Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Limpar
Resultados da busca para: 'Anik Nandi'
Amosando noticias 1 a 6 de 6

Unha xornada o Consello da Cultura Galega debate sobre a creba da transmisión interxeracional do galego

O Consello da Cultura Galega acolle mañá xoves a xornada presencial do XXIII Encontros para a normalización lingüística que organiza o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG), arquivo dependente do Consello da Cultura Galega (CCG). Os vídeos, que foron gravados e subidos previamente, pon o acento nesta ocasión na creba da transmisión interxeracional, un aspecto que cualifican como grave os estudos e informes recentes que afondan sobre a situación do galego na sociedade actual. A presidenta, Rosario Álvarez, será a encargada de inaugurar esta cita presencial que tamén se pode seguir en directo desde o web da institución.

Ler máis

Dispoñibles os vídeos dos XXIII Encontros para a Normalización Lingüística, que reflexionan sobre a transmisión interxeracional do galego

“Fálalle galego” foi a primeira campaña pública en defensa do idioma dun novísimo goberno autonómico. Corría o ano 1984 e atendía á necesidade da transmisión xeracional do idioma. 37 anos despois o tema volve estar sobre a mesa, xa que todos os indicadores sinalan a transmisión do galego como un problema grave, aínda que non o único. Sobre este aspecto incide a XXIII edición dos Encontros para a normalización lingüística que organiza cada ano o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG), arquivo do Consello da Cultura Galega (CCG). Os vídeos coas intervencións das persoas participantes xa están dispoñibles desde o web do CCG e o vindeiro xoves 4 de novembro terá lugar a xornada presencial de debate.

Ler máis

Os “Encontros para a Normalización” conclúen coa presentación dun estudo que evidencia a actitude positiva da mocidade galega cara ao galego

Unha actitude positiva, poucas resistencias pero unha disociación entre o aprecio do galego e o seu uso. Son algunhas das primeiras valoracións dun estudo novidoso realizado entre mozos de 15 e 25 anos de Galicia e que foi presentado no marco dos XVIII Encontros para a Normalización. A cita organizada polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG) foi clausurada esta tarde polo presidente da institución, Ramón Villares. Os Encontros chegaron á súa maioría de idade sendo un espazo de debate e reflexións sobre a lingua e un escaparate das iniciativas en prol da normalización se están a facer no país.

Ler máis

Os XVIII “Encontros para a Normalización” centraranse no uso da lingua nos máis novos

Os “Encontros para a Normalización” chegan á súa maioría de idade sendo un espazo de debate e reflexións sobre a lingua. Nesta XVIII edición, que comeza mañá xoves, volven poñer o foco nos máis novos cun programa encamiñado a coñecer as motivacións da mocidade galega a falar nun ou outro idioma, a debater sobre cal é a potencialidade das redes dixitais e cal o papel da escola. A cita está organizada polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG), e poderase seguir en directo a través do web. Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, e Rosario Álvarez, vicepresidenta do CCG, serán os encargados da inauguración dun encontro que se desenvolverá na sede da institución ata o venres.

Ler máis

Conclúen os Encontros para a Normalización que demandan unha maior colaboración entre todas as entidades

A maioría da mocidade de Galicia (entre 15 e 24 anos) ten un dominio efectivo do galego, idioma no que cada vez se escribe máis e fala menos. As cifras así como as experiencias de normalización e planificación pensadas para os máis novos expuxéronse na XVII edición dos Encontros para a normalización lingüística. Unha cita de referencia que organiza anualmente o Consello da Cultura Galega (CCG) na que se puxo en evidencia a necesidade dun traballo colaborativo entre entidades e institucións que permita inverter a baixada de galegofalantes

Ler máis

Os XVII Encontros para a Normalización centraranse no uso da lingua pola mocidade e a infancia

Os Encontros para a normalización lingüística son unha cita de referencia para coñecer e debater a situación da lingua do país. A súa XVII edición atenderá este ano aos máis novos. Durante dous días exporanse estudos que axudarán a coñecer cales son as actitudes e as razóns polas que unha parte da mocidade non usa o galego, así como iniciativas públicas e privadas destinadas a fomentar a lingua nestas idades. Os Encontros, organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia dependente do Consello da Cultura Galega (CCG), desenvolveranse entre o 15 e o 16 de outubro e a inscrición pódese facer a través da páxina web da institución.

Ler máis