Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Limpar
Resultados da busca para: 'Concepción Arenal Ponte'
Amosando noticias 1 a 6 de 6

O Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega soben á rede o epistolario de Emilia Pardo Bazán

Hoxe, 12 de maio, cúmprese un século do pasamento dunha das grandes novelistas do século XIX: Emilia Pardo Bazán. Neste día, o Consello da Cultura Galega difunde o seu epistolario, grazas ao convenio asinado coa Real Academia Galega. Son 156 cartas enviadas e recibidas entre os anos 1879 e 1917 a diferentes interlocutores, como a súa amiga e comadre Carmen Miranda Armada; Eduardo Pondal; Marcelino Dafonte, director de “La Voz de Galicia”, José Alguero Penedo, notario de Betanzos e artista que colabora no deseño e decoración figurativa na construción das Torres de Meirás. O epistolario preséntase no marco dun especial que concentra máis información sobre esta polémica, criticada e a un tempo tamén respectada intelectual.

Ler máis

A análise da repercusión internacional de Concepción Arenal pecha un ciclo que puxo de manifesto a vixencia do seu legado

“A proxección internacional de Concepción Arenal Ponte” é o título da última das mesas do ciclo “O mundo do porvir: no bicentenario de Concepción Arenal Ponte” co que o Consello da Cultura Galega (CCG) analiza o legado e vixencia desta escritora. Celia Pereira e Xosé Manoel Núñez Seixas trazaron nos seus relatorios a repercusión internacional da súa obra e da súa figura. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, quixo destacar no peche deste ciclo que Concepción Arenal foi “unha figura singular no século XIX, pero moito máis excepcional pola vixencia no seu pensamento na sociedade contemporánea”.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega emite mañá a última sesión do foro que analizou o legado de Concepción Arenal

“A proxección internacional de Concepción Arenal Ponte” é o título da última das mesas coas que o Consello da Cultura Galega analiza o legado e vixencia desta escritora. As medidas adoptadas por mor da crise sanitaria fixeron que a última das mesas redondas tivera que adaptar o formato inicialmente previsto, ás 18:00 horas subiranse ao sitio web da institución os vídeos das intervencións. Nesta sesión, Celia Pereira e Xosé Manoel Núñez Seixas darán conta da repercusión e acollida que tivo o pensamento de Concepción Arenal fóra de Galicia sen ter nunca saído do país. A presidenta Rosario Álvarez intervirá nesta cita para facer unha valoración deste ciclo que arrincou en setembro en Ferrol.

Ler máis

Unha mesa redonda analiza en Vigo o legado xurídico de Concepción Arenal

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) acollerá este xoves (18:00 horas) a terceira cita do ciclo do Consello da Cultura Galega (CCG) “O mundo do porvir: no bicentenario de Concepción Arenal Ponte”, orientado a analizar a vixencia da obra e o pensamento desta intelectual. Nesta ocasión, a mesa redonda leva por título “Xustiza, dereito e liberdade” e pon o foco no legado xurídico de Concepcion Arenal. A actividade conta coa participación de Celia Pereira, Gonzalo Quintero e Eloy Gayan.

Ler máis

O ciclo sobre Concepción Arenal analiza na Coruña a súa faceta como visitadora de mulleres nas cadeas

A Coruña acollerá o vindeiro venres 23 de outubro (Fundación Luís Seoane, ás 18:00 horas) unha mesa redonda que analizará o labor de activismo social de Concepción Arenal en relación coas presas. Esta sesión, que ten como título “Alianza entre mulleres dentro e fóra do cárcere”, é a segunda cita dun ciclo do Consello da Cultura Galega (CCG) orientado a analizar a vixencia da obra e o pensamento desta intelectual. A actividade insírese nos actos organizados pola institución para celebrar o bicentenario do nacemento de Concepción Arenal.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega inicia en Ferrol un ciclo de conferencias arredor de Concepción Arenal

O 31 de xaneiro de 1820 nacía en Ferrol a pensadora e escritora Concepción Arenal Ponte. O Consello da Cultura Galega (CCG) celebra este ano o bicentenario do seu nacemento a través de varias actividades que están en consonancia co seu pensamento. O vindeiro venres 16 comeza no Ateneo de Ferrol (18:00 horas) un ciclo de conferencias que baixo o título "O mundo do porvir: bicentenario do nacemento de Concepción Arenal Ponte (1820-2020)" revisa a vixencia do seu legado. A primeira cita leva por título “Amor, educación e igualdade para o progreso” e supón tamén a primeira actividade fóra de Santiago do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF), que dirixe María Xosé Porteiro.

Ler máis