artes plásticas;  pintura;  marisqueo;  ciencia; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0