Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Limpar
Resultados da busca para: 'Santiago Veloso'
Amosando noticias 1 a 10 de 10

Proxeccións e conferencias celebran en Compostela o Mes do Patrimonio

Entre o 17 de outubro, primeiro Día internacional do Patrimonio inmaterial e o 16 de novembro, Día do Patrimonio desenvolvéranse en diferentes espazos de Compostela conferencias e proxeccións que conforman o Mes do Patrimonio. A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, o presidente da asociación Ponte....nas ondas! (PNO!), Santiago Veloso; e o concelleiro de centros socioculturais, Xan Duro, presentaron esta mañá na sede do CCG o programa que remarca a importancia de conservar e compartir as prácticas culturais que forman parte da nosa identidade.

Ler máis

Exposicións, recursos e conferencias para celebrar o primeiro Día do Patrimonio inmaterial

Este 17 de outubro celébrase por primeira vez o Día Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial, unha efeméride que a Conferencia xeral da UNESCO proclamou en novembro de 2023. Esta conmemoración pretende poñer en valor a diversidade e a riqueza do patrimonio vivo. O Consello da Cultura Galega (CCG) celebra esta efeméride con diversas accións. Dunha banda, acaba de presentar na rede un espazo web específico que reúne materiais da institución arredor desta materia. Da outra, organiza xunto coa asociación Ponte...nas ondas varias actividades que se desenvolverán no vindeiro mes. Entre estas, destaca a exposición que se pode ver no claustro de Fonseca da Universidade de Santiago. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez; o impulsor da asociación Ponte... nas ondas, Santiago Veloso; o concelleiro santiagues, Xan Duro, xunto co vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación, Gumersindo Feijoo, inauguraron esta mostra que amosa os diferentes bens de patrimonio cultural inmaterial que hai en España.

Ler máis

O proxecto Ponte… nas Ondas! centra unha nova xornada do ciclo In Situ dos Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural

A Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega (CCG) organiza este martes, 18 de abril (19:00 horas), no edificio Francisco Sánchez de Tui, unha nova sesión do ciclo In Situ dos Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural. Baixo o título “Ponte… nas Ondas!: boas prácticas do patrimonio inmaterial”, a actividade busca poñer en valor e divulgar a experiencia do proxecto Ponte… nas Ondas! (PNO!). A xornada, organizada coa colaboración do Concello de Tui e de PNO!, está coordinada por Rebeca Blanco-Rotea e Santiago Veloso. A sesión non se poderá seguir en directo, pero será gravada e estará proximamente dispoñible na hemeroteca do CCG.

Ler máis

A presidenta do Consello da Cultura Galega asiste en Tomiño á gala Meniños Cantores 2

O Auditorio de Goián en Tomiño, acollerá esta tarde (19:00 horas), a Gala de presentación do proxecto Meniños Cantores 2, un libro-USB que dezasete centros educativos de Galicia e de Portugal apadriñados ou madriñados por outros tantos artistas que cantan a tradición musical transfronteiriza galego-portuguesa. Á gala asiste Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG) institución que coeditou este proxecto xunto coa asociación Ponte... nas Ondas! (PNO!).

Ler máis

O Consello da Cultura Galega, a CRTVG, o Xacobeo e Ponte nas Ondas recuncan na recuperación do patrimonio oral da raia en Meniños Cantores 2

Dezasete centros educativos de Galicia e de Portugal apadriñados ou madriñados por outros tantos artistas conforman Meniños cantores 2 o libro disco que o Consello da Cultura Galega (CCG) e a asociación Ponte... nas Ondas! (PNO!) presentaron esta mañá en Santiago. É unha parte dun proxecto moito máis amplo que conta cunha serie documental, un espazo web e no que tamén se recolle o léxico transfronteirizo desta zona. O proxecto foi presentado esta mañá en rolda de prensa por Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega; Rosa Vilas, adxunta á dirección xeral da CRTVG; Cecilia Pereira, comisaria do Xacobeo; Santiago Veloso, presidente de PNO!; Segundo Grandío, produtor do documental e do aspecto musical; e Fernando Abreu, profesor, músico e padriño dun dos centros participantes nesta iniciativa.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega apoia a nova candidatura de Ponte…nas ondas! ante a UNESCO

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas ondas! acaba de iniciar unha nova campaña pola inscrición do patrimonio común galego-portugués na Lista Representativa da UNESCO. Cando se cumpren dez anos da primeira presentación da candidatura, a asociación deu a coñecer nunha rolda de prensa a nova campaña, que contou co apoio dunha ampla representación de autoridades galegas e portuguesas, entre as que está o Consello da Cultura Galega.

Ler máis

A CANDIDATURA GALEGO-PORTUGUESA A PATRIMONIO DA HUMANIDADE ENTRA NA RECTA FINAL CUNHA GRANDE FESTA DA TRADICIÓN ORAL

A vila portuguesa de Melgaço acollerá os vindeiros días 3, 4 e 5 de xuño un gran encontro popular baixo o lema "Galicia e Norte de Portugal: un patrimonio para o futuro". Durante unha fin de semana, os promotores da Candidatura de Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués a Patrimonio da Humanidade pola Unesco darán a coñecer e promocionarán a súa proposta cun macroprograma de actividades de música tradicional, gastronomía, artes e oficios, teatro, etc que implicará a máis de trescentas persoas e músicos arraigados na tradición oral galega e portuguesa.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA PRESENTA OS ACTOS DE PROMOCIÓN DA CANDIDATURA DA TRADICIÓN ORAL GALEGO-PORTUGUESA A PATRIMONIO DA HUMANIDADE

O Consello da Cultura Galega (CCG) acollerá este venres, 27 de maio, ás 12´30 horas, a presentación de diversos actos de promoción da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portuguesa a Obra Mestra da Humanidade pola Unesco. O programa de actos promocionais e divulgativos desenvolverase os días 3, 4 e 5 de xuño na vila portuguesa de Melgaço baixo o epígrafe “Galicia e Norte de Portugal: un patrimonio para o futuro” e incluirá exposicións, proxeccións, debates, música tradicional, demostracións de artes e oficios e xogos populares, entre outras actividades.

Ler máis

O PATRIMONIO INMATERIAL GALEGO-PORTUGUÉS OPTARÁ Á PROCLAMACIÓN DA UNESCO DE OBRA MESTRA DO PATRIMONIO

O vindeiro luns, día 18, a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués entrará na sede da UNESCO en París para optar oficialmente á proclamación de Obra Mestra do Patrimonio Inmaterial. Despois de dous anos de intenso traballo, a proposta obtivo o aval dos gobernos español e portugués, requisito indespensábel para optar a esta distinción.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA PRESENTA A CANDIDATURA A “PATRIMONIO INMATERIAL” DA UNESCO DA “TRADICIÓN ORAL NA ÁREA DO MIÑO GALEGO-PORTUGUÉS”

O Consello da Cultura Galega (CCG) acollerá este venres, 15 de outubro, a rolda de prensa de presentación da candidatura á consideración de "patrimonio inmaterial" da Unesco da "tradición oral na área xeográfica do Miño galego-portugués".

Ler máis