Persoa: Castelao

Persoa: Castelao [4]

Data Material Ver
Data Material Ver
1971-09-03
Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1971
Ver [Carta mecanografada:]

Transcripción da Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1971 en 03/09/1971

3.9.1971



Sr. D. Valentín Paz Andrade
Vigo


Querido Valentín:

Sei de vosas derradeiras novas por Seoane cando estivo ahí. A min foime imposible baixar ás terras quentes de Galicia. Luís vos terá informado da miña doenza: un ruidiño fino e cabrón como unha chispa eléutrica que me atravesa a cabeza casi constantemente. O García Sabell emperrouse en faguerme un tratamento casi todo a base de sedantes que me engordaron 8 kilos e me aumentaron moito mais o ruidiño ise. Ando desesperado.
Boeno, falarche a ti de doenzas coas que ti tes enriba e perto semella cáseque unha cousa feita a mantenta pra te agonear mais.
Hoxe veño por outra cousa. Tíñasme falado de que había aparescido un depósito de álbums Nos de Castelao. Agora isto intresábame coñecelo, é dicir: confirmalo, e si posible fose coñecer si semellante depósito podería mercarse. Cantidade e precio. ¿Qué podes dicirme disto? Agradeceríacho e se fose posible axiña, millor.
Supoño que terás recibido dende o Castro toda clas de información cas ampliaciós do Museo Carlos Maside. Eu estou de continuo por Sargadelos e baixo o Castro soio de 15 en 15 días ou cando hai algunha inauguración disas.
De calquer xeito cando pase un pouco o calor quero chegar a Vigo. Avisareite.
Non quero molestarche mais. Agardo tuas novas. Garimosas lembranzas pra Pilar e pra todolos teus e un abrazo forte e devoto pra ti de

[Isaac Díaz Pardo]


1974-11-07
Carta de Paz Andrade a Filgueira Valverde. 1974
Ver [Carta mecanografada ]

Transcripción da Carta de Paz Andrade a Filgueira Valverde. 1974 en 07/11/1974

[Vigo] 7 nov. 1974


Sr. Don Xosé F. Filgueira Valverde
Director do Museo de Pontevedra
Pontevedra

Querido José Fernando:

Póñome a che mandar estas liñas matinando en que Castelao, botando os ollos por riba do meu lombo, estame a mirar o que escribo. E estase a rir, con aqueles ollos decote veados na terra que o furaban todo. Aínda aquelo que os demais ao mellor nin viamos.
Van as nove estampas pubricadas en Galicia, o xornal que eu dirixín e do que Alfonso foi pouco menos que a i-alma. Coido que son as únicas da serie de «As Mulleres», que escomenzara a promediar co a dos «Homes», cuios orixinales lle entreguei pra facer a primeira impresión en libro e que non tornaron ao meu poder.
Coido que «As Mulleres», n-este caso, non se fan de menos ao lado dos «Homes». Cando trazóu estes rascuños de mestre riscaba sin dubida nas suas mellores horas de dibuxante, tanto da figura como da comedia human. Como non quixeche que enmarcara por miña conta os dibuxos, ti farás n-este orde o que mellor atines, que para iso eres o Director da Casa.
Perdóame a demora, pol-as moitas tarefas que me envolven e recibe a máis cordial aperta de teu sempre amigo incondicioal,


[Valentín Paz-Andrade]


1978-11-01
Carta de Manuel Beiró a Camilo José Cela. 1978
1985-07-07
Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1985
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:]

Transcripción da Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1985 en 07/07/1985

Sargadelos, 7 de xullo de 1985


Sr. Don Valentín Paz Andrade
Vigo


Benquerido Valentín:

