A escritora e activista Luz Fandiño (Santiago de Compostela, 1931) é a gañadora da vixésima edición do Premio Ramón Piñeiro Facer país. A Asociación Cultural Val de Láncara presentou este venres no Consello da Cultura Galega (CCG) o fallo da vixésima edición deste premio, que recoñece o labor dunha persoa ou entidade galega a favor do desenvolvemento da comunidade. “Quixemos destacar, nesta ocasión, a unha muller combativa en favor da lingua e da cultura do país”, destacou o profesor Xurxo Rodríguez Lozano en nome da asociación. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, sinalou o “valor deste certame, que nace desde o propio pobo e que ten un meritorio carácter popular e participativo”. Á presentación asistiron tamén María José Fernández Meilán e Katia Rodríguez por parte da asociación e o alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, que agradeceu a todas as entidades a organización deste certame.
Ler máis
Resultados da busca para: 'Xurxo RodrÃguez Lozano'
Amosando noticias 1 a 2 de 2


