Temática: concursos

Temática: concursos [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1964-05-18
Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1964
Ver [Carta mecanografada:]

Transcripción da Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1964 en 18/05/1964

Castro, 18.5.1964



Sr. D. Valentín Paz-Andrade
Vigo


Querido Valentín:

Agradezo moito a tua do 16 cte. especialmente pola parte que me toca na tua expresión de que «quedará un pouco mutilado» o esforzo dos entusiastas de Lugo si fallamos a ela Seoane i-eu. Con respeuto a miña obra eu non penso o mesmo.
En troques, úrxeme decirte que remitín a Luís e Laxeiro as bases do concurso, que me deches para iles, e por suposto, limiteime a enviarllas sen dicir ren de que eu non pensaba asistir, e inda hoxe no tiven resposta. ¿Que debo faguer? ¿Enviarei algún cuadro de Luís? Me puxeche en un apreto de dúbidas. Preferiría que ti mo dixeras interpretando a intenzón de Luís – interpretazón que a min me e totalmente imposibre- i-eu fago o que ti digas e cho agradezo de verdade.
Penso, coma ti, que deben alentarse isas manifestazós culturaes coma o esforzo distes homes de Lugo, cuio mérito no poderá negar ninguén. Iste sentir fíxenllo coñecer a iles, ós de Lugo, ó agradecerlles a invitazón e faguerlles coñecer que por principio eu non participaba en mostras onde había concurso, inda fóra dil; salvando o cal me teñen a min e a miña laboura a súa disposizón. E coma non me gusta ter reservas mentais non teño incomenente en ofrecer unha eispricación máis ampria si se me pide. Se queres podes enviarlle a presente ós siñores de Lugo, a quen sego recoñecido.
Calisquer día estaremos por Vigo, pro ti, que con tanta frecuencias ves a lidiar no Foro da Cruña, sería unha bendizón que viñeras sempre a xantar connosco, sen avisar e acompañado de quen queira que veñas, pois inda que non xantaredes, craro, coma na Rúa dos Olmos, a rubida por Montouto compensa tudo.

A Pilar, Alfonso, nosa viva lembranza de todos os dista casa. A ti, unha tensa aperta do teu sempre amigo.

[Isaac Díaz Pardo]


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Laxeiro, ;  Paz-Andrade, Valentín;  Díaz Pardo, Isaac;  Seoane, Luís;  Cela, Camilo José;  Cunqueiro, Álvaro;  García-Sabell, Domingo;  Castelao, ;  Mallo, Maruja;  Toba Barrientos, Marina;  Lloréns Díaz, Francisco;  Ramos, Fina;  Blanch, F.;  Méndez Ferrín, Xosé Luís;  Filgueira Valverde, Xosé;  Risco, Vicente;  Cabanas, Constantino;  Ledo, Xohán;  Panero, Michi;  Beiró-Buxán, Manuel;  Pérez Buján, Javier;  Quintero, Mary;  Lopez Vila, Xose Antonio;  Rábade Paredes, Xesús;  Carbajo, Primitivo;  Soto, Apuleyo;  Suárez Picallo, Ramón;  Tena, José Luis de;  Prego de Oliver, Manuel;  Garcia Iglesias, Jose Manuel;  Yuste, Jose Luis;  Lamazares Silva, Antón;  Agrasar Vidal, Camilo;  Murguía de Castro, Gala;  Dónega, Marino;  Vázquez Gil, Lalo;  Martínez López, Ramón;  Cabanillas, Ramón;  Casares, Carlos;  González, Flor;  Rodríguez Buján, Angel;  Gómez Román, Manuel;  Goya, Francisco de;  Muruais Rodríguez, Andrés;  Valle-Inclán, Ramón María del;  Álvarez Blázquez, Xosé María;  Carballa, Xan;  Sobrino Manzanares, María Luisa;  Campo Sobrino, Enrique;  Peña, Marina de la;  Temáticas: Álbum de Galicia;  literatura;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal;  Colección: Valentín Paz Andrade con Isaac Díaz Pardo;  artes;  exilio galego;  artes plásticas;  asuntos particulares;  Álbum Nós;  Fondo: Arquivo da Fundación Pública Galega Camilo José Cela;  mercado da arte;  entrevista;  cultura;  museos;  fotografía;  Laboratorio de Formas de Sargadelos;  prensa escrita;  surrealismo;  Mulleres;  “cartografías” do Álbum de mulleres;  exposicións;  edición;  Nós [álbum];  enfermidade;  concursos;  viaxe;  Día das Letras Galegas;  medios de comunicación;  Castelao artista;  industria;  xustiza;  política;  sucesos;  Xeración do 27;  Xeración do 28;  etnografía;  Galego;  socioloxía;  Grupo Brais Pinto;  exilio;  Historias de ida e volta;  Memoria e voces femininas da diáspora galega;  Lingua. Literatura;  lingua;  bandas de música;  música;  historia;  nacionalismo;  marisqueo; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0