Ti me habías dito que os debuxos de cego de Castelao que fixera pra o Galicia os versos pertencíalle tamén. Un dos dibuxos que se expuxo na mostra que orgaizamos, propiedade do Banco de Bilbao, o verso é de Castelao, está sobre o mesmo dibuxo e correxido retocado, por el mesmo. Seoane no seu Castelao Artista, dí que estarían improvisados por periodistas amigos ainda que ten escoitado que os versos eran de Castelao.
Os versos dos dibuxos que publica Luis, algúns non traen firma algunha, mais outros están firmados por R.B., P.V. e W.C.S. Si tes algunha idea de cómo era esto agradecereicha. Estamos a facer seis cegos en memoria de Castelao. Cada un leva nas costas un dos versos. Dado o contido político que teñen si non están feitos por Castelao están inspirados por el. Como se vai facer unha notiña histórica acompañando ás pezas, gostaríanos precisar ese dato. Graciñas.
A familia de Núñez Búa mandoume moitas cousas del: escritos, a maior parte deles xa publicados, moitos sobre cooperativismo, algúns inéditos. Hai cartas de Otero, de Carro, e tamén túas. Hai que facer un traballo de compilación, pois penso que unha selección de traballos, publicados ou non, recuperarán a memoria deste home que mantivo unha conduta exemplar para Galicia. Entre os papeis, que ainda non puden ver ben, veñen os orixinais do Castelao Artista, de Seoane, e o Castelao escritor, de Eduardo Blanco Amor. Estes dous traballos e outro mais, Castelao Político de Súarez Picallo, foran encargados no ano 50 polo Consello de Galicia. Díxose que só Seoane dira cumplimento ó encargo, e eu así o rexistro na solapa da reedición de Castelao Artista. Agora resulta que o traballo de Blanco Amor existiu xa dende o ano 50, e ademais é un formidable estudo que todavía está vixente. ¿quen sabe si tamén foi escrito o Castelao Político por Suárez Picallo?.
Pra un libro no que se compilasen os traballos de Núñez Búa ti terías que facer unha nota limiar relembrando a súa vida. ¿quen senón?. Eu buscaríate datos. Algúns teño que te poderían dar suxestión de relembros. Falaremos destas cousas e de moitas máis. Hai que recuperar esta memoria.
Nada mais por hoxe. Non te deixo en paz. Semella que sigo pra ti o mandado de Unamuno: que Deus non che dé Paz e si Gloria.

Apertas tensas, voso Isaac


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Laxeiro, Paz-Andrade, ValentínDíaz Pardo, IsaacSeoane, LuísCela, Camilo JoséCunqueiro, ÁlvaroCastelao, García-Sabell, DomingoMallo, MarujaMéndez Ferrín, Xosé LuísFilgueira Valverde, XoséRisco, VicenteCabanas, ConstantinoLedo, XohánQuintero, MaryToba Barrientos, MarinaPanero, MichiBeiró-Buxán, ManuelPérez Buján, JavierLloréns, FranciscoRamos, FinaBlanch, F.Casares, CarlosGonzález, FlorRodríguez Buján, AngelMurguía de Castro, OvidioGoya, Francisco deMuruais Rodríguez, AndrésCurros Enríquez, ManuelÁlvarez Blázquez, Xosé MaríaCarballa, XanSobrino Manzanares, María LuisaZagala, FranciscoPeña, Marina de laPita Andrade, José ManuelHermida, XoséAdalid, Marcial delPondal, EduardoCoppieters, MauritsCostas, FernandoMoure, GloriaVidan Torreiro, JoseFernández del Riego, FranciscoSoto, ApuleyoUnamuno, Miguel deChamoso Lamas, ManuelFernandez Villar, JoseSuárez-Llanos, José AntonioBlanco Amor, EduardoPatiño, Reimundo Temáticas: Álbum de GalicialiteraturaFondos de Radio Nacional de España en Galicia Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoalColección: Valentín Paz Andrade con Isaac Díaz Pardoartesexilio galegoartes plásticasasuntos particularesÁlbum NósFondo: Arquivo da Fundación Pública Galega Camilo José Celamercado da arteentrevistaculturamuseosfotografíaLaboratorio de Formas de Sargadelosprensa escritasurrealismoMulleres“cartografías” do Álbum de mulleresexposiciónsediciónNós [álbum]enfermidadeconcursosviaxeDía das Letras Galegasmedios de comunicaciónCastelao artistaindustriaxustizapolíticasucesosXeración do 27Xeración do 28etnografíaGalegosocioloxíaGrupo Brais PintoexilioHistorias de ida e voltaMemoria e voces femininas da diáspora galegaLingua. Literaturalinguabandas de músicamúsicahistorianacionalismomarisqueo

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0