Arquivo de noticias do CCG

Limpar
Resultados da busca para: 'Horacio García'
Amosando noticias 1 a 1 de 1

O informe multidisciplinar apunta que a execución do proxecto Gama produciría unha fractura no territorio

“Á luz dos estudos realizados no marco deste informe considera que a instalación do proxecto Gama produciría unha grave fractura no territorio, no que introduce un elevado grao de incerteza sobre a evolución futura e a viabilidade da recomposición do contexto social e territorial”. Esta é unha das conclusións do Informe sobre o proxecto para a implantación dunha industria de fibra téxtil a base de celulosa e as súas infraestruturas asociadas elaborado por unha decena de expertos de diferentes ámbitos reunidos polo Consello da Cultura Galega (CCG) sobre a instalación que a empresa portuguesa Greenfiber (Altri) quere implantar en Palas de Rei (Lugo). A presidenta do CCG, Rosario Álvarez; a coordinadora da Comisión técnica temporal creada para a súa elaboración, Teresa Nieto; e máis o coordinador técnico do informe, Eduardo Corbelle, presentaron este documento de carácter multidisciplinar, elaborado coa pretensión de achegar información documentada para a toma de posición e decisións sobre o proxecto. O informe, que foi remitido á Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, xa está dispoñible para descarga desde o web da institución.

Ler máis