Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Limpar
Resultados da busca para: 'Carlos Elías'
Amosando noticias 1 a 8 de 8

Profesionais alertan da diminución do interese da poboación polas noticias

“O 38% da poboación mundial fuxe das noticias nalgunha ocasión e a desinformación, xunto coas noticias falsas e a información incorrecta, son hoxe o risco da intoxicación informativa”. Así o expresou o catedrático Emili Prado (Cospeito, 1953) na xornada “A información no mundo da posverdade” coa que o Consello da Cultura Galega (CCG) abre o foro Pensar o mundo dende Galicia, co que a institución celebra o seu 40 aniversario. A presidenta, Rosario Álvarez, destacou na inauguración que este foro constitúe “un acto de demostración da nosa confianza nas posibilidades que temos como colectivo, como comunidade”. Así mesmo, recalcou o vencello desta actividade co labor do CCG de “promocionar elementos con que poder deseñar estratexias que nos garantan un futuro”. Nesta liña, o vicepresidente do CCG e coordinador do foro, Xosé Manoel Núñez Seixas, engadiu que se buscou responder á inquedanza de “pensar o mundo dende Galicia e concibir Galicia como unha célula de universalidade”.

Ler máis

O foro Pensar o mundo dende Galicia comeza cunha xornada sobre a desinformación

Analizar o sistema comunicativo actual, o papel da información e os perigos da desinformación é o principal obxectivo da xornada “A información no mundo da posverdade”, a primeira das oito citas do foro Pensar o mundo dende Galicia co que o Consello da Cultura Galega (CCG) reflexiona sobre o papel presente e futuro da cultura no corenta aniversario da institución. Remedios Zafra (Zuheros, Córdoba, 1973) e Emili Prado (Cospeito, 1953) son as figuras que encabezan esta primeira sesión, que poñerá sobre a mesa a loita profesional e académica contra a desinformación. A xornada está coordinada por Xosé López, desenvolverase o 9 de marzo e ten aberta a inscrición.

Ler máis

A dixitalización, un gran desafío para a cultura galega

A dixitalización, un gran desafío para a cultura galega

A xornada “A cultura dixital en Galicia: viaxe de ida e volta ao Big Data, á verificación e á mobilidade” deitou hoxe no Consello da Cultura Galega unha ollada interdisciplinar sobre os datos masivos ou Big Data que incluíu o punto de vista da investigación, historia, comunicación e enxeñería informática. Os expertos alertan da necesidade de sistemas de verificación que eviten a propagación de bulos xenerados pola sobreabundancia de información e fixeron fincapé na necesidade de construír relatos visualizados en formatos atractivos para os usuarios. No caso concreto da cultura galega advirten que, a pesar da existencia de proxectos voluntaristas e iniciativas que aproveitan boas ferramentas da Rede para lanzar iniciativas de crowdfunding cultural ben interesantes e para se coordinar socialmente, a realidade é que estruturalmente a dixitalización está supoñendo un gran desafío para a cultura galega, máis que un beneficio, debido ao uso de algoritmos das grandes plataformas que tenden a invisibilizar os contidos xerados na nosa lingua.

Ler máis

O Consello da Cultura aborda nunha xornada a xestión de datos masivos desde Galicia

Datos de formularios e enquisas, correos electrónicos, mensaxes en redes sociais, sinais de móbil, arquivos de audio, sensores, imaxes dixitais..., a sociedade en rede deixou gran cantidade de volume de datos. Á súa xestión e análise chámaselle Big Data. Sobre este tema tratará a xornada do Consello da Cultura Galega (CCG) “A cultura dixital en Galicia: viaxe de ida e volta ao Big Data, á verificación e á mobilidade”, que terá lugar o vindeiro 15 de marzo. A cita ten aberto o prazo de inscrición a través do web da institución.

Ler máis

Unha xornada do Consello da Cultura insta a empregar novas linguaxes e narrativas para situar a cultura galega na rede

Linguaxe multisensorial, renovación dos procesos editoriais e novas formas de contar a realidade amparadas nas posibilidades que ofrece a tecnoloxía son algunhas das claves de futuro para a cultura galega. Así o trasladaron expertos como Ramón Salaverría ou Mario Tascón no marco da xornada “Desafíos para a cultura galega no escenario interactivo da sociedade en rede”, que se desenvolveu ao longo do día de hoxe no Consello da Cultura galega. A proposta estivo coordinada por Xosé López, Francisco Campos e Manuel Gago.

Ler máis

O Consello da Cultura acolle mañá unha xornada que debate como situar a identidade propia na rede

Nos últimos tempos Galicia deu pasos para que a súa cultura e a súa identidade estean de xeito activo e visible na rede pero quedan aínda hai moitos retos por cumprir. Sobre eles reflexionará a xornada “Desafíos para a cultura galega no escenario interactivo da sociedade en rede”, que terá lugar mañá no Consello da Cultura galega. A proposta está coordinada por Xosé López, Francisco Campos e Manuel Gago, e contará coa presenza de expertos recoñecidos como Mario Tascón ou Rosa Franquet para falar de novas dinámicas que inciden nos usos e consumos de produtos culturais. A xornada ten o seu aforo completo, con todo, os relatorios pódense seguir en directo a través do web da institución.

Ler máis

Aberto o prazo de inscrición dunha xornada que analiza os desafíos para a cultura galega na sociedade en rede

Nos últimos tempos Galicia deu pasos para que a súa cultura forme parte da rede pero quedan aínda hai moitos retos por cumprir. Sobre eles reflexionará a xornada “Desafíos para a cultura galega no escenario interactivo da sociedade en rede”, que terá lugar no Consello da Cultura galega o vindeiro 24 de febreiro e que xa ten aberto o seu prazo de inscrición. A proposta está coordinada por Xosé López, Francisco Campos e Manuel Gago, e contará coa presenza de expertos como Mario Tascón ou Rosa Franquet para falar de novas dinámicas de socialización que inciden nos usos e consumos de produtos culturais.

Ler máis

Ramón Lobo abriu ás Xornadas "Comunicar Cultura", que analizan o panorama e os desafíos do xornalismo cultural

Ler máis