A desesperanza acentúase no cuarto episodio de A camisa. O matrimonio formado por Xan e Lola pasa polo seu momento máis difícil, xa que o ansiado traballo non acaba de chegar e a emigración semella xa a única saída, decisión na que non concordan. Xa está dispoñible o penúltimo episodio da adaptación sonora da peza homónima escrita por Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras, 1922-Madrid, 1994). A ficción en formato podcast foi feita por A quinta do Cuadrante, con dirección de Tito Asorey, e parte da tradución que Ramón de Valenzuela fixo do texto orixinal. O Consello da Cultura Galega (CCG) e o concello do Barco de Valdeorras foron os encargados deste proxecto que conmemora o centenario do nacemento de Lauro Olmo e o sesenta aniversario da estrea da peza.
Ler máis
Amosando noticias 1161 a 1180 de 3867


