Temática: Aqueles 25 de xullo

Temática: Aqueles 25 de xullo [4]

Data Material Ver
Data Material Ver
«25 de xulio, Dia da patria galega»
Ver

Transcripción da «25 de xulio, Dia da patria galega»

Neste panfleto de 1978 o Movemento Comunista de Galicia (MCG) casa dous idearios: por unha banda unha visión nacionalista sobre o momento político, con chamadas á "autodeterminación do pobo galego”, goberno propio e a "normalización da lingua" ou a presenza dunha bandeira co lema "Viva Galicia ceibe", lema de uso común entre o nacionalismo galego mesmo dende os anos da Segunda República. Pola outra, os grandes temas dos comunistas do momento: a amnistía e temas de carácter social coma o paro ou a emigración -nun contexto, non esquezamos de alarmante inflación e crise económica-. O MCG tamén asinara as Bases Constitucionais e mantiña un especial impulso na sua vontade de difusión social -especialmente urbán-, con órganos de expresión escrita como Galicia en loita< e Servir ó pobo.


«25 de xulio: dia da patria galega»
Ver

Transcripción da «25 de xulio: dia da patria galega»

Este cartel é representativo da retórica, símbolos e visión que tiña a esquerda nacionalista galega ante o proceso autonómico en discusión. A Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG) acababa de ser legalizada en marzo de 1978 e convocou para esa mañá do 25 de xullo unha manifestación seguida dunha "festa popular" pola tarde. Dende aquela segue a ser o esquema actual da convocatoria desa data. Na parte de atrás do panfleto, un debuxo de Castelao vinculando a autonomía aos caciques e ao sistema colonial español. Combinación de dous conceptos que trasmiten o pasado cara o presente dos setenta. Os dous paisanos conversan: "Ti estás cos de antes ou cos d'agora?: Eu estouche cos de despois".


«Chamamento do BNPG con motivo do dia da patria galega»
Ver Panfleto

Transcripción da «Chamamento do BNPG con motivo do dia da patria galega»

A AN-PG asina este cartel conxuntamente coa Unión do Pobo Galego, partido comunista e nacionalista creado en 1963, en pleno franquismo, e legalizado en xullo de 1978. O cartel alude de novo o rexeitamento do deseño autonómico inicial. Reclámanse as Bases constitucionais pra participación da Nación Galega nun Pacto Federal, e de Governo Provisorio, documento asinado en 1977 por varias organizacións políticas ao redor do dereito de autodeterminación. No cartel tamén se amosa unha gran estrela vermella sobre Compostela que irradia raios a toda Galicia, nunha aposta rotunda pola capitalidade compostelá.


Panfleto para o chamamento a unha manifestación en Santiago de Compostela polo Día da Patria Galega. Entre as organizacións nacionalistas e independentistas á esquerda do Partido Socialista Galego, destacaron a Unión do Povo Galego, fundada xa nos anos 60 e actualmente integrada no Bloque Nacionalista Galego, e a ANPG, nova por aqueles anos e disolta en 1982. Igual que moitas outras organizacións independentistas europeas semellantes, mesturaron a lóxica ‘anticolonial’ propia dos anos sesenta e setenta coa loita de clases na procura dunha revolución de carácter marxista: "Galicia como colonia do Estado español". Ambos os ideais reflíctense no slogan que preside esta portada: unha autonomía “caciquil” (perspectiva de clase) e “colonial” (ollada antiimperialista), que invita a conquistar a independencia estatal ao tempo que a revolución popular.


«25 xulio. Día da Patria e do Pobo Galego»
Ver Panfleto

Transcripción da «25 xulio. Día da Patria e do Pobo Galego»

O Partido Comunista de España (M-L) foi unha escisión do Partido Comunista de España en 1967 que comezou a ter actividade en Galicia a partir dun núcleo formado por estudantes da USC. A estética combativa do cartel encaixa con este partido impulsor do Frente Revolucionario Antifascista y Patriota (FRAP), disolto no ano 1978. O cartel cita expresamente a continuidade do sistema político, mencionando explicitamente a autonomía como "continuísmo franquista" e avoga pola "loita pola república". Hai un matiz diferente no encabezamento, nada inocente: a definición do 25 de xullo como "día da patria e do pobo galego", poñendo en primeira liña ambos conceptos.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Murguía, Manuel;  Gómez Román, Manuel;  Castelao, ;  Reboiras, Moncho;  Isla Couto, Ramiro;  Álvarez, Bautista;  Beiras, Xosé Manuel;  López Suevos, Ramón;  Valcarce, Ramón;  Castro, Rosalía de;  Souto Presedo, Elvira;  López Rego, Hilario Leopoldo;  Fraga Iribarne, Manuel;  Suárez, Adolfo;  Rios Paredes, Jose Luis;  Bóveda, Alexandre;  Rodríguez González, Eladio;  Quiroga Suárez, José;  Lamas Barreiro, Chita;  Tejero, Antonio;  Barreiro Fernández, Xosé Ramón;  Suárez Canal, Alfredo;  Ríos, Lois;  González Márquez, Felipe;  Vázquez Vázquez, Francisco;  Lamas Barreiro, Francisco;  Merino Mejuto, Domingo;  Fernández Barcia, Xosé;  Soto Freire, Manuel;  Murguía de Castro, Ovidio;  Álvarez Gándara, Alfonso;  Lopez Garrido, Claudio;  Barreiros, Cosme;  Sobrino, Iria;  Sotelo Blanco, Olegario;  Cid Cabido, Xosé;  Vazquez, Sabela;  Agrelo Hermo, Xosé;  Rabuñal Corgo, Henrique;  Curros Enríquez, Manuel;  Bernardez, Senen;  Perez, Fernando;  Casal Gosenxe, Ánxel;  Torres Carbajo, Fernando;  Vaamonde Polo, Suso;  Andrade, Marisa;  Bouzas Lariño, Xan;  Fernández Albor, Gerardo;  Tettamancy, Francisco;  Pondal, Eduardo;  Temáticas: Fondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na Transición;  acción política;  organizacións;  política;  Acción sindical;  movementos sociais;  Procesos electorais;  movemento obreiro;  Álbum de Galicia;  identidade cultural;  Amnistía;  literatura;  lingua;  Asociacións políticas;  Defensa da lingua;  historia;  prensa escrita;  ensino;  Estatuto de Autonomía de Galicia. 1981;  feminismo;  sociedade;  Asociacións culturais;  arquitectura;  política institucional;  emigración;  OTAN;  exilio galego;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  Constitución española;  Aqueles 25 de xullo;  franquismo;  revolución;  terrorismo;  asociacións;  medios de comunicación;  Historias de ida e volta;  O galeguismo en América;  Mulleres;  Novo futuro, novos partidos;  A fin da ditadura;  cultura;  entrevista;  Galego;  Unha nova sociedade: do poder local ao pacifismo;  teatro;  Álbum Nós;  artes plásticas;  pintura;  marisqueo;  ciencia; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0