Arquivo de noticias do CCG

Limpar
Resultados da busca para: 'Teresa Rodríguez Montañés'
Amosando noticias 1 a 4 de 4

Recuperada a intervención de Teresa Rodríguez Montañés, sobre as escravitudes contemporáneas

“Trata, escravitude e prostitución non son a mesma cousa e é moi importante distinguilos para poder xerar políticas públicas nesta materia” explicaba a xurista Teresa García Montañés no Consello da Cultura Galega en 2019, quen tamén destacou que é un xigantesco negocio. “É o segundo negocio ilegal máis lucrativo do comercio internacional e move 150 billóns de dólares ao ano” afirmou no marco da súa conferencia titulada “A trata de seres humanos e escravitude contemporánea”. É unha das intervencións que destacamos no marco do proxecto que visibiliza 12 intervencións destes 40 anos do Consello da Cultura Galega (CCG).

Ler máis

Adiado ao 12 de novembro o debate de Alicia Puleo co público sobre o ecofeminismo

“O ecofeminismo é a intersección do pensamento ecolóxico e do feminista, dúas grandes teorías que son fundamentais para o século XXI se queremos un futuro”. Así de claro fala Alicia Puleo a filósofa que participa no ciclo “Pensarmos” do Consello da Cultura Galega (CCG). Esta cita, que coordina Carme Adán acaba de adaptar o seu formato por mor da crise sanitaria. A intervención de Puleo foi gravada e xa está disponible na rede para que o público a poida ver antes do debate, que tivo que ser adiada ata o xoves 12 de novembro (18:00 horas) en directo a través da rede.

Ler máis

José María Lassalle falará mañá de humanismo dixital no ciclo Pensarmos

Algoritmos, indexación, tráfico de datos, gratuidade, humanismo dixital son algunhas das ideas que mañá se abordarán nunha nova sesión do ciclo “Pensarmos“ do Consello da Cultura Galega (CCG). Baixo o título “É posible dar sentido ás máquinas? Cara a un humanismo tecnolóxico" o escritor e profesor José María Lassalle (Santander, 1966) manterá unha conversa co analista especializado en tecnoloxía política Suso Baleto. A presidenta da institución, Rosario Álvarez, e a coordinadora da Sección de Pensamento, Carme Adán, inaugurarán esta sesión que se poderá seguir a través de Internet.

Ler máis

José María Lassalle participará no ciclo “Pensarmos” no Consello da Cultura Galega

"É posible dar sentido ás máquinas? Cara a un humanismo tecnolóxico" é o título co que José María Lassalle (Santander, 1966) participará o vindeiro xoves 27 (18:00 horas) no ciclo “Pensamos” do Consello da Cultura Galega. A súa intervención contará co retruque do analista especializado en tecnoloxía política Suso Baleato. A inscrición está aberta e pódese facer a través do web da institución.

Ler máis