Coa conferencia “As miñas lecturas de Cunqueiro” o escritor e exministro de Cultura, César Antonio Molina, abrirá mañá, mércores día 28 o congreso internacional “Mil e un Cunqueiros”, organizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coas tres universidades galegas para conmemorar o centenario do escritor (Mondoñedo, 1911-Vigo, 1981). A sesión celebrarase ás 10 horas no salón de actos do CCG inmediatamente despois da inauguración oficial presidida polo titular da institución, Ramón Villares, xunto co conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, o Reitor da Universidade da Coruña, José María Barja, e Francisco Durán e Manuel Fernández Iglesias, vicerreitores das Universidades de Santiago e Vigo, respectivamente. O congreso, acto culminante do “Ano Cunqueiro” organizado polo CCG, prolongarase ata o sábado 1 de outubro con sesións en Compostela, A Coruña e Vigo para acoller nove conferencias maxistrais, cinco mesas redondas e máis de trinta comunicacións.
Ler máis
Amosando noticias 2941 a 2960 de 3773


