Persoa: Luís Seoane

Persoa: Luís Seoane [7]

Data Material Ver
Data Material Ver
1932-00-00
Capa do poemario de Cunqueiro Mar ao norde cunha ilustración de Luís Seoane. 1932
1933-06-16
Luís Seoane ilustra a primeira edición dos Poemas do si e non de Álvaro Cunqueiro
1964-05-18
Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1964
Ver [Carta mecanografada:]

Transcripción da Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1964 en 18/05/1964

Castro, 18.5.1964



Sr. D. Valentín Paz-Andrade
Vigo


Querido Valentín:

Agradezo moito a tua do 16 cte. especialmente pola parte que me toca na tua expresión de que «quedará un pouco mutilado» o esforzo dos entusiastas de Lugo si fallamos a ela Seoane i-eu. Con respeuto a miña obra eu non penso o mesmo.
En troques, úrxeme decirte que remitín a Luís e Laxeiro as bases do concurso, que me deches para iles, e por suposto, limiteime a enviarllas sen dicir ren de que eu non pensaba asistir, e inda hoxe no tiven resposta. ¿Que debo faguer? ¿Enviarei algún cuadro de Luís? Me puxeche en un apreto de dúbidas. Preferiría que ti mo dixeras interpretando a intenzón de Luís – interpretazón que a min me e totalmente imposibre- i-eu fago o que ti digas e cho agradezo de verdade.
Penso, coma ti, que deben alentarse isas manifestazós culturaes coma o esforzo distes homes de Lugo, cuio mérito no poderá negar ninguén. Iste sentir fíxenllo coñecer a iles, ós de Lugo, ó agradecerlles a invitazón e faguerlles coñecer que por principio eu non participaba en mostras onde había concurso, inda fóra dil; salvando o cal me teñen a min e a miña laboura a súa disposizón. E coma non me gusta ter reservas mentais non teño incomenente en ofrecer unha eispricación máis ampria si se me pide. Se queres podes enviarlle a presente ós siñores de Lugo, a quen sego recoñecido.
Calisquer día estaremos por Vigo, pro ti, que con tanta frecuencias ves a lidiar no Foro da Cruña, sería unha bendizón que viñeras sempre a xantar connosco, sen avisar e acompañado de quen queira que veñas, pois inda que non xantaredes, craro, coma na Rúa dos Olmos, a rubida por Montouto compensa tudo.

A Pilar, Alfonso, nosa viva lembranza de todos os dista casa. A ti, unha tensa aperta do teu sempre amigo.

[Isaac Díaz Pardo]


1964-05-21
Carta de Paz Andrade a Díaz Pardo. 1964
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:]

Transcripción da Carta de Paz Andrade a Díaz Pardo. 1964 en 21/05/1964

21 de mayo de 1964


Sr.D. Isaac Díaz Pardo
Sada, Osedo
La Coruña


Querido Isaac:

Abro agora a túa e contesto de camiño. Non-o fago por presumir de dilixencia epistolar, mais porque hoxe debo saír a Madri deica o domingo. Nesta tempada teño máis desprazamentos previstos a Cibeles que á Torre de Hércules. O 29 debo voltar alá.
Penso que hai tempo pra que Luís conteste. Na dúbida hai que absolver. Ou sexa, decidirse pol-a solución favorable. Ti podrías escoller dou ou tres cadros de Luís e con outros tantos teus poñelos a disposición dos orgaizadores.
De Laxeiro non sei nada. Supoño que autorizará á muller pra que mande algunha cousa.
Enviarei a copia da carta ao Presidente do Círculo de las Artes. Cando lle envíes os cadros debes advertirlle que van fóra de concurso, no caso de que en definitiva pensedes en facelo así.
O Faro de Vigo publicóu o editorial no noso idioma, no día dezasete, Festa das Letras Galegas. Como ves, algo se vai conseguindo. Seguimos traballando arreo no do Banco.
Pensa en dar unha volta por Vigo co-a tua xente. Cordial aperta para Mimina e pra os varóns da casa do noso trío familiar.

Valentín


1970-00-00
Con Luís Seoane no Castro (Sada). Década de 1970
1971-09-03
Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1971
Ver [Carta mecanografada:]

Transcripción da Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1971 en 03/09/1971

3.9.1971



Sr. D. Valentín Paz Andrade
Vigo


Querido Valentín:

Sei de vosas derradeiras novas por Seoane cando estivo ahí. A min foime imposible baixar ás terras quentes de Galicia. Luís vos terá informado da miña doenza: un ruidiño fino e cabrón como unha chispa eléutrica que me atravesa a cabeza casi constantemente. O García Sabell emperrouse en faguerme un tratamento casi todo a base de sedantes que me engordaron 8 kilos e me aumentaron moito mais o ruidiño ise. Ando desesperado.
Boeno, falarche a ti de doenzas coas que ti tes enriba e perto semella cáseque unha cousa feita a mantenta pra te agonear mais.
Hoxe veño por outra cousa. Tíñasme falado de que había aparescido un depósito de álbums Nos de Castelao. Agora isto intresábame coñecelo, é dicir: confirmalo, e si posible fose coñecer si semellante depósito podería mercarse. Cantidade e precio. ¿Qué podes dicirme disto? Agradeceríacho e se fose posible axiña, millor.
Supoño que terás recibido dende o Castro toda clas de información cas ampliaciós do Museo Carlos Maside. Eu estou de continuo por Sargadelos e baixo o Castro soio de 15 en 15 días ou cando hai algunha inauguración disas.
De calquer xeito cando pase un pouco o calor quero chegar a Vigo. Avisareite.
Non quero molestarche mais. Agardo tuas novas. Garimosas lembranzas pra Pilar e pra todolos teus e un abrazo forte e devoto pra ti de

