Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Limpar
Resultados da busca para: 'Luis Martin'
Amosando noticias 1 a 7 de 7

Súbese ao proxecto “Sextina” unha investigación sobre os usos lingüísticos das familias de Pontevedra en 1974

O proxecto “Sextina”, que inclúe rarezas e documentos pouco coñecidos do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF), inclúe hoxe un novo recurso no seu repositorio. Trátase de Las familias de la provincia de Pontevedra en 1974 unha publicación que recolle unha investigación promovida polo Instituto de Ciencias da Familia (INCIFA) e a Universidade de Notre Dame (Indiana) que fala sobre os usos lingüísticos das familias pontevedresas, nomeadamente sobre o lugar que ocuparon as mulleres na transmisión.

Ler máis

Os Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural reflexionan sobre a conservación e a xestión dos documentos

O concepto de documento está a mudar con rapidez e non tanto as leis que regulan a súa conservación. A xornada número 37 dos Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural, organizados pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega, pon o foco e reflexionar sobre como han de ser os arquivos que custodian este patrimonio, como se debe abordar a xestión dos documentos dixitais e cal será o papel dos arquivistas. Rosario Álvarez, presidenta do CCG, máis Rebeca Blanco-Rotea e Olimpia Rodríguez, coordinadora e membro da Sección de Patrimonio respectivamente, inaugurán esta actividade presencial que tamén se pode seguir en directo a través da web e das redes da institución.

Ler máis

Unha xornada reflexiona sobre o papel dos medios de comunicación no contexto actual

Que papel deben cumprir os medios de comunicación na nosa sociedade? Informar ou educar? Existe a censura? Que é iso da guerra informativa? Estas son algunhas das cuestións sobre as que coñecidos xornalistas debaterán mañá na xornada “Censuras e silencios nos medios de comunicación” que organiza a Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega (CCG). A cita é presencial pero tamén se poderá seguir en directo a través da web e das redes sociais da institución.

Ler máis

Profesionais da arte amosan no Consello da Cultura Galega diferentes proxectos creativos baseados na sustentabilidade

O Consello da Cultura Galega (CCG) acolleu esta tarde unha xornada que visibilizou diferentes proxectos artísticos que amosan como a arte pode ser un medio e ferramenta de transformación social. Creadores e xestores amosaron proxectos que se desenvolven desde a Ribeira Sacra, África, Gondomar, León e que permiten ver que a arte tamén pode ser un motor de transformación económica e social concibida desde a sustentabilidade. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez; o coordinador da Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas, Manuel Quintana Martelo, e a coordinadora da xornada Paula Cabaleiro, inauguraron esta cita titulada “Da emerxencia(creativa)”, que foi gravada e se porá a disposición da cidadanía no web da institución.

Ler máis

Aberta a inscrición dunha xornada do Consello da Cultura Galega reflexiona sobre o papel social da arte

¿Que papel pode xogar a arte na procura dun cambio social cara un desenvolvemento sustentable e igualitario do mundo? Sobre esta pregunta falarán artistas e críticos na xornada “Da emerxencia (creativa)” que organiza a Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega (CCG). Paula Cabaleiro coordina esta cita na que participan Fernando Casás, Ruth Montiel Arias, Pamen Pereira, Carlos Quintáns, Encarna Lago e Luís Martínez Santos. A xornada, que acaba de abrir a inscrición, é presencial pero pode seguirse en directo a través do web do CCG e as súas redes sociais.

Ler máis

As Xornadas Xénero e Documentación constatan a escasa visibilidade da muller arquivos públicos galegos

O persoal que traballa nos arquivos públicos galegos é maioritariamente feminino pero escasamente visibilizado e a forma de traballar cos documentos que atesouran non incorpora unha perspectiva de xénero. Estas son algunhas das características da situación dos arquivos públicos galegos en relación coa situación das mulleres e que se analizaba na cuarta edición da xornada “Xénero e Documentación”. A actividade da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega foi coordinada por Dolores Pereira e os materiais alí presentados, así como os vídeos das intervencións, pódense consultar dese o sitio web da institución.

Ler máis

Unhas xornadas analizan mañá o lugar das mulleres nos arquivos públicos galegos

Custodian os arquivos públicos de Galicia documentos de mulleres ou sobre mulleres? Custodian ou interésanse por custodiar documentos vinculados co movemento feminista? Estas son algunhas das preguntas ás que quere responder a cuarta edición da xornada “Xénero e Documentación”, que organiza a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega. A cita, que terá lugar mañá xoves, será inaugurada pola coordinadora da comisión, María Xosé Porteiro, e pola coordinadora da xornada, Dolores Pereira e poderase seguir en directo a través do web da institución.

Ler máis