O Consello da Cultura Galega (CCG) preestrea este sábado, 14 de setembro, o seu novo proxecto audiovisual Na procura do son perdido. A zanfona, memoria da Transición. O documental achégase ao rexurdir que tivo este instrumento nas décadas dos 70 e 80. Foi realizado pola aCentral Folque e a produtora audiovisual Aqueladas con dirección de Ramon Pinheiro. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, asiste ás 18:30 horas, á presentación que ten lugar en Lugo, no marco do Festival Celme da Zanfona xunto con produtor Mauro Sanín, e os protagonistas Xosé L. Rivas Cruz "Mini" e Luciano Pérez. Un pouco antes, ás 18:00 horas, o documental tamén se preestrea en Tui, no marco do Encontro profesional de música Galiza_Portugal MUMI I Musicas no Minho, coa participación do director, Ramón Pinheiro, o luthier Antón Corral, e a coordinadora da Sección de Artes Escénicas, Audiovisuais e Musicais do CCG, Cristina Domínguez.
Ler máis
Resultados da busca para: 'Mauro SanÃn'
Amosando noticias 1 a 1 de 1


