Preto de 6 millóns de mulleres habitan en zonas rurais en España, mentres que en América latina a cifra de mulleres que viven no campo rolda os 58 millóns. Malia a distancia e as diferenzas territoriais existentes pódense trazar características comúns a todas elas como un progresivo proceso de avellentamento, desigualdades de xénero e de carácter económico. Coa finalidade de profundar no coñecemento desta realidade, o Consello da Cultura Galega (CCG) e a Valedora do Pobo organizan a Xornada “Mulleres rurais. Unha ollada desde Galicia e América Latina”. Nela participan seis persoas expertas de ambas as beiras do Atlántico que ofrecerán un intercambio de coñecementos, boas prácticas, ideas e propostas. A cita, que é virtual, comeza mañá coa publicación dos relatorios no web do CCG e as súas redes sociais. O vindeiro 30 de xuño publicaranse, nestas mesmas canles, as conclusións desta cita.
Ler máis
Resultados da busca para: 'Luz Haro Guanga'
Amosando noticias 1 a 1 de 1