[Isaac Díaz Pardo]


1985-07-07
Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1985
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:]

Transcripción da Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1985 en 07/07/1985

Sargadelos, 7 de xullo de 1985


Sr. Don Valentín Paz Andrade
Vigo


Benquerido Valentín:

Ti me habías dito que os debuxos de cego de Castelao que fixera pra o Galicia os versos pertencíalle tamén. Un dos dibuxos que se expuxo na mostra que orgaizamos, propiedade do Banco de Bilbao, o verso é de Castelao, está sobre o mesmo dibuxo e correxido retocado, por el mesmo. Seoane no seu Castelao Artista, dí que estarían improvisados por periodistas amigos ainda que ten escoitado que os versos eran de Castelao.
Os versos dos dibuxos que publica Luis, algúns non traen firma algunha, mais outros están firmados por R.B., P.V. e W.C.S. Si tes algunha idea de cómo era esto agradecereicha. Estamos a facer seis cegos en memoria de Castelao. Cada un leva nas costas un dos versos. Dado o contido político que teñen si non están feitos por Castelao están inspirados por el. Como se vai facer unha notiña histórica acompañando ás pezas, gostaríanos precisar ese dato. Graciñas.
A familia de Núñez Búa mandoume moitas cousas del: escritos, a maior parte deles xa publicados, moitos sobre cooperativismo, algúns inéditos. Hai cartas de Otero, de Carro, e tamén túas. Hai que facer un traballo de compilación, pois penso que unha selección de traballos, publicados ou non, recuperarán a memoria deste home que mantivo unha conduta exemplar para Galicia. Entre os papeis, que ainda non puden ver ben, veñen os orixinais do Castelao Artista, de Seoane, e o Castelao escritor, de Eduardo Blanco Amor. Estes dous traballos e outro mais, Castelao Político de Súarez Picallo, foran encargados no ano 50 polo Consello de Galicia. Díxose que só Seoane dira cumplimento ó encargo, e eu así o rexistro na solapa da reedición de Castelao Artista. Agora resulta que o traballo de Blanco Amor existiu xa dende o ano 50, e ademais é un formidable estudo que todavía está vixente. ¿quen sabe si tamén foi escrito o Castelao Político por Suárez Picallo?.
Pra un libro no que se compilasen os traballos de Núñez Búa ti terías que facer unha nota limiar relembrando a súa vida. ¿quen senón?. Eu buscaríate datos. Algúns teño que te poderían dar suxestión de relembros. Falaremos destas cousas e de moitas máis. Hai que recuperar esta memoria.
Nada mais por hoxe. Non te deixo en paz. Semella que sigo pra ti o mandado de Unamuno: que Deus non che dé Paz e si Gloria.

Apertas tensas, voso Isaac


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Laxeiro, Paz-Andrade, ValentínDíaz Pardo, IsaacSeoane, LuísCunqueiro, ÁlvaroCela, Camilo JoséCastelao, García-Sabell, DomingoMallo, MarujaPérez Buján, JavierLloréns, FranciscoRamos, FinaBlanch, F.Méndez Ferrín, Xosé LuísFilgueira Valverde, XoséRisco, VicenteCabanas, ConstantinoLedo, XohánQuintero, MaryToba Barrientos, MarinaPanero, MichiBeiró-Buxán, ManuelPenzol, FermínSaid Armesto, VíctorCabanillas, RamónNúñez Búa, XoséBecaraud, JeanPicasso, PabloOroza, CarlosSantos Torroella, RafaelGómez Román, ManuelCañas, PilarLópez, SiroRivera Vázquez, Iria-FrinéMolíns, ElinaValle-Inclán, Ramón MaríaCastella, LucienPablos, FranciscoCastro Fernández, Xosé AntónCampo Sobrino, EnriqueLopez Vila, Xose AntonioRábade Paredes, XesúsCarbajo, PrimitivoOtero Pedrayo, RamónSuárez Picallo, RamónTena, José Luis dePrego de Oliver, ManuelGarcia Iglesias, Jose ManuelYuste, Jose LuisLamazares, Antón Temáticas: Álbum de GalicialiteraturaFondos de Radio Nacional de España en Galicia Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoalColección: Valentín Paz Andrade con Isaac Díaz Pardoartesexilio galegoartes plásticasasuntos particularesÁlbum NósFondo: Arquivo da Fundación Pública Galega Camilo José Celamercado da arteentrevistaculturamuseosfotografíaLaboratorio de Formas de Sargadelosprensa escritasurrealismoMulleres“cartografías” do Álbum de mulleresexposiciónsediciónNós [álbum]enfermidadeconcursosviaxeDía das Letras Galegasmedios de comunicaciónCastelao artistaindustriaxustizapolíticasucesosXeración do 27Xeración do 28etnografíaGalegosocioloxíaGrupo Brais PintoexilioHistorias de ida e voltaMemoria e voces femininas da diáspora galegaLingua. Literaturalinguabandas de músicamúsicahistorianacionalismomarisqueo

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0