O proxecto Obras de Martín Sarmiento do Consello da Cultura Galega fólgase en dar a lume o Discurso crítico-botánico sobre el vegetable gallego seixebra —tamén denominado polo autor Papel sobre el vegetable seixebra. Este texto, redactado en 1762, é a monografía máis extensa do autor sobre un aspecto concreto da historia natural, e constitúe un dos escritos máis sistemáticos, máis coidados e mellor rematados dos que saíron da súa prolífera pluma.
Como a maior parte dos estudos de Sarmiento sobre botánica, e en xeral sobre ciencias naturais, o discurso sobre a seixebra permaneceu inédito ata os nosos días. Xa hai anos o sarmentista José Santos Puerto deixou escrito que esta obra «está demandando una urgente edición, pues aquí existen importantes noticias para la historia de la ciencia botánica española».
Neste volume ofrécese o texto de Sarmiento precedido de cadanseu estudo de Henrique Monteagudo e María Álvarez Lires, e ilustrado polas notas de Xosé Antonio López Silva. A publicación desta obra debe servir para chamar a atención sobre os seus traballos botánicos, merecentes de maior recoñecemento e estudo dos que ata agora foron obxecto.
A edición dixital complétase coa versión anotada en castelán do Discurso crítico-botánico sobre el vegetable gallego seixebra. Esta versión en castelán do aparato de notas mantén a paxinación e numeración da edición en galego (p. 57-414)

[Data da nota de prensa: marzo 2026]
| Título | Discurso crítico-botánico sobre el vegetable gallego seixebra |
| Autoría |
Frei Martín Sarmiento |
| Edición |
Henrique Monteagudo |
| Edición |
Xosé Antonio López Silva |
| Estudo introdutorio |
María M. Álvarez Lires |
| Notas |
Xosé Antonio López Silva |
| Transcrición |
Minia Hammer |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2026 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 414 p.: il., cor; 24 cm |
| Notas | Imaxe da cuberta: Deseño da planta seixebra realizado por Pedro Alonso de Salanova y Guilarte na copia do Discurso crítico-botánico sobre el vegetable gallego seixebra de Martín Sarmiento |
| ISBN | 978-84-17802-71-4 |
| Depósito Legal | C 176-2026 |
| DOI | 10.17075/dcbvgsg.2026 |
| Colección | autores & textos |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|
Gabinete de comunicación
Dúas publicación e un obradoiro no Día do Naturalismo Galego [Data da nota: 6/3/2026].
Presentadas no Día do Nauralismo Galego dúas obras que amosan o carácter innovador de Martín Sarmiento [Data da nota: 9/3/2026].