Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Limpar
Resultados da busca para: 'Beatriz Suárez Briones'
Amosando noticias 1 a 6 de 6

Santiago e Ourense acollen o II Festival de Filosofía de Galicia

O pensamento de filósofas destacadas como Hannah Arendt ou Simone de Beauvoir serve de punto de partida para as mesas de debate do II Festival de Filosofía de Galicia. Un encontro organizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) que arrinca mañá en Compostela cun programa que está pensado para dar a coñecer as mulleres destacadas da Historia do Pensamento e da Filosofía que permanecen invisibilizadas. Ata o domingo, entre diferentes localizacións de Santiago e de Ourense, haberá conferencias e espectáculos para convidar ao público a pensar e a facelo cun punto de vista distendido.

Ler máis

O II Festival de Filosofía de Galicia renderá homenaxe ás filosofas

A banalidade do mal, frase acuñada pola filosofa Hannah Arendt, abre en Compostela o programa da segunda edición do Festival de Filosofía de Galicia. Un encontro organizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) que mestura conferencias e espectáculos para convidar ao público a pensar e a facelo cun punto de vista distendido. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, xunto coa directora do encontro, Carme Adán, explicaron en rolda de prensa o programa, que este ano está dedicado ás filosofas. A cita desenvólvese en Compostela e como novidade, ábrese á cidade de Ourense onde están programados varios espectáculos.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega aborda cun coloquio a diversidade sexual na véspera do Día do Orgullo

“Que significa para vós celebrar o Orgullo?” Con esta pregunta comeza o coloquio “Diversidade afectivo sexual en tempos de pandemia”, organizado pola Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega (CCG) e conducido pola súa coordinadora, Carme Adán. Canda ela están Eva Mejuto, divulgadora, activista e organizadora do festival Pinto ou Maragota no concello de Pontevedra, e Enrique Latorre, investigador na Facultade de Ciencias da Educación da USC. O coloquio pon o ramo ás actividades coas que o CCG conmemora o Día do Orgullo LGTBIQ+, que se celebra cada 28 de xuño.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega presenta a historia de Elisa e Marcela nunha banda deseñada

Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga casaron o 8 de xuño de 1901. Adiantáronse máis dun século á legalización do matrimonio homosexual en España. A súa historia foi investigada e dada a coñecer por, entre outros, Narciso de Gabriel e desde entón inspirou películas, exposicións, obras de teatro e un regueiro de publicacións. E desde hoxe tamén un cómic. O Consello da Cultura Galega(CCG) presenta “Elisa e Marcela”, unha banda deseñada guionizada e debuxada por Xulia Vicente. Ademais da publicación, que xa se pode descargar desde o web institucional, hai un making of a cargo da propia autora no que dá as claves deste traballo. Esta iniciativa súmase ás propostas coas que a institución conmemora, a través da súa Sección de Pensamento, o Día do Orgullo LGTBI+, que se celebra cada 28 de xuño.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega pon na rede “O aturuxo”, a primeira publicación de gais e lesbianas de Galicia

“O aturuxo” é a primeira publicación periódica de gais e lesbianas de Galicia. Foi elaborada pola Coordinadora de Colectivos Gais de Galicia (CCGG) e desde hoxe está dispoñible en “A Saia”, a hemeroteca feminista galega que mantén o Centro de Documentación e Igualdade e Feminismos (CEDIF) do Consello da Cultura Galega (CCG). É unha das actividades que a institución ten previstas para celebrar o 28 de xuño, Día do Orgullo, e que se estenderán ao longo desta semana con múltiples formatos.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega reflexiona nunha xornada sobre sexualidade e identidade

Quen somos nós neste século? Como chegamos a imaxinar a nosa sexualidade a través de conceptos como “macho”, “femia”, “home”, “muller”, “heterosexual”, “homosexual”, “transexual”, “DSD”? Cal é a relación entre a política e a sexualidade? Son os nosos corpos espazos de inscrición de xéneros mutantes? Cales son as propostas de futuro? Estas son algunhas das incógnitas que a Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega (CCG) propón mañá no marco da súa xornada “Pensar con orgullo”. Unha nova cita coa reflexión, desta volta centrada en cuestionar conceptos e descubrir novos aspectos. Será inaugurada pola secretaria da institución, Dolores Vilavedra, e polas coordinadoras, Carme Adán e Celia Pereira. A xornada poderá seguirse en directo desde o web da institución.

Ler máis