Arquivo de noticias do CCG

XXVII Encontros para a Normalización
XXVII Encontros para a Normalización
Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
Amosando noticias 1 a 20 de 3897

O coñecemento dos edificios e o diálogo entre disciplinas, claves para unha intervención rigorosa no patrimonio edificado

A Sección de Patrimonmio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega reuniu este luns na súa sede profesionais da arquitectura, a historia da arte e a conservación-restauración para reflexionar sobre os criterios e as metodoloxías de intervención no patrimonio arquitectónico de Galicia. Na sesón falouse da importancia do coñecemento rigoroso dos edificios, da identificación dos seus valores materiais e inmateriais e a colaboración entre profesionais de distintas disciplinas entre outros elementos como medidas fundamentais para garantir intervencións respectuosas coa historia e adaptadas ás necesidades actuais. Foi a primeira seisón dun ciclo dedicado analizar como se interven no patrimonio edificado que terá novas sesión os dáis 16 e 23 de novembro.

Ler máis

Proxector dedica o especial de novembro ao solo e á figura do científico galego Francisco Díaz-Fierros

A entrega de novembro de Proxector, proposta elaborada polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega, co apoio da Universidade de Santiago de Compostela (USC), achégase ao solo e á figura dun dos seus estudosos máis recoñecidos, o científico galego Francisco Díaz-Fierros. Baixo o título “O solo: un mundo por descubrir baixo os nosos pés”, unha ducia de recursos audiovisuais permiten achegarse ao coñecemento científico dos solos e á súa importancia para a vida e o equilibrio dos ecosistemas.

Ler máis

A xornada “Criar en galego” permitiu identificar as necesidades da crianza en galego

O Consello da Cultura Galega (CCG) e a Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega (Alingua), coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela, reuniron o pasado 7 de novembro a vinte familias nunha xornada de traballo chamada “Criar en galego”. A presidenta do CCG, Dolores Vilavedra; xunto con Ramón Varela, presidente de a lingua e a alcaldesa de Santiago de Compostela abriron a sesión que permitiu detectar carencias e boas prácticas na oferta de produtos, contidos e servizos en lingua galega e recoller propostas para trasladar ao sector empresarial.

Ler máis

Unha xornada aborda a importancia da investigación nos museos

O Consello da Cultura Galega (CCG) e o Consello Galego de Museos celebran este martes (10 novembro, a partir das 9:30 horas) en Santiago de Compostela a xornada “Construír museo. A investigación como núcleo da institución”, un encontro que reunirá responsables e profesionais de museos galegos e do conxunto do Estado para reflexionar sobre o papel da investigación na actividade museística contemporánea. A iniciativa propón reivindicar o labor investigador como unha función esencial dos museos, máis alá da conservación e exhibición das coleccións, e como fundamento do coñecemento, dos discursos expositivos e da relación destas institucións coa sociedade. Dolores Vilavedra Fernández, presidenta do CCG; Ramón Yzquierdo Peiró, director do Museo da Catedral de Santiago de Compostela e presidente do Consello Galego de Museos; e M.ª Ángeles Tilve Jar, directora do Museo de Pontevedra inauguran esta sesión presencial que se pode seguir en directo desde o web e a canle de Youtube do CCG.

Ler máis

Postas en rede cinco epístolas conservadas de Ramón Otero Pedrayo a Ramón Cabanillas

Son só cinco cartas, pero abondan para revelar a amizade duradeira entre dúas figuras destacadas da cultura galega: Ramón Cabanillas (Cambados, 1876-1959) e Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976). Nelas afloran a fonda conexión intelectual e humana que os uniu durante décadas, así como as viaxes, as soidades, os desterros e os silencios que marcaron as súas vidas. O Consello da Cultura Galega (CCG), no día en que morreu Cabanillas, pon en rede este breve epistolario, acompañado de edición e estudo a cargo de Francisco Fernández Rei, do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela.

Ler máis

A institución reforza a cooperación cultural con Portugal cun acordo coa Universidade de Lisboa

O Consello da Cultura Galega (CCG) reforza a súa presenza e as relacións culturais con Portugal cunha viaxe institucional da súa presidenta, Dolores Vilavedra, a Lisboa. Durante a súa estadía, a responsable da institución asinará un protocolo de cooperación coa Universidade de Lisboa (ULisboa), a través da súa Facultade de Letras e da Cátedra de Estudos Galegos, co obxectivo de consolidar e desenvolver novas vías de colaboración académica, científica e cultural entre ambas institucións.

Ler máis

Abre un foro sobre a intervención no patrimonio edificado cunha xornada dedicada aos criterios de intervención

A Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega (CCG) inaugura este luns 9 de novembro o foro “Intervir no patrimonio edificado. Incorporar o pasado ao futuro”, unha iniciativa que reúne en tres sesións (9, 16 e 23 de novembro) a profesionais da arquitectura, especialistas en patrimonio e representantes de institucións e entidades para reflexionar sobre os retos que presentan a conservación, a restauración e a rehabilitación dos bens arquitectónicos. A primeira das citas está dedicada aos “criterios e metodoloxías de intervención sobre o patrimonio edificado de Galicia: conservar, restaurar e rehabilitar”. O foro está coordinado por Carlos Amoedo, Rosa Benavides, Rebeca Blanco-Rotea e Teresa Nieto.

