Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Limpar
Resultados da busca para: 'Bea Gregores'
Amosando noticias 1 a 8 de 8

O Consello da Cultura Galega pecha o ano dedicado a Xela Arias musicando un dos seus poemas

Dis ma-ma-má é un dos poemas de Darío a Diario, libro no que Xela Arias desmitificou a idea de maternidade, que reivindicou como un exercicio de desprendemento. Sobre este poema xira o especial co que o Consello da Cultura Galega (CCG) pecha os proxectos arredor de Xela, homenaxeda neste 2021 co Día das Letras Galegas. Este produto web contén unha composición musical realizada polo músico Juanjo Cura e interpretada polo coro Gestus Vocalis do Morrazo. O especial pon a disposición da cidadanía a partitura e a interpretacion en audio e vídeo.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega presenta en podcast a tradución de Xela Arias dos Contos ao teléfono de Rodari

Xela Arias (Sarria, 1962-Vigo, 2003), a protagonista do Día das Letras Galegas 2021, ten unha conexión ineludible co recoñecido escritor Gianni Rodari. En 1986 colaboraba co seu pai, Valentín Arias, na tradución da popular obra do mestre da fantasía, Contos ao teléfono, para a editorial Juventud. Dese fío tira o Consello da Cultura Galega (CCG) no proxecto “Xela e Gianni”, unha serie de podcast elaborados por Charo Pita que adapta a formato sonoro os textos traducidos por Xela hai vinte e cinco anos. Ademais, este xoves 7 de outubro, o Consello da Cultura Galega e o concello de Sarria ofrecen un contacontos (en dous pases) desta obra para douscentos alumnos de primaria desta localidade.

Ler máis

Entradas esgotadas para o Concerto das Letras Galegas

O Concerto das Letras Galegas, proposta musical que o Consello da Cultura Galega (CCG) celebra cada vindeiro día 16 de maio, ten as súas entradas esgotadas. A proposta fundirá este ano a experimentación musical de LauraLaMontagne e PicoAmperio coa poética de Xela Arias (1962-2003), figura á que se lle dedica nesta ocasión o Día das Letras Galegas. O concerto poderá seguirse en directo desde o web do CCG e da CRTVG, e no propio 17 de maio na segunda canle da TVG.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega recupera a prosa anovadora de Xela Arias na súa publicación de homenaxe

“Pensei que escribir un libro podía ser unha cousa ben inútil”. Así se titula o último conto de “¡Non te amola!” a obra narrativa na que Xela Arias, homenaxeada co Día das Letras Galegas en 2021, ficciona boa parte da súa nenez. Este é o texto que o Consello da Cultura Galega (CCG) recuperou da autora no marco da edición conmemorativa coa que homenaxea á figura escollida cada 17 de maio. A presidenta da institución, Rosario Álvarez, destacou na presentación da publicación que “proclama a importancia da escritura como forma intervención”. Canda ela estaban Darío Gil, fillo da homenaxeada; a profesora Ana Iglesias, autora do estudo crítico do texto; e Bea Gregores, responsable das ilustracións da publicación. Todos eles destacaron que este texto ofrece outras facetas menos coñecidas de Xela. O libro xa se pode descargar de balde desde o sitio web do CCG.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega homenaxea a vangarda de Xela Arias no seu Concerto das Letras Galegas

O Auditorio do Mar de Vigo será o escenario no que o Consello da Cultura Galega (CCG) celebrará o vindeiro día 16 de maio ás 20:00 horas o seu tradicional Concerto das Letras Galegas. O Concello de Vigo colabora na realización deste proxecto que xuntará a experimentación musical de LauraLaMontagne e PicoAmperio coa poética de Xela Arias (1962-2003), figura á que se lle dedica nesta ocasión o Día das Letras Galegas. O concerto é presencial pero poderá seguirse en directo desde o web do CCG e da CRTVG, e no propio 17 de maio na segunda cadea da TVG. As entradas do concerto serán de balde e pódense retirar desde hoxe a través da plataforma teuticket.

Ler máis

Presentada en Vigo a programación do Día das Letras Galegas que lembrará a contemporaneidade de Xela Arias

Presentada en Vigo a programación do Día das Letras Galegas que lembrará a contemporaneidade de Xela Arias

Publicacións, proxeccións multimedia, concertos e un acto académico son as actividades centrais que lembrarán a figura de Xela Arias (Lugo, 1962- Vigo, 2003) ao longo de todo o ano. Así o explicaron esta mañá en Vigo Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Turismo; Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG); Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega (RAG); Xaime Arias director de proxección social da CRTVG e Darío Gil Arias, fillo da homenaxeada.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega funde a poética de Xela Arias coa das novas voces no Día da Poesía

Este domingo 21 de marzo, Día Mundial da Poesía, o Consello da Cultura Galega (CCG) presenta “O equilibrio dos extremos”, un recital que pon en diálogo a obra poética de Xela Arias (Sarria,1962-Vigo, 2003), homenaxeada este ano co Día das Letras Galegas, coa das novas xeracións de poetas. Nel, doce escritores e escritoras escollen un poema da autora de “Intempériome” que fan dialogar con outro que elaboraron expresamente para a ocasión. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, destacou que “é unha sorte de festa poética que por mor das circunstancias actuáis sería complicado realizar con público e que levamos á rede para darlle unha maior difusión”. Está acompañado dunha videocreación elaborada pola produtora Miramemira a partir das novas obras creadas para este recital.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega olla cara á modernidade de Xela Arias na súa programación para o Día das Letras Galegas

O Consello da Cultura Galega olla cara á modernidade de Xela Arias na súa programación para o Día das Letras Galegas

Xela Arias (Lugo, 1962-Vigo, 2003) foi unha escritora extrema, de palabra tensa e contida que deixou tras de si un regueiro de poemas pero tamén de traducións ao galego. A pluralidade e a diversidade das que fixo gala na súa vida son as marcas de identidade que guían a programación do Consello da Cultura Galega para o Día das Letras Galegas. A presidenta da institución, Rosario Álvarez, xunto coa secretaria, Dolores Vilavedra, e o fillo de Xela Arias, Darío Gil, presentaron en rolda de prensa un programa de actividades que está na liña conceptual da homenaxeada. O CCG fixo publico o espazo web que dará acubillo ás diferentes iniciativas que arrincarán cun acto o Día da Poesía e que incluirán, entre outros contidos, o Concerto das Letras Galegas, que terá lugar o 16 de maio a cargo Laura LaMontagne e PicoAmperio.

Ler máis