Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Limpar
Resultados da busca para: 'Juan Rodríguez'
Amosando noticias 1 a 4 de 4

Inaugurada en Vigo unha mostra que se achega á historia do movemento LGTBQ+ na Transición

O 26 de xuño de 1981 as rúas de Vigo acolleron a primeira manifestación do Orgullo en Galicia. Tralas consignas “Pola liberdade sexual” ou “Non á represión da homosexualidade” as marxes ocuparon o centro ante a mirada atónita das persoas viandantes. As imaxes daquel momento, captadas polo avogado laboralista Xabier Mañón, xunto coa reconstrución dunha das históricas pancartas, poden verse en Pegadas para un tempo novo, a exposición de pequeno formato que a presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, inaugurou na tarde deste xoves 13 de novembro no edificio Redeiras da Universidade de Vigo, xunto con Carme Adán, coordinadora do CDIF, e a comisaria, Daniela Ferrández.

Ler máis

Unha xornada reflexiona sobre o papel das librarías no futuro do libro galego

Cales son os retos do libro galego? Cales as súas apostas? Como de diversos os seus perfís? A que públicos lles falta por chegar? E, moi especialmente, que espazo teñen o lectorado e o libro galego nelas? Estas son algunhas das preguntas ás que pretende responder a xornada “As librarías, un ecosistema posible para o libro galego” que organiza este mércores (a partir das 16:30 horas) a Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega (CCG). A cita, coordinada por Montse Pena e Rosalía Fernández Rial, pódese seguir en directo desde o web da institución e a súa canle de Youtube.

Ler máis

A décima sesión do ciclo “Diálogos confinados” analiza a situación das artes escénicas

As artes escénicas son, dentro da cultura, unha das disciplinas máis afectadas polo parón derivado das medidas para contar a pandemia. Sobre como superar a situación, recuperar a confianza do público e abrir novos camiños falaron Caterina Varela e Juan Rodríguez, coa moderación de Natalia Balseiro, na décima sesión do ciclo “Diálogos confinados”.

Ler máis

UNHA MOSTRA DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA CONMEMORA A CHEGADA DA LUZ A ESPAÑA

Baixo o significativo nome de "A noite está varrida da terra", o Consello da Cultura Galega, a través da Sección de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade, organiza unha mostra, en colaboración con Unión Fenosa e a Universidade de Santiago, na que se conmemora o 150 aniversario do acendido do arco voltaico en Santiago, feito que acontecía por vez primeira en España, no patio da Facultade de Ciencias, no Colexio de Fonseca, no ano 1851.

Ler máis