Ler máis

Unha publicación afonda nos vínculos paisaxísticos e culturais entre Galicia e Bretaña

A Universidade Rennes 2, coa colaboración do Consello da Cultura Galega (CCG), vén de sacar do prelo a publicación Bretagne-Galice. Paysages et identités, unha obra colectiva que afonda nas semellanzas e nos vínculos históricos, culturais e paisaxísticos entre Galicia e Bretaña, dous territorios situados nos extremos atlánticos de Europa. O volume, coordinado por Christine Rivalan Guégo e Olivier David, reúne achegas de investigadores e investigadoras galegos e bretóns procedentes de diferentes disciplinas, que tiveron lugar no congreso realizado en Rennes e organizado por ambas as dúas entidades. O volume ofrece en 456 páxinas unha perspectiva comparada e transdisciplinar que permite superar visións parciais ou estereotipadas sobre estas rexións.

Ler máis

Asinado o primeiro convenio coa FEGAMP, que permitirá estudar a realidade cultural municipal

A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Dolores Vilavedra, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, asinaron este martes, na sede do CCG, o primeiro convenio marco entre ambas as dúas entidades, que permitirá desenvolver actividades de colaboración conxunta. "Congratulámonos con esta iniciativa porque os concellos son interlocutores estratéxicos", apuntou Vilavedra tras a sinatura. Unha idea que reforzou Varela ao sinalar que "somos a Administración máis próxima á cidadanía e a que máis impulsa a cultura". O convenio estréase co estudo de investigación titulado Cultura no territorio: o ecosistema cultural municipal en cifras, que permitirá coñecer a realidade cultural dos concellos galegos.

Ler máis

"Emigrantas" achega a memoria das mulleres da emigración galega aos escaparates da Coruña

O Consello da Cultura Galega (CCG) participa no proxecto “Memoria Migrante (en) Movemento” - presentado polo Galgo Espazo Cultural da Coruña- a través da exposición “Emigrantas”. Parte dos contidos desta mostra exhibiranse nos escaparates de establecementos do barrio coruñés de Agra do Orzán. Esta iniciativa permitirá achegar o relato expositivo da mostra que documenta a historia da emigración galega en clave feminina a espazos cotiáns do barrio e visibilizar as experiencias e as memorias das mulleres migrantes, contribuíndo a promover o recoñecemento da diversidade cultural e o diálogo intercultural.

Ler máis

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 para a adxudicación das catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega.

Convocatoria de bolsas de colaboración 2026

Ler máis

O Arquivo Sonoro de Galicia pon en rede unha conferencia de Ramón Otero Pedrayo sobre Valentín Lamas Carvajal

O Arquivo Sonoro de Galicia (ASG) do Consello da Cultura Galega (CCG), pon en rede unha conferencia de Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888 - 1976) dedicada á figura e á obra de Valentín Lamas Carvajal (Ourense, 1849 – 1906), nas vésperas do aniversario do nacemento do escritor: o 1 de novembro. A gravación permite recuperar a mirada dun dos grandes intelectuais galegos do século XX sobre unha figura fundamental das letras galegas e achegarse á súa personalidade, ao seu pensamento e á dimensión da súa creación literaria.

Ler máis

Encontro co presidente da Xunta de Galicia, presidente de honra da institución

A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Dolores Vilavedra, reuniuse esta mañá co presidente da Xunta de Galicia e presidente de honra do CCG, Alfonso Rueda Valenzuela. Trátase da primeira visita institucional tras o nomeamento de Dolores Vilavedra como presidenta da institución. Durante o encontro abordouse a situación actual da lingua galega, a creación de diversas iniciativas como o Museo das Migracións ou a necesidade de crear máis contidos audiovisuais dirixidos á mocidade, entre outros asuntos.

Ler máis

O CDIF afonda no legado de Margarita Ledo, unha vida entre a memoria, a lingua galega e o compromiso

“Todo é unha cuestión de toma de posición e co que fas contribúes a que se amplíen os espazos de emancipación”. Desta maneira, Margarita Ledo Andión (Castro de Rei, 1951) sintetizou o fío que atravesa a súa traxectoria vital, política e creativa. Na entrevista que lle fixo Mar Mato no marco da xornada “O punto de vista involucrado” reivindicou tamén o pracer de vivir ese compromiso: “E é cuestión de divertirte máis con isto que con calquera outra cousa” apuntou Ledo. Ao longo de todo o día diferentes especialistas contribuíron a revisar, ampliar e traducir a traxectoria desta xornalista, escritora, promotora de publicacións, activista, pioneira do feminismo, ensaísta, profesora e cineasta. A sesión organizada polo Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF) do Consello da Cultura Galega (CCG) foi gravada e está a disposición da cidadanía na canle de YouTube.

