A xornada “Dereito contra cultura?” puxo enriba da mesa que son moitos os problemas que hai no mundo da cultura e que atenden a realidades moi diversas: desde a xustificación da contratación de figuras como Bruce Springsteen nun concerto que busca a promoción a nivel internacional, ata concretar a fórmula de apoio a un certame como o “Festival da Luz”, pasando polos criterios de compra dos libros das bibliotecas ou como se poden organizar as verbenas das festas patronais. Por iso, profesionais da xestión cultural, da docencia, da administración e da actividade cultural puxeron sobre a mesa a necesidade de reformar as leis de contratos e de subvencións para adaptalas ás necesidades do sector cultural. Todas as intervencións desta cita organizada polo Consello da Cultura Galega (CCG) foron gravadas e están a disposición do público no web e nas redes sociais da institución.
Ler máis
Resultados da busca para: 'Felipe Lage'
Amosando noticias 1 a 3 de 3


