Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Limpar
Resultados da busca para: 'Xaime Fandiño'
Amosando noticias 1 a 5 de 5

O Consello da Cultura Galega e a Valedora do Pobo analizan no Carballiño o fenómeno do idadismo

Aprender a envellecer, os dereitos das persoas maiores, xubilacións forzosas.... estes son algúns dos temas que diferentes expertos e expertas abordarán mañá no Carballiño na xornada “O idadismo, discriminación por mor da idade”. A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; a Valedora do Pobo, Dolores Fernández; e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, son os encargados de inaugurar esta cita (16:30 horas) que pretende concienciar na necesidade do avellentamento coma un proceso digno e saudable.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega e a Valedoría analizan a desigualdade por razón de idade

Cando se considera que unha persoa é maior? A resposta a esta pregunta non é baladí, xa que afecta a moitas normas xurídicas e interpretación xudiciais, como as que determinan a tutela ou a xubilación forzosa. Isto pode dar lugar a situacións de desigualdade e discriminación. Por ese motivo, o Consello da Cultura Galega e a Valedora do Pobo promoven a xornada “O idadismo, discriminación por mor da idade”. A xornada, que se desenvolverá o vindeiro 8 de febreiro no Auditorio Manuel María do Carballiño, acaba de abrir o seu prazo de inscrición.

Ler máis

O sector musical debateu nunha xornada as súas experiencias e necesidades

O sector musical debateu nunha xornada as súas experiencias e necesidades

“Estamos nun novo escenario e temos que descubrir entre todos cales son as novas posibilidades que se nos brindan para artellar un sistema musical forte”. Xaime Fandiño abría así unha xornada na que representantes de todos ámbitos que conforman o sector musical dialogaron sobre as necesidades, intereses políticas públicas e a fiscalidade. A cita desenvolveuse este serán e sentou na mesma mesa a responsables de departamentos de marcas como El Corte Inglés, Estrella Galicia, Afundación, Martín Códax, Red Bull ou SuperBock.

Ler máis

Unha xornada do Consello da Cultura analiza o patrocinio privado no financiamento de proxectos musicais

El Corte Inglés, Estrella Galicia, Afundación, Martín Códax, Red Bull, SuperBock son marcas privadas que comparten un denominador común: ser dinamizadoras da industria musical. Representantes de marketing e comunicación destas empresas participarán mañá na xornada O financiamento de proxectos musicais a partir do patrocinio privado. A xornada pódese seguir en directo a través do web da institución.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega reúne a profesionais da industria musical para falar do seu financiamento

No contexto actual de crise económica non ten cabida a fórmula dos grandes concertos musicais financiados con cargo a fondos públicos. Isto obriga a repensar as fórmulas de investimento público á hora de organizar proxectos deste tipo. A xornada O financiamento de proxectos musicais a partir do patrocinio privado sentará na mesma mesa a profesionais da industria musical para analizar as necesidades deste novo escenario. A cita terá lugar no Consello da Cultura Galega (CCG) no serán do 16 de outubro e a inscrición xa pode facerse a través do web.

Ler máis