Ler máis

O CDIF homenaxea a Margarita Ledo Andión, pioneira do xornalismo e do cinema feminista

Xornalista, escritora, promotora de publicacións, activista, pioneira do feminismo, ensaísta, profesora e cineasta, Margarita Ledo Andión (Outeiro de Rei, 1951) é unha creadora polifacética cunha traxectoria decisiva para a cultura galega. O Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF) do Consello da Cultura Galega (CCG) dedícalle este ano a súa xornada “De pioneiras e andainas” baixo o título “O punto de vista involucrado no feito”. Celébrase este xoves, 29 de outubro, e escritoras, cineastas, xornalistas e investigadoras analizarán distintas dimensións do seu traballo, nun programa que contará cunha entrevista coa propia Margarita Ledo Andión. A sesión é presencial pero pode seguirse en directo desde o web corporativo e a canle de YouTube.

Ler máis

A presidenta rende contas no Parlamento e detalla a programación de 2027

A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Dolores Vilavedra, compareceu na tarde deste mércores na Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos, do Parlamento de Galicia, no marco das sesións informativas en relación co Proxecto de Lei de Orzamentos. O orzamento da institución para o próximo ano é de 3.531.091 euros, un 4,51%máis que en 2026. Na súa primeira comparecencia como presidenta, Vilavedra detallou que neste ano se contabilizarán 76 actividades, 7 publicacións, 19 informes e porá en rede máis de dous mil fondos documentais relativos ás súas áreas de traballo. Ao tempo, avanzou que para o vindeiro ano a institución explorará novos formatos, reforzará a asesoría con novas liñas de informes e atenderá ás figuras de Carlos Casares, polo seu 25 cabodano, e de Xosé Neira Vilas, homenaxeado co Día das Letras Galegas. Os voceiros dos grupos parlamentarios expresaron o seu recoñecemento ao labor da institución.

Ler máis

Incorporaranse ao Mapa Sonoro de Galicia os Cantares da tía Antonia de Atás

O Consello da Cultura Galega acolleu este martes a presentación de Cantares da tía Antonia de Atás, un cancioneiro recompilado por Xosé Lois Foxo, director da Escola Provincial de Gaitas de Ourense, que contribúe á conservación e difusión da memoria musical da Galicia rural. Publicada pola Deputación de Ourense en 2002 e reeditada en 2015, a obra recolle un amplo repertorio de composicións tradicionais que chegaron ata os nosos días grazas á transmisión oral. O vicepresidente do CCG, Alejo Amoedo; o secretario xeral da Lingua, Valentín García; o deputado de Relacións Institucionais da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a musicóloga, Cristina Asenjo Rodríguez; mais o seu autor, Xosé Lois Foxo, participaron na presentación deste material. Na presentación houbo tamén unha recreación dun cantar con gaita e voz a cargo de Marco Foxo e Ana Belén Rodríguez, profesora de cantoi da Real Banda de Gaitas de Ourense.

Ler máis

Especialistas propoñen repensar a educación desde a aprendizaxe cooperativa, o pluralismo e o coñecemento

A aplicación da LOMLOE, a aprendizaxe cooperativa, a carga curricular e burocrática do profesorado, a neutralidade ideolóxica nos centros e a relación entre coñecemento, pensamento crítico e igualdade de oportunidades son algúns dos aspectos que diferentes especialistas en educación abordaron no marco da Xornada “O debate na educación, onde estamos?” que organizou a Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega (CCG) ao longo deste xoves 22 de outubro. A presidenta do CCG, Dolores Vilavedra, reivindicou a importancia de abrir espazos de análise que permitan abordar os problemas educativos desde unha perspectiva ampla e reforzar a comunicación coa comunidade educativa. “Na educación nos acontece un pouco isto: xa non é o momento de cambiar as regras do xogo, senón que é o momento de cambiar de xogo”, afirmou, recuperando unha reflexión da escritora Begoña Caamaño. Canda ela a coordinadora da Sección, Celia Pereira, apuntou á necesidade de ir máis alá das ferramentas e das estratexias concretas para repensar o sentido mesmo de educar e formar. As intervencións da sesión foron gravadas e pódense recuperar desde a canle de YouTube.

Ler máis

A presidenta recibe o alcalde de Xenebra, Alfonso Gómez Cruz

A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Dolores Vilavedra, recibiu este venres o alcalde de Xenebra, o galego Alfonso Gómez Cruz, nun encontro institucional que serviu para establecer un primeiro contacto e explorar posibles vías de colaboración orientadas a reforzar os vínculos coas novas diásporas galegas. Durante a visita, o rexedor asinou no Libro de Honra da institución.

Ler máis

O Arquivo da Emigración Galega pon na rede fondos do Centro Galego de Barcelona

O Arquivo da Emigración Galega (AEG) do Consello da Cultura Galega (CCG) amplía o “Proxecto Memoria Documental das Sociedades da Emigración Galega” coa incorporación de novos documentos do Centro Galego de Barcelona. O fondo, accesible para a consulta pública, reúne libros de actas das xuntas directivas e das asembleas xerais, estatutos, rexistros de socios e socias, libros de contabilidade e documentación da masa coral que permite trazar a vida da sociedade desde a organización e a xestión económica ata a participación dos membros e a programación cultural.

Ler máis