Santiago de Compostela, 23 de maio de 2011.- A cociña tradicional e innovadora de Galicia, a cociña de estrelas Michelín e os pequenos restaurantes vilegos, participarán por primeira vez nun proxecto conxunto de difusión e homenaxe da gastronomía galega promovido polo Consello da Cultura Galega. A campaña A Cociña Galega con Cunqueiro levará aos restaurantes de Galicia a cociña máis querida polo escritor, enraizada en boa parte no acervo gastronómico tradicional de Galicia. Dez mil exemplares do libro “Na mesa con Cunqueiro. Antoloxía gastronómica e literaria” chegarán aos clientes dos restaurantes de Galicia. O proxecto presentarase mañá, martes, 24 de maio ás 20 horas no auditorio de Novacaixagalicia (Praza de Cervantes) en Santiago de Compostela. Pode consultar máis información e a lista de restaurantes participantes aquí.
Ler máis
Resultados da busca para: 'Carmen Pardo'
Amosando noticias 1 a 2 de 2


