“Que significa para vós celebrar o Orgullo?” Con esta pregunta comeza o coloquio “Diversidade afectivo sexual en tempos de pandemia”, organizado pola Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega (CCG) e conducido pola súa coordinadora, Carme Adán. Canda ela están Eva Mejuto, divulgadora, activista e organizadora do festival Pinto ou Maragota no concello de Pontevedra, e Enrique Latorre, investigador na Facultade de Ciencias da Educación da USC. O coloquio pon o ramo ás actividades coas que o CCG conmemora o Día do Orgullo LGTBIQ+, que se celebra cada 28 de xuño.
Ler máis
Resultados da busca para: 'Luis Puche'
Amosando noticias 1 a 4 de